Alexander Graham Bell
Alexander Graham Bell | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de marzo de 1847 |
Lugar de nacemento | Edimburgo |
Falecemento | 2 de agosto de 1922 |
Lugar de falecemento | Beinn Bhreagh |
Causa | Diabetes mellitus |
Soterrado | Beinn Bhreagh |
Nacionalidade | Estados Unidos de América e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | Universidade de Edimburgo, University College de Londres, Royal High School, Bath e Royal High School |
Ocupación | físico, enxeñeiro eléctrico, enxeñeiro, empresario, inventor e catedrático |
Pai | Alexandre Melville Bell |
Nai | Eliza Bell |
Cónxuxe | Mabel Gardiner Hubbard |
Fillos | Elsie May Grosvenor e Marian Fairchild |
Coñecido por | Invenção do telefone |
Premios | Medalha Edison IEEE, Medalla Elliott Cresson, Medalha Hughes, Nacional Aviación Hall of Fame, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Albert Medal, Canada's Walk of Fame, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Member of the National Academy of Sciences of the United States, Medalha John Fritz e Person of National Historic Significance |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Alexander Graham Bell, nado en Edimburgo o 3 de marzo de 1847 e finado en Baddeck, Canadá, o 2 de agosto de 1922, foi un científico e inventor escocés. Está considerado, non sen polémica, o primeiro inventor do teléfono.[1] Bell foi tamén responsable de avances importantes na tecnoloxía da aviación.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Profesor na Universidade de Bostón,[2] e coa axuda do seu colaborador Thomas Watson, e o patrocinio dos pais de George Sanders e Mabel Hubbard (con quen casaría o 11 de xullo de 1877), inventou o teléfono, un aparello para transmitir o son a longas distancias, grazas á transformación do son en impulsos eléctricos, patentado o 7 de marzo de 1876.[2]
En 1880, Bell recibiu o premio Volta da Academia Francesa de Ciencias. Investiu o diñeiro obtido con este premio (50 mil francos) no desenvolvemento dun novo proxecto, o fotófono, en colaboración con Charles Sumner Tainter. O invento intentaba transmitir o son utilizando un raio de luz, un precursor da fibra óptica. Tamén traballou nun dos primeiros sistemas de gravación de sons coñecido, baseado en imprimir un campo magnético para reproducir sons. A idea foi abandonada ao non poderse construír un prototipo; con todo, os principios básicos atoparían aplicacións prácticas case un século máis tarde, nas cintas magnéticas e as computadoras.
En 1882, Bell obtivo a cidadanía dos Estados Unidos por naturalización. Foi fundador, en 1888, da National Geographic Society, da que foi o seu segundo presidente.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A este repecto, existen diverxencia de opinións, con xente demandando que o italiano Antonio Meucci fora o inventor verdadeiro; así, en xuño de 2002, a Cámara de Representantes dos Estados Unidos aprobou un acordo simbólico que recoñecía oficialmente a Meucci polas súas contribucións á invención do teléfono. Amais, outro sector reclama esa honra para Elisha Gray, o fundador da Western Electric Manufacturing Company. Cada un destes homes inventou pola súa conta un teléfono.
- ↑ 2,0 2,1 "Alexander Graham Bell Laboratory Notebook, 1875-1876". World Digital Library. 1875-1876. Consultado o 2013-07-23.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alexander Graham Bell |