Banquete de Conxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosaico conmemorativo no clareiro onde tivo lugar o Banquete de Conxo.

O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, tivo lugar o 2 de marzo de 1856 na carballeira do antigo mosteiro do concello de Conxo, integrado dende 1925 no concello de Santiago de Compostela. O banquete foi organizado polos estudantes liberais en homenaxe ao terceiro estado, e constituíu un xesto de irmandade entre a clase traballadora e os estudantes.

Características[editar | editar a fonte]

Orde e fraternidade. A historia do Banquete de Conxo en Nós Televisión.

Coincidindo co décimo aniversario dos Mártires de Carral (a sublevación de militares galegos contra o ditador Narváez que acabou co fusilamento de todos eles),[1] os organizadores do banquete buscaban promover unha xuntanza interclasista na que estivesen presentes estudantes e artesáns.[2] O acto suscitou o enfado dos sectores máis poderosos da Compostela da época.[3] Funcionou como un atentado contra o esquema social tradicional preconcibido, de modo que estudantes (de clases podentes, a maioría) e artesáns compartiron pan e mesa.

Organizado entre outros por Luís Rodríguez Seoane (que daquela tiña 19 anos de idade), sábese que ao banquete asistiron Aurelio Aguirre (22 anos) e Eduardo Pondal (21 anos). Alí recitaron, os tres, uns versos en castelán da súa autoría.[4] O brinde de Pondal foi publicado por La Oliva 24 días despois do banquete, o día 26 de marzo,[5] e de novo tralo seu pasamento, en 1917, no Boletín de la Real Academia Gallega.[6]

O Banquete de Conxo converteuse nun acontecemento de grande importancia simbólica e real dentro da historia de Galicia, transformándose nunha parte significativa da memoria colectiva. De aquí xurdirá a xeración que logo vai promover o Rexurdimento pleno da cultura galega.[7].

Aínda se especula se a poeta galega máis recoñecida, Rosalía de Castro, que nesa altura tiña 19 anos, estivo presente ou non, ao ser natural da vila e emigrar a Madrid cando comezaron as represalias contra os participantes do mesmo[8].

En Santiago de Compostela o nome dunha rúa conmemora o evento: Rúa do Banquete de Conxo.

En 2021 o grupo musical Verto incluíu un debuxo alegórico do banquete na portada do seu álbum Embora, deseñada por Mundo X.[9]

No 2022, o 'Carballo do bosque do banquete de Conxo' compite na competición de 'árbore europea do ano'.[10]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Brinde de Luís Rodríguez Seoane.[4]
Brinde de Pondal.[11]
Brinde de Aguirre.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parque Fluvial de Santiago Concello de Santiago de Compostela.
  2. "Banquete de Conxo". Diccionario enciclopédico galego universal 7. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 108. ISBN 84-7680-429-6. 
  3. Rey, Raquel (30/03/2009). "Revivimos o Banquete de Conxo". A Nosa Terra. Archived from the original on 02/04/2009. Consultado o 12/4/10. 
  4. 4,0 4,1 Gacía, Monse (5/1/2017). "Hallan el «brindis» que faltaba del Banquete de Conxo de 1856". La Voz de Galicia (Santiago de Compostela). Consultado o 5/3/2017. 
  5. "Brindis. Pronunciado en el célebre banquete que tuvo lugar en Santiago entre estudiantes y artesanos" La Oliva. A. I, n.º 16. 26/3/1856 (en castelán).
  6. Pondal, E. (1917). "Brindis pronunciado en el banquete democrático de Conjo en 6 de Marzo de 1856". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (116): 204–205. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 05 de agosto de 2020. 
  7. "Os últimos carballos do Banquete de Conxo". Alvarellos Editora
  8. Rosalia de Castro (1837 - 1885) Biografía na Biblioteca Virtual Galega.
  9. Rocktotal.com 18/4/2021 (en castelán).
  10. "European Tree of the Year – Oak of Conxo's Banquet Forest". www.treeoftheyear.org. Consultado o 2022-02-19. 
  11. "Brinde de Pondal no Banquete de Conxo". Real Academia Galega. 6/3/13.
  12. "Localizan en el Museo de Pontevedra un manuscrito inédito con 50 poemas de Aurelio Aguirre" Pontevedra Viva, 24/4/2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]