Marta Míguez
Marta Míguez | |
---|---|
Nacemento | 3 de marzo de 1973 |
Lugar de nacemento | Louredo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | atleta e política |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marta Míguez Telle, nada en Louredo (Cortegada) o 3 de marzo de 1973 é unha política e atleta galega xa retirada, que competía na disciplina de lanzamento de xavelina.
Competición[editar | editar a fonte]
Competiu representando a España tanto nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, coma nos Xogos do Mediterráneo, no ano 2001 en Tunisia, e os Campionatos do Mundo de Atletismo do 2002 en Madrid
A súa mellor marca persoal é de 59,43 metros, acadada en xullo de 2001 en Valencia, que é ademais o récord galego da especialidade.
Unha vez retirada tivo actividade na xestión deportiva. Foi nomeada xerenta do Consello Municipal de Deportes de Ourense en 2002, posto que ocupou ata 2007, e unha década máis tarde, en 2016, foi nomeada Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a máxima autoridade política en materia de deporte en Galicia, en substitución de José Ramón Lete. A finais de 2018, Lete foi destituído no seu posto en Madrid e regresa a Galicia, o que motivou a destitución de Míguez[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "José Ramón Lete releva a Marta Míguez y regresa a la Secretaría Xeral para o Deporte". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-12-11. Consultado o 2018-12-11.
![]() |
Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |