1800

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1800
Calendario gregoriano 1800
MDCCC
Ab urbe condita 2553
Calendario armenio 1249
Calendario chinés 4496 – 4497
Calendario hebreo 5560 – 5561
Calendario hindú
- Vikram Samvat
- Shaka Samvat
- Kali Yuga

1855 – 1856
1722 – 1723
4901 – 4902
Calendario persa 1178 – 1179
Calendario musulmán 1215 – 1216
Calendario rúnico 2050
< Século XVII Século XVIII Século XIX >
01 02 03 04 05 06 07 08 09 10
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27 28 29 30
31 32 33 34 35 36 37 38 39 40
41 42 43 44 45 46 47 48 49 50
51 52 53 54 55 56 57 58 59 60
61 62 63 64 65 66 67 68 69 70
71 72 73 74 75 76 77 78 79 80
81 82 83 84 85 86 87 88 89 90
91 92 93 94 95 96 97 98 99 00


1799 < 1800 < 1801

Acontecementos[editar | editar a fonte]

Gran Bretaña[editar | editar a fonte]

  • O empresario británico Robert Owen implanta na súa fábrica de fiados de algodón (contruida en New Lanark), a xornada de traballo en dez horas e media. Tamén prohíbe que traballen os nenos menores de 10 anos. Desta forma impúlsase as primeiras medidas de protección laboral.
  • O 1 de agosto firmase a Acta de Unión, integrando a Irlanda, votada, a petición de Pitt (o Xoven), polos deputados ingleses. Irlanda será representada, a pesar seu, no parlamento do Reino Unido.

España[editar | editar a fonte]

India[editar | editar a fonte]

  • O gobernador xeral da India, Richard C. Wellesley, impón o protectorado británico o nizam de Hyderabad, un territorio situado na zona central do Decán.

Indonesia[editar | editar a fonte]

  • O 1 de xaneiro a Coroa neerlandesa faise cargo das propiedades que teñen na Indonesia a Compañía das Indias Orientais, disolta pola mala xestión e corrupción.

Alemaña[editar | editar a fonte]

  • O poeta alemán Friedrich von Hardenberg, máis coñecido como "Novalis", publica os seus "Himnos de la noche", no que expresa o vínculo místico que o une con Sofía von Kühn (que era a súa prometida, morta no 1797 con 15 anos de idade). Toda a obra xira en torno a alternativa, a superposición dos soños e a realidade. A poesía alcanza mediante a densidade e a musicalidade da palabra unha forza de expresión nova, que será unha das referencias dos teóricos do romanticismo. Sentíndose rodeado pola presenza real da morte, o poeta declara apercebir as doces chamadas do invisible e desexa unirse a súa amada, non co suicidio, senón mediante o acto de voluntade. Novalis nacera no 1772 e morrería no 1801.

Baviera[editar | editar a fonte]

  • Un 3 de decembro ocorre que, durante a segunda guerra de coalición, os franceses derrotan as tropas austríacas cerca de Hohenlinden, o leste de Múnic.

Reino Unido[editar | editar a fonte]

  • O fisiólogo británico Anthony Carlisle, axudado polo físico William Nicholson, descubren a electrólise o descompoñe-la auga acidulada. Xuntos realizan, tamén, a electrólise das sales metálicas disoltas.
  • O astrónomo anglo-alemán William Herschel descubre as ondas infrabermellas. Trátase dunha onda electromagnética cun rango e frecuencia invisibles para o ollo humano. Herschel descubrirá, ademais, o planeta Urano e centos de estrelas e algunhas nebulosas.

Roma[editar | editar a fonte]

  • O 14 de marzo o papa Pío VII (cuxo nome real era Gregorio Chiaramonti), con idade de 59 anos sube o solio potificio, na calidade de sucesor de Pío VI (despois de 7 meses e medio nos que o trono pontifical permaneceu valeiro). Pío VII asumirá o seu cargo durante 23 anos (xa que finará o 20 de agosto de 1823).

Malta[editar | editar a fonte]

  • As tropas británicas ocupan a illa tralo asedio de 2 anos. O británicos non pensan devolve-la illa de Malta a Orde dos Cabaleiros e prepáranse para unha longa ocupación.

Francia[editar | editar a fonte]

  • Namentras que Napoleón Bonaparte se instala nunha casa acomodada nas Tullerías o 19 de febreiro. O día seguinte (20 de febreiro) a Banca de Francia, que fora fundada por unha asociación de banqueiros que contaban co patrocinio de Napoleón, escomenzan as primeiras operacións.
  • O 14 de xuño Durante a unha revolta en Exipto na que morre o xeneral francés, Jean Baptiste Kléber, o seu sustituto, o xeneral francés Jacques Francois de Boussay asume o poder militar no pais. Tamén nese mesmo día, as tropas de Napoleón Bonaparte derrotan o exército austríaco na batalla de Marengo.

Italia[editar | editar a fonte]

  • Na cidade de Pavía dáse a coñecer o invento da pía eléctrica creada por Alessandro Volta (que nacera na localidade de Como un 19 de febreiro de 1745 e finaría na mesma o 5 de marzo de 1827). A pía marcou un fito de constante progreso no coñecemento da electricidade. O físico italiano ocupárase durante case toda a súa vida da electricidade e, asimesmo, da natureza e composición dos gases. Estudou as observacións de Galvani sobre a electricidade animal e inventou diferentes aparatos e instrumentos. Napoleón deulle o título de conde e nomeouno senador do reino de Italia. No 1793, Volta estableceu a teoría dunha serie de tensións para os metáis, que o conduciu no 1800, o invento da pila eléctrica. Ésta estaba composta por parellas de laminillas de cinc e cobre en contacto directo; cada parella estaba separada da seguinte por un cartón húmido. A artello desempeñaba a acción dunha batería de condensadores que se recarga de forma inmediata. O descubrimento foi fundamental, xa que a electricidade, que ata entón era coñecida na súa forma estática, pasou a ser coñecida como unha forza dinámica.
  • En maio, unha segunda campaña de Napoleón Bonaparte (que duraría ata decembro de 1800), desenvolveráse no marco da segunda coalición. Napoleón atravesará o Gran San Bernardo cun exército de reserva (feito que ocorrirá do 14 a o 23 de maio). Despois do éxito da vanguarda en Montebello (o 9 de xuño), volvese a enfrontar contra os austriacos en Marengo (onde Desaix e Boudet transformarán en vitoria decisiva unha situación moi crítica). Mentres que Moreau e o exército de Alemaña invaden Baviera e ameazan o interior de Austria, Napoleón Bonaparte ocupa Lombardía e Venecia, impoñendo a Austria o armisticio de Trévise (que se asinará o 15 de xaneiro de 1801), preludio do tratado de Lunéville.


Arte e cultura[editar | editar a fonte]

Nacementos[editar | editar a fonte]

Mortes[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Breves[editar | editar a fonte]

  • 18 de xaneiro - En Francia diversos comerciantes e banqueiros crean a Banca de Francia.
  • 22 de febreiro - Inaugúrase o Seminario de Olinda, que será un máis a sumarse nos que xa hai feitos en Brasil e que complementará o município do seu nome.
  • 23 de marzo - O Congreso de Estados Unidos aproba unha medalla para capitán Thomas Truxtun.
  • 24 de abril - Co visto bo do Congreso, comenzase a construción da biblioteca do mesmo edificio.
  • 9 de xuño - Celebrase a Batalla de Montevello entre os franceses e os austríacos.
  • 8 de xullo - Un documento do estado brasileiro obriga a os propietarios a conserva-las arbores nunha distancia dende as costas do mar a 18 leguas terra adentro.
  • 30 de agosto - Nos Estados Unidos, no estado de Virxinia formase unha rebelión de escravos; será coñecida coma revolta de Gabriel.
  • 30 de outubro - É executado e lider escrivista, Gabriel Prosser. Prosser fora o principal responsable da rebelión de escravos no estado de Virxinia.
  • 16 de decembro - Francia e os Estados Unidos asinan un documento, coñecido como "Convención 1800".
  • Segundo outros historiadores, neste ano o físico alemán Johann Wilhelm Ritter descubre a radiación ultravioleta por simple casualidade.
  • O longo deste ano a novela de Charles Dickens, "Almacén de antigüidades" é publicada por entregas de un capítulo a semana.
  • O enxeñeiro inglés Richard Trevithink (ou Trevithick) construe o primeiro motor con vapor a presión.

Historia ano a ano

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1800