Xefe Powhatan
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1549 Tsenacommacah |
| Morte | 1618 |
| Lugar de sepultura | Virxinia |
| Xefe tribal | |
| | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo powhatan |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Cónxuxe | Nonoma Winanuske Matatiske |
| Fillos | Nantequaus, Cleopatra Powhatan, Pocahontas |
| Irmáns | Opechancanough |
| Descrito pola fonte | The American Cyclopædia Appletons' Cyclopædia of American Biography Encyclopedia Virginia (en) |
Xefe Powhatan ou Wahunsonacock (¿1547? - 1618) foi un líder dos powhatan, principal etnia da confederación de tribos que se estendía dende a actual cidade de Washington D. C. ata Carolina do Norte nos Estados Unidos. Rexía sobre uns 30 pobos, e gobernaba dende a poboación de Werowocomoco localizada no actual condado de Gloucester, Virxinia.
Segundo John Smith, en 1607 subxugou ás tribos do lugar e converteuse no seu xefe. Mantivo unha actitude ambigua cos colonos brancos, mais permitiu que no ano 1613, a súa filla Pocahontas casase con John Rolfe. Morreu no 1618 e foi sucedido polo seu irmán Opitchapan. Converteuse nun personaxe lendario para a posteridade, de xeito que algunhas familias da alta sociedade virxiniana afirman ser descendentes seus.
O personaxe homónimo do filme de Disney Pocahontas baséase no personaxe histórico, ó cal pon a súa voz o actor síux e militante do American Indian Movement Russell Means. No filme The New World é August Schellenberg quen interpreta o Xefe Powhatan.