Formigón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Detalle dunha parede de formigón.
Construción con formigón.

O formigón é un material de construción composto por unha mestura de cemento, áridos (area, pedras.. ) e auga, alén de outros materiais eventuais como aditivos.

O seu uso como formigón en masa é moi amplo, pero máis importante é a súa utilización con reforzos de aceiro. O formigón, como todos os materiais pétreos ten moi bo comportamento a compresión e bastante peor á tracción, polo que se combina con reforzos (ferralla) para conseguir un material cun comportamento equilibrado. Isto vese favorecido por teren os dous materiais coeficientes de dilatación similares, e polo tanto non sofren cos cambios de temperatura.

Cando está armado com ferrallas pasivas, recibe o nome de formigón armado, e cando o é con ferrallas activas recibe o nome de formigón pretensado.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Formigón
Galizionario
Vexa a entrada do Galizionario acerca de formigón