Henri Becquerel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henri Becquerel
Henri Becquerel.jpg
Datos persoais
Nacemento 15 de decembro de 1852
Lugar París, Francia
Falecemento 25 de agosto de 1908
Lugar Le Croisic, Francia
Soterrada {{{soterrada}}}
Soterrado {{{soterrado}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Etnia {{{etnia}}}
Cóncuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión
Actividade
Campo
Alma mater
Instituacións {{{institucións}}}
Sociedades {{{sociedades}}}
Tese {{{tese}}}
Dir. de tese {{{director_de_tese}}}
Dir. tese
Alumnos tese
Alumnos dest. {{{alumnos_doctorais}}}
Coñecido por
Influído por
Influíu en
Premios Premio Nobel de Física en 1903

[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]

Antoine Henri Becquerel, nado o 15 de decembro de 1852 e falecido o 25 de agosto de 1908, foi un físico francés. En 1896, un ano despois do descubrimento dos raios X por Röntgen, Becquerel descubriu accidentalmente a radioactividade mentres investigaba a fosforescencia cun cristal dun composto de uranio.


Biografía[editar | editar a fonte]

O seu pai, Alexandre Edmond Becquerel, e o seu avó, Antoine Becquerel, eran eles mesmos físicos, profesores no Museo nacional de historia natural de París. Antoine naceu nestes edificios onde a familia vive e traballa, e onde tamén o seu pai nacera.

Cursou os seus estudos no instituto Louis-le-Grand (Lycée Louis-le-Grand), onde tivo, entre outros profesores, o matemático Gaston Darboux. En 1872, entrou na Escola Politécnica de Francia, despois en 1874 profesou a enxeñaría civil de camiños, canles e portos.

En 1874, casou con Lucie Jamin, filla de Jules Jamin, un dos seus profesores de física na Escola Politécnica, coa cal tivo un fillo, Jean Becquerel, en 1878.

Obtivo o seu diploma de enxeñeiro en 1877.

Morreu prematuramente á idade de 55 anos sen parar de traballar sobre a radioactividade cos Curie. O seu fillo, Jean Becquerel, sucedeuno na cátedra do Museo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O experimento consistía en envolver unha placa fotográfica xunto cunha cruz feita de cobre cun papel negro, a mostra da sal de uranio púñase sobre a placa (Becquerel probou con varios sales, incluída a pechblenda, que producía un efecto máis potente) e todo iso expoñíase á luz solar. Ao revelar a placa parecía que os raios emitidos polo sal atravesaban o papel. Víase unha área exposta na que se distinguía o perfil branco da cruz. Días máis tarde do primeiro experimento, o tempo non era favorable. Como a luz solar era escasa, Becquerel gardou a placa nun caixón. Cando a revelou, observou unha imaxe intensa que non podía proceder da fosforescencia. Repetiu o experimento na escuridade total e obtivo os mesmos resultados, probando que o sal de uranio emitía raios que afectaban a emulsión fotográfica, sen necesidade de ser exposta á luz. Marie Curie tempo despois chamou a iso radioactividade. En 1903 Becquerel recibiu o Premio Nobel de Física xunto con Pierre Curie e Marie Curie por tal descuberta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Hendrik Lorentz
Pieter Zeeman
Premio Nobel de Física
Nobel prize medal.svg

1903
con
Marie Curie
e
Pierre Curie
Sucesor:
John William Strutt