Wikipedia:Efemérides destacadas/Marzo
1 de marzo (ver • editar)
- 1445, nace Sandro Botticelli (na imaxe), pintor italiano.
- 1810, nace Frédéric Chopin, compositor clásico polonés.
- 1896, Henri Becquerel descobre a radioactividade.
- 2006, a Wikipedia en inglés acada un millón de artigos.
- 2009, morre Pepe Rubianes, actor de orixe galega.
2 de marzo (ver • editar)
- 1856: celébrase en Conxo un banquete democrático.
- 1880: nace María Barbeito, escritora, socióloga e pedagoga galega.
- 1919: crease en Rusia a Internacional Comunista.
- 1930: morre D. H. Lawrence (na imaxe), escritor inglés.
- 1956: Marrocos independízase de Francia.
- 1992: Armenia, Acerbaixán, Casaquistán, Kirguizistán, Moldova, San Marino, Taxiquistán, Turkmenistán e Uzbekistán incorpóranse á ONU.
3 de marzo (ver • editar)
- 1703, morre Robert Hooke, científico inglés, descubridor das leis físicas da elasticidade.
- 1847, nace Alexander Graham Bell (na imaxe), inventor escocés.
- 1878, Bulgaria sepárase do Imperio Otomán.
- 1918, Rusia, Austria e Alemaña asinan o Tratado de Brest-Litovsk, que marca a saída da Rusia da Primeira Guerra Mundial.
- 1973, nace Marta Míguez, política e atleta galega na disciplina de xavelina.
- 2005, morre Marinus Michels, adestrador e seleccionador de fútbol neerlandés.
4 de marzo (ver • editar)
- 1812: celébrase o primeiro sorteo da lotería instituída polas Cortes de Cádiz.
- 1860: Abraham Lincoln é elixido presidente dos EUA.
- 1861: España acepta o ofrecemento da que foi colonia de Santo Domingo para reincorporarse á Monarquía. A anexión durou 4 anos.
- 1889: nace Francisco Asorey (na imaxe), escultor galego.
- 1904: un violento tremor de terra en Perú ocasiona miles de vítimas.
- 1923: na Real Academia de Ciencias de Madrid, Afonso XIII entrega o título de académico correspondente a Albert Einstein.
- 1945: Francisca Herrera Garrido é a primeira muller en ser nomeada membro numerario da RAG.
5 de marzo (ver • editar)
- 1871, nace Rosa Luxemburg, revolucionaria comunista de orixe polaca.
- 1888, nace Ramón Otero Pedrayo, escritor e intelectual galego.
- 1916, afundimento do Príncipe de Asturias (na imaxe).
- 1936, morre Antón Vilar Ponte, fundador das Irmandades da Fala.
- 1946, Churchill fala da "guerra fría" e o "pano de aceiro" nun discurso pronunciado en Fulton (EEUU).
- 1953, morre Josef Stalin, máximo dirixente soviético.
- 1966, morre Anna Akhmatova, poeta acmeísta rusa.
- 2004, iníciase o proxecto gráfico Aduaneiros sem fronteiras.
6 de marzo (ver • editar)
- 1934, por primeira vez na historia, o Partido Laborista de Gran Bretaña gaña as eleccións xerais.
- 1937, nace Valentina Tereshkova, primeira muller cosmonauta da historia.
- 1946, Francia recoñece a Vietnam como Estado libre dentro da Comunidade Francesa.
- 1980, a escritora Marguerite Yourcenar convértese na primeira muller elixida membro da Academia Francesa.
- 1995, a petición do Goberno español, o Comité Monetario da Unión Europea devalúa a peseta un 7% para evitar que os mercados a expulsen do SME.
- 1999, o director de cine español Pedro Almodóvar recibe en París un César honorífico pola súa carreira cinematográfica.
- 2016, morre Nancy Reagan (na imaxe), actriz e primeira dama estadounidense entre 1981 e 1989. (n.1921)
7 de marzo (ver • editar)
- 1517, morre en Lisboa a raíña María de Aragón, filla dos Reis Católicos.
- 1805, nace Juana de Vega, escritora galega.
- 1908, morre Manuel Curros Enríquez (na imaxe), escritor galego.
- 1914, publícase o derradeiro número de El Barbero Municipal, semanario editado en Rianxo.
- 1966, o ministro Manuel Fraga báñase na praia de Palomares (Almería), ante o temor popular á radioactividade dunha Bomba H estadounidense perdida no mar por un accidente aéreo.
- 1996, constitúese o primeiro parlamento palestino elixido democraticamente, integrado por 88 deputados.
- 1999, morre Stanley Kubrick, cineasta (n. 1928).
8 de marzo (ver • editar)
- 1126, morre Urraca de León, raíña de Galicia, León, Castela e Toledo desde 1109.
- 1917, morre na Coruña Eduardo Pondal, poeta galego.
- 1933, estréase Bodas de sangre, de Federico García Lorca, no teatro Beatriz de Madrid.
- 1985, morren 96 persoas no barrio xiíta de Beirut, ao estourar un coche bomba a carón dun cine e unha mesquita chea de fieis.
- 2003, créase a Galipedia, a Wikipedia en galego.
- 2018, ten lugar a segunda Folga feminista internacional do 8 de marzo (na imaxe)
Hoxe é o Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora.
9 de marzo (ver • editar)
- 1678, réndese a cidade de Gante, defendida por 500 españois fronte a 40.000 franceses, durante unha gran ofensiva dos exércitos de Lois XIV de Francia na guerra para diminuír a potencialidade de España en Europa.
- 1695, nace en Vilafranca do Bierzo Frei Martín Sarmiento, considerado un dos pais da lingüística galega. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 2002.
- 1980, o PNV gaña as eleccións ao Parlamento vasco.
- 1994, morre nos Ánxeles Charles Bukowski, escritor e poeta estadounidense (n. 1920).
- 1994, morre Fernando Rey, actor galego nado na Coruña. (n. 1917)
- 2006, Aníbal Cavaco Silva (na imaxe) toma posesión como presidente de Portugal.
10 de marzo (ver • editar)
- 1729, comeza a edificación da Praza Maior de Salamanca.
- 1905, comeza a batalla de Mukden entre xaponeses e rusos, que durou 15 días e foi gañada polos primeiros, con elevadas mortes para ambas partes.
- 1928, nace Sara Montiel, cantante e actriz de cine española.
- 1938, Guerra civil española: o corpo de exército marroquí toma Belchite (Zaragoza).
- 1944, publícase en Buenos Aires Sempre en Galiza, libro de ensaio político escrito por Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego.
- 1994, Nelson Mandela (na imaxe) xura o cargo de presidente de Suráfrica diante dunha eufórica multitude, e termina definitivamente coa era do apartheid.
Hoxe é o Día da Clase Obreira Galega.
11 de marzo (ver • editar)
- 1960, da estación de Cabo Cañaveral parte o foguete coa sonda Pioneer 5 co obxectivo de chegar a Venus en catro meses.
- 1977, o Goberno español, presidido por Adolfo Suárez, aproba unha amnistía total.
- 1985, Mikhail Gorbachev convértese no presidente da URSS.
- 1993, morre Jesús Bal y Gay, compositor e musicólogo lucense.
- 1999, Xoán Paulo II intenta que a Igrexa e o islam busquen puntos de encontro en Roma.
- 2004, un grupo terrorista realiza en Madrid a maior matanza terrorista perpetuada en España (na imaxe), que custa a vida a 191 persoas e deixa tras de si a polo menos 1.800 feridos en catro atentados en trens de proximidades.
- 2006, morre Slobodan Milošević, político serbio (n. 1941).
12 de marzo (ver • editar)
- 1815, Fernando VII crea en España o primeiro Ministerio de Policía e Seguridade Pública.
- 1930, Mahatma Gandhi (no vídeo) comeza a marcha do sal.
- 1939, namentres Finlandia capitula ante a URSS, no sur de Europa ten lugar a subida o solio pontificio do Papa Pío XII.
- 1992, unha folga xeral, xunto cunha manifestación de máis de 40.000 persoas en Santander, coma protesta pola deterioración do sector industrial en Cantabria.
- 2000, o papa Xoán Paulo II pide perdón polos pecados da Igrexa católica nos seus 2.000 anos de historia, durante un rito litúrxico clave do Xubileu.
- 2009, morre Miguel Delibes, novelista e xornalista español, membro tamén da Real Academia Española.
13 de marzo (ver • editar)
- 1604, un incendio destrúe parte do palacio de El Pardo (Madrid), perdéndose un gran número de obras de arte.
- 1781, William Herschel descubre Urano (na imaxe), o sétimo planeta do Sistema Solar.
- 1869, nace na Coruña, Ramón Menéndez Pidal, filólogo e historiador.
- 1900, as Cortes Españolas aproban unha lei que regula o traballo das mulleres e dos nenos.
- 1918, revolta veciñal contra os excesivos impostos na Feira do Trece (Narón), que remata con seis mortos.
- 1999, tras 14 anos de escisión, o PNV e o Eusko Alkartasuna volven concorrer en coalición aos comicios municipais e forais.
14 de marzo (ver • editar)
- 1519, Hernán Cortés desembarca nas costas do Golfo de México con 700 homes para emprender a conquista do país.
- 1815, Napoleón Bonaparte escapa da illa de Elba; o xeneral Ney, que tiña que detelo, ponse ás súas ordes e recibe o mando do Segundo Corpo do Exército.
- 1883, morre o pensador alemán Karl Marx.
- 1918, o goberno soviético ruso establece a súa sede en Moscova e instálase no Kremlin (na imaxe).
- 1980, morre dun accidente de avión Félix Rodríguez de la Fuente, naturalista español.
- 1989, o Líbano vive unha das xornadas máis sanguentas da súa guerra civil, con máis de 50 mortos e uns 150 feridos.
- 2003, o Goberno Vasco leva a Lei de Partidos ao Tribunal de Dereitos Humanos perante o que considera un ataque contra o goberno central.
15 de marzo (ver • editar)
- 44 a.C., Xulio César (na imaxe) é asasinado en pleno Senado Romano.
- 1839, Venezuela e Gran Bretaña asinan un tratado sobre a abolición do tráfico de escravos.
- 1872, Antonio Gaudí obten o título de arquitecto.
- 1917, Nicolao II abdica ao trono de Rusia forzado polos sucesos da Revolución de Febreiro.
- 1939, Segunda Guerra Mundial:os alemáns ocupan Praga sen apenas resistencia: Checoslovaquia convértese no "protectorado alemán" de Bohemia e Moravia.
- 1990, o Vaticano e a URSS establecen relacións oficiais permanentes tras 73 anos sen elas.
- 2003, Rusia anuncia que devolverá a Alemaña 362 debuxos de xenios da pintura como Goya e Van Gogh.
16 de marzo (ver • editar)
- 1930, morre Miguel Primo de Rivera, ex presidente do Goberno español.
- 1968, Guerra do Vietnam: Tropas estadounidenses matan 109 vietnamitas, a maioría mulleres e nenos, na aldea de My Lai (na imaxe).
- 1970, nace Rafael Pascual, xogador español de voleibol.
- 1987, o Senado español celebra o 175 aniversario da Constitución de Cádiz de 1812.
- 1994, España é, a nesta data, o país europeo máis afectado pola SIDA, con 22.655 casos acumulados dende 1981.
- 2005, morre en Sumatra un mergullador ferrolán namentres revisaba o buque Galicia. Por outra parte, AENA anuncia 72 millóns de euros para os tres aeroportos galegos.
17 de marzo (ver • editar)
- 1813, durante a Guerra da Independencia española o rei Xosé I de España (na imaxe), irmán de Napoleón, sae de Madrid para non volver.
- 1969, morre Daniel Vázquez Díaz, pintor español.
- 2001, o BNG de Meaño acusa o alcalde de tolerar irregularidades urbanísticas co fin de conseguir o voto dos veciños.
- 2001, o alto tribunal galego revoga unha sentenza na prol da anulación do convenio urbanístico sobre Massó de Bueu.
- 2005, o xuíz galego Manuel Ángel Pereira Costas coordina desde Caldas de Reis o arresto de máis de 500 persoas en 12 países nun golpe mundial contra a pornografía infantil.
- 2005, o director xeral de Conservación da Natureza, Javier Ruiz de Almirón, recoñece prácticas «abusivas» no emprego de máquinas para a limpeza de rochedos na costa afectada pola marea negra do Prestige.
18 de marzo (ver • editar)
- 1885, nace Carlos Sobrino Buhigas (na imaxe), pintor galego (m. 1978).
- 1891, nace Roberto Blanco Torres, xornalista e escritor galego (m. 1936).
- 1944, Segunda Guerra Mundial: a RAF lanza 3.000 toneladas de bombas sobre Frankfurt.
- 1988, declaración soviético-iugoslava ao rematar a visita do dirixente Mikhail Gorbachev ao país balcánico, na que se considera superado o conflito de Stalin con Tito de 1948.
- 2000, os líderes da seita relixiosa "Restauración dos Dez Mandamentos de Deus" encerran e queiman vivos a 985 dos seus seguidores nunha igrexa de Kanunga, Uganda.
- 2003, en Chile procésanse a catro militares e un civil polas matanzas dos campesiños de 1973.
19 de marzo (ver • editar)
- 1813, nace David Livingstone (na imaxe), misioneiro e explorador inglés.
- 1823, nace Antonio Neira de Mosquera, polígrafo galego (m. 1854).
- 1911, conmemórase por vez primeira o Día da Muller Traballadora, que anos despois pasou ao 8 de marzo.
- 1992, Guatemala e a CE asinan un convenio para desenvolveren as telecomunicacións en Centroamérica e asegurar unha mellor interconexión desde Panamá ata México.
- 1999, morre José Agustín Goytisolo, poeta español.
- 2003, tropas estadounidenses invaden Iraq, comezando a Segunda Guerra do Golfo.
20 de marzo (ver • editar)
- 1727, morre Isaac Newton (na imaxe), científico británico.
- 1897, morre Felicia Auber, escritora galega.
- 1997, a Audiencia Nacional condena o ex-presidente de Banesto, Mario Conde, a seis anos de cárcere, imponlle unha multa de 18 millóns de pesetas e ordénalle restituír ao banco 600 millóns, en relación co caso Argentia Trust.
- 2003, EUA esixe a 200 empresas galegas teren plans contra o bioterrorismo.
- 2005, o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro comeza a visitar algunhas zonas para avaliar os danos ocasionados polos incendios provocados na tempada pasada.
- 2006, entréganse en España os Premios Max das Artes Escénicas.
- Hoxe é o Día mundial da Narración Oral
21 de marzo (ver • editar)
- 1617, morre Pocahontas (na imaxe), filla maior de Powhatan, xefe da confederación algonquina de Virxinia
- 1921, comeza a aplicarse na Rusia Soviética a Nova Política Económica.
- 1926, nace José Antonio Valverde, biólogo e mestre español.
- 1980, nace Ronaldinho, futbolista brasileiro
- 1994, a película A lista de Schindler, de Steven Spielberg, logra sete Óscars e Belle Epoque, do español Fernando Trueba, é galardoada como mellor película en lingua non inglesa.
- 1997, morre Fritz Spielmann, compositor e pianista austríaco.
Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial e o Día Mundial da Poesía
22 de marzo (ver • editar)
- 1832, morre Johann Wolfgang von Goethe, escritor alemán (n. 1749).
- 1863, morre Nicomedes Pastor Díaz (na imaxe), político e escritor galego (n. 1811).
- 1900, nace Ofelia Nieto, soprano galega.
- 1960, nace Julián Gorospe, ciclista español.
- 2001, o encoro de Portodemouros acolle a Copa do Rei de remo.
- 2003, a Coordinadora Galega pola Paz convoca manifestacións de rexeitamento á guerra de Iraq.
23 de marzo (ver • editar)
- 1842, morre Stendhal, escritor francés.
- 1992, preséntase o novo tren de alta velocidade (AVE), que percorre 317 km, dende Madrid a Ademuz (Córdoba), e alcanza unha velocidade de 300 km/h.
- 1994, morre don Álvaro del Portillo, prelado do Opus Dei.
- 2003, o PSOE abandona o pleno de Viveiro ante a negativa do PP a debati-las mocións contra as accións bélicas a causa da Guerra de Iraq.
- 2005, en Ferrol inaugúrase a oitava edición de Equiocio, feira do cabalo que conta superar os 40.000 visitantes.
- 2014, morre Adolfo Suárez (na imaxe), Presidente do Goberno de España entre 1976 e 1981.
24 de marzo (ver • editar)
- 1809, nace Mariano José de Larra, escritor español do Romanticismo.
- 1878, nace Gonzalo López Abente (na imaxe), escritor galego.
- 1905, morre Jules Verne, escritor francés.
- 1987, a folga xeral convocada por CC.OO. paraliza a actividade laboral en Asturias.
- 1997, a película O paciente inglés, producida por Saul Zaentz, vencedora da 69º edición dos Óscar de Hollywood, con nove galardóns.
Hoxe é o Día Mundial da Tuberculose.
25 de marzo (ver • editar)
- 1347, nace Catarina de Siena, santa e doutora da Igrexa católica.
- 1655, Christiaan Huygens descobre Titán, satélite de Saturno.
- 1821, Grecia proclama a súa independencia.
- 1881, nace Béla Bartók (na imaxe), compositor húngaro.
- 1957, asínase o Tratado de Roma.
- 1990, morre Ricardo Carvalho Calero, filólogo e escritor galego.
26 de marzo (ver • editar)
- 1827, morre Ludwig van Beethoven, compositor alemán (n. 1770).
- 1871, establécese formalmente a Comuna de París.
- 1923, morre Sarah Bernhardt (na imaxe), actriz francesa (n. 1844).
- 1945, na Segunda Guerra Mundial os aliados capturan finalmente Iwo Jima, tras máis dun mes de batalla.
- 1953, Jonas Salk anuncia a súa vacina contra a poliomielite.
- 1959, morre Raymond Chandler, escritor estadounidense.
27 de marzo (ver • editar)
- 1892, morre Walt Whitman, poeta estadounidense.
- 1955, nace Mariano Rajoy, político español, Presidente do Goberno de España dende 2011 ata 2018.
- 1963, nace Quentin Tarantino (na imaxe), actor e director de cine estadounidense.
- 1977, dous Boeing 747 colisionan no aeroporto de Los Rodeos, en Tenerife. 583 persoas morreron no maior accidente da historia da aviación.
Hoxe é o Día mundial do Teatro
28 de marzo (ver • editar)
- 1515, nace Tareixa de Ávila, doutora da Igrexa católica e fundadora da Orde dos Carmelitas Descalzos.
- 1845, estréase en Madrid a obra teatral Don Juan Tenorio de José Zorrilla.
- 1895, nace Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora, precursora do libro electrónico.
- 1939, o xeneral Francisco Franco conquista Madrid. Catro días despois rematou a Guerra Civil Española.
- 1942, morre en prisión Miguel Hernández (na imaxe), poeta español (n. 1910)
- 1964, un tremor e posterior tsunami matan en Alasca a 125 persoas e causan uns 311 millóns de dólares en danos materiais.
- 1966, morre Ramón María Aller Ulloa, astrónomo galego (n. 1878).
29 de marzo (ver • editar)
- 1973, os derradeiros soldados norteamericanos retíranse do Vietnam do Sur (Guerra do Vietnam).
- 1974, a sonda espacial Mariner 10 da NASA é a primeira en sobrevoar Mercurio. Fora lanzada o 3 de novembro de 1973.
- 1982, morre Carl Orff, compositor alemán,.
- 1998, inaugúrase a ponte Vasco da Gama (na imaxe), sobre o río Texo.
- 1994, morre Eugène Ionesco, dramaturgo franco-romeno (n. 1912).
- 2004, Bulgaria, Estonia, Letonia, Lituania, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia pasan a formar parte da OTAN.
30 de marzo (ver • editar)
- 1746, nace Francisco José de Goya y Lucientes (na imaxe), pintor español (m. 1828).
- 1853, nace Vincent van Gogh, pintor holandés (m. 1890).
- 1867, os Estados Unidos mercan Alasca por 7,2 millóns de dólares aos rusos.
- 1944, nace Javier Krahe, cantautor madrileño.
- 1950, morre Léon Blum, primeiro ministro francés (n. 1872).
- 1986, morre James Cagney, actor estadounidense (n. 1899).
31 de marzo (ver • editar)
- 1596, nace René Descartes, filósofo francés.
- 1727, nace Isaac Newton, matemático e físico inglés.
- 1889, inaugúrase a Torre Eiffel en París.
- 1890, Arthur Evans (na imaxe) descobre a primeira táboa de arxila co sistema de escritura Lineal B, unha forma antiga da lingua grega.
- 1901, nace Fermín Bouza-Brey, escritor galego.
- 1948, nace Al Gore, vicepresidente dos Estados Unidos.