Multa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un policía expedindo unha multa de tránsito.

Unha multa (do latín multa, ae)[1] ou pena pecuniaria é a imposición administrativa ou penal que consiste nun pagamento en cartos, por veces expresada en días de sanción (cando o seu pagamento redime a reclusión polo número correspondente de días).

Denomínase multa coercitiva á que se reitera en prazos determinados se non se paga. Unha vez resolto o acto administrativo que establece unha obriga persoal fronte ao incuprimento por parte da persoa obrigada, a administración pode tomar diversas medidas: execución subsidiaria, multa coercitiva, compulsión sobre as persoas, e a máis xeral e empregada: o apremio sobre o patrimonio.

En España, o artigo 97 da Lei 30/1992,[2] sobre o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispón que "se en virtude do acto administrativo houbese que satisfacer cantidade líquida seguirase o procedemento previsto nas normas reguladoras do procedemento recadatorio en vía executiva". É dicir, é a propia administración pública, sen intercención dos tribunais de xustiza, a encargada do cobro das débedas pecuniarias, chegando se é o caso, ao embargo de contas correntes ou bens.

O procedemento concreto está regulado no Regulamento xeral de recadación. Así mesmo, existe a capacidade de recorrer a sanción ben sexa por vía administrativa ou vía xudicial. En calquera caso, a capacidade de emitir multas debe ser regulada trala aprobación dunha lei e desenvolta por vía reglamentaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para multa.
  2. BOE. Artigo 97 da Lei 30/1992 BOE, de 26 de novembro de 1992

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]