Amigus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amigus
Logo
Tipoasociación
Data de fundación2002
SedeAs Pontes de García Rodríguez
PaísGalicia
Na rede
http://www.amigus.org/
Facebook: Amigus.AsPontes Twitter: amigus_aspontes Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Amigus é unha asociación de informática das Pontes de García Rodríguez e formada por veciños da vila interesados por todo tipo de aplicacións da informática.

Obxectivos[editar | editar a fonte]

A asociación ten como obxectivos principais:

  1. Achegar a informática ós veciños da vila.
  2. Promover o uso do software libre.
  3. Poñer en marcha unha rede sen fíos local de uso libre.

Con este obxectivo realizan cursos, xuntanzas (partys), charlas, coloquios, obradoiros, foros etc.

Historia[editar | editar a fonte]

A asociación foi fundada no ano 2002 por un grupo de veciños das Pontes. Trala creación no ano 1996 da canle de IRC #aspontes, algúns dos veciños das Pontes comezaron a contemplar o forte auxe das novas tecnoloxías e como as novas xeracións empregaban estes novos medios de comunicación.

A raíz deste efecto, un grupo destes internautas comezou a ve-la necesidade de fomentar non só xuntanzas on-line, senón crear un punto de unión en Internet no que os veciños tivesen un punto de referencia.

A finais de 1998 creouse a primeira versión de www.as-pontes.com, unha páxina onde fomentar a vila e ofrecer recursos para os visitantes. No Nadal do ano 2002 realizouse a primeira Party Amigus, unha xuntanza de usuarios, no Colexio da Fraga.

O 24 de xullo de 2003 creouse a nova web de Amigus www.amigus.org, con información actual de novos produtos, así como novas locais, promoción de artistas locais, festas, feiras e demais actividades que se celebran nas Pontes. Pouco a pouco foise engadindo máis contido á web, como é o caso do Rueiro. A web recibiu máis de 800 000 visitas, dispón de máis de 9000 novas repartidas en 38 categorías. Un álbum fotográfico das Pontes de máis de 5.000 imaxes destacando as da Festa da Fraga.

Ademais como forma de promoción local, os apartados Sons da Vila e Deporte Pontés son un punto referencia de promoción dos grupos locais.

Ademais de todo iso, Amigus, organizou gran cantidade de obradoiros e cursos para os seus socios que se desenvolveron dentro das Parties ou ben en datas puntuais ó longo da súa andaina.

Amigus tamén desenvolveu un centro dirixido a comercios locais en Internet, www.MercaNasPontes.com.