Orquestra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Orquestra Filarmónica.
Actuación da orquestra Panorama en Barrantes.

Unha orquestra é unha formación instrumental que se divide tradicionalmente nas seccións de corda, de vento e de percusión. Nace no século XVII e toma coma base a corda fretada. Pouco a pouco iranse engadindo instrumentos ata chegar á orquestra sinfónica actual.

As principais orquestras galegas son a Orquestra Sinfónica de Galicia (con sede na Coruña), a Real Filharmonía de Galicia (con sede en Santiago de Compostela), e a Sinfonieta de Vigo.