Carl Orff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carl Orff
Nacemento10 de xullo de 1895
Lugar de nacementoMúnic
Falecemento29 de marzo de 1982
Lugar de falecementoMúnic
Causacancro de páncreas
SoterradoMosteiro de Andechs
NacionalidadeImperio Alemán, República de Weimar, Alemaña nazi, Alemaña do Oeste e Alemaña
Alma máterHochschule für Musik und Theater München, Wittelsbacher-Gymnasium München, Eberhard-Ludwigs-Gymnasium e Mozarteum University Salzburg
Ocupacióncompositor, musicólogo, profesor de música, profesor universitario, teórico da música e libretista
CónxuxeLiselotte Orff, Luise Rinser, Gertrud Orff e Alice Solscher
Coñecido porDie Kluge e Carmina Burana
PremiosOrde do Mérito das Ciencias e as Artes, honorary citizen of Munich, Bavarian Order of Merit, National Prize of East Germany, Great Cross with Star and Sash of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Placa Goethe da Cidade de Frankfurt am Main, Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte, Bayerischer Poetentaler, Condecoração Austríaca de Ciência e Arte, honorary doctor of the University of Munich, honorary doctor of the University of Tübingen, Pour le Mérite, Romano Guardini award e sen etiquetar
Na rede
https://www.orff.de/start.html
IMDB: nm0649758 Allocine: 66111 Allmovie: p218170
Spotify: 4LXxsm5BF85PWnQ1dUDAze iTunes: 314805 Last fm: Carl+Orff Musicbrainz: 0b3ee6cd-a2df-4144-adf9-7807ee7ecc4f Songkick: 246492 Discogs: 102506 Allmusic: mn0000937423 WikiTree: Orff-6 Find a Grave: 7027 Deezer: 4225 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Lápida de Carl Orff

Carl Orff, nado en Múnic o 10 de xullo de 1895 e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 1982, foi un compositor alemán.

Vida[editar | editar a fonte]

Malia as reticencias de Orff a falar do seu pasado, sábese que proviña dunha familia bávara, de certa actividade nas forzas militares alemás. Orff estudou na Academia de Música de Múnic até 1914. Despois serviu nas forzas armadas do seu país durante a primeira guerra mundial. Rematada a guerra, regresou a Múnic para continuar coa súa formación musical. En 1925 Orff funda conxuntamente con Dorothea Günter Schulle unha escola para actividades físicas, música e danza, nesta cidade. Ao longo deste período desenvolve as súas teorías sobre educación musical.

Canto a asociación de Orff co nazismo, esta nunca foi comprobada. Carmina Burana, a súa peza máis famosa, gozou en calquera caso de gran popularidade na Alemaña do nazismo. Por outra banda, Orff tiña unha forte amizade con Kurt Huber, un dos fundadores do movemento de resistencia de Die Weiße Rose (A rosa branca), que foi condenado a morte polo Volksgerichtshof e executado polos nazis en 1943. Despois da segunda guerra mundial, Orff alegou ter sido membro do grupo da resistencia, pero non hai evidencias agás a súa propia testemuña.

O compositor foi enterrado en Andechs en 1982.

Traballo musical[editar | editar a fonte]

Orff é coñecido por Carmina Burana (1937), unha cantata. É a primeira dunha triloxía titulada Trionfi, que tamén inclúe "Catulli Carmina" e "Trionfo di Afrodite". Estas composicións reflicten o seu interese pola poesía medieval. O traballo baseouse no verso erótico do século XIII dun manuscrito chamado Codex latinus monacensis, atopado nun mosteiro da Baviera en 1803, que fora escrito polos goliardos. A pesar de ser moderno nalgunhas das súas composicións, Orff soubo capturar o espírito da era medieval na súa triloxía. Os poemas medievais foran escritos de forma arcaica en baixo alemán e latín.

Orff non denominaba os seus traballos simplemente como óperas. Por exemplo, denominou a Der Moon (A Lúa, en alemán) (1939) coma unha Märchenoper (ou ópera de conto de fadas). Die Kluge (A muller sabia) (1943).

Traballo pedagóxico[editar | editar a fonte]

Na pedagoxía musical, Orff é lembrado por Schulwerk (1930 - 1935). A utilización de instrumentos de percusión (xilófonos, carillóns, metalófonos etc.) permite aos rapaces a posibilidade de aprender música partindo de pezas musicais simples, ata chegar a pezas cunha complexidade manifesta.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]