San Xosé, Pontevedra
Lixo: Esta páxina está clasificada para a súa eliminación rápida, polo seguinte motivo:
|
| San Xosé | |
|---|---|
Escultura á liberdade. | |
| Concello | Pontevedra[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°25′37″N 8°38′37″O / 42.426944444444, -8.6436111111111 |
| Entidades de poboación | 3[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xosé foi unha parroquia eclesiástica do concello de Pontevedra.
Atópase no sur-suroeste do casco urbano de Pontevedra. Está limitado ao norte pola avenida de Augusto García Sánchez e polo río dos Gafos. Ao sur pola autovía PO-10. Ao leste pola rúa do Alcalde Hevia. E ao oeste pola Avenida de Marín.
Historia
[editar | editar a fonte]O pazo de Campolongo, situado onde hoxe se atopa a rúa Iglesias Vilarelle, trasladouse á Casa de Campo de Madrid a mediados do século XX. Nos terreos do conde de Leis creouse un campo de fútbol, mais en 1918 construíuse o cuartel de artillaría de Campolongo, desmantelado a comezos do século XXI para construír o complexo administrativo de Campolongo, que alberga a delegación da Xunta de Galicia, a Axencia Tributaria e varios edificios residenciais.
Ata a década de 1950 o barrio albergaba a estación de ferrocarril da cidade onde hoxe está a praza de Galicia. Ó mudarse esta, e coa construción do complexo militar de Pontevedra neste barrio, impulsouse a construción do Polígono de Campolongo cun parque central, a igrexa de San Xosé e o CEIP Campolongo. Hoxe, o sur da parroquia está ocupada por urbanizacións de vivendas unifamiliares.
O barrio de San Brais, cunha capela dedicada a este santo, foi e segue sendo unha aldea grande. A capela do mesmo nome foi construída cara aos séculos XVIII-XIX. Nos anos 90, San Brais cambiou de aspecto mercé á urbanización de chalés na súa parte baixa, e á construción dun hipermercado na parte alta.
Mollavao era o barrio mariñeiro da parroquia, á beira dos ríos Lérez e Gafos. A partir dos anos 50 a súa fachada marítima mudou coa construción da autovía Marín-Pontevedra pola costa. Cara á década de 1970 as casas mariñeiras demoléronse, e construíronse altos edificios. Na década de 1980 o barrio viuse partido pola construción da AP-9.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Avenida de Augusto García Sánchez.
- Edificio administrativo da Xunta de Galicia.
- Igrexa parroquial.
- Graffiti en Campolongo.
- Graffiti en homenaxe a Xoán Manuel Pintos.
- Escultura en homenaxe á Constitución Española de 1978.