Borja Prieto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBorja Prieto
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
As Pontes de García Rodríguez, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Borja Prieto Valera[1], nado nas Pontes o 10 de outubro de 1982, é un piragüista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar o piragüismo no club local, o Xuvenil Endesa, onde conseguiu diversos éxitos de categorías xuvenís tanto a nivel galego como español. A súa primeira competición internacional tivo lugar no ano 2000, onde debuta no campionato de Europa júnior. Prieto proclamouse campión de Europa sub23 en 2004 en K2 (canda Saúl Craviotto), e posteriormente representou a España en varios campionatos europeos e mundiais e nos Xogos do Mediterráneo de Almería e de Pescara.

En 2009 comeza a adestrar o K4 1000m, co obxectivo de cualificar o equipo español para os Xogos de Londres[2]. En 2010 abandona o club pontés e ficha polo Piraguamadrid da capital española.

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Campión de Europa sub23 de K2 500 m (2004)
  • Bronce no campionato de Europa absoluto en relevos 2009
  • 4º no campionato mundial de Darmouth (2009), en K4 200m
  • 10 veces campión galego (ata 2010)
  • 9 veces campión de España (ata 2010)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]