Wikipedia:Efemérides destacadas/Xullo
1 de xullo (ver • editar)
- 1321, morre María de Molina, raíña consorte de Castela e rexente do reino en dúas ocasións.
- 1876, morre Mikhail Bakunin, escritor e activista anarquista (n. 1814).
- 1920, nace Amália Rodrigues, fadista portuguesa (m. 1999).
- 1974, á morte de Juan Domingo Perón, súa esposa, a vicepresidenta da Arxentina María Estela Martínez de Perón, asume o poder.
- 1979, Sony introduce o walkman no mercado.
- 1997, o Reino Unido entrégalle Hong Kong (na imaxe) á China.
- 2004, morre Marlon Brando, actor estadounidense.
2 de xullo (ver • editar)
- 1566, morre Nostradamus; farmacéutico, astrólogo e visionario francés.
- 1578, Martin Frobisher, explorador británico, descobre no Canadá a Baía de Baffin.
- 1778, morre Jean-Jacques Rousseau, filósofo franco-suízo (n. 1712).
- 1861, celébranse os primeiros Xogos Florais na Coruña (na imaxe) nos que resulta premiado Francisco Añón Paz.
- 1903, Cuba arréndalle aos Estados Unidos a baía de Guantánamo para a construción dunha base naval.
- 1961, morre Ernest Hemingway, escritor estadounidense.
3 de xullo (ver • editar)
- 1608, Samuel de Champlain funda a cidade de Quebec, no Canadá.
- 1883, nace Franz Kafka, escritor checo en alemán (m. 1924).
- 1904, morre Theodor Herzl, fundador do sionismo.
- 1962, nace Tom Cruise, actor estadounidense.
- 1971, atopan a Jim Morrison (na imaxe) morto na bañeira da casa.
- 1981, nace Inés Arrimadas, política española.
Hoxe é o Día da Independencia en Belarús.
4 de xullo (ver • editar)
- 1187, Saladino (na imaxe) derrota os cruzados comandados por Guy de Lusignan na Batalla de Hattin.
- 1776, o Congreso Continental aproba a Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América.
- 1807, nace Giuseppe Garibaldi, patriota italiano que loitou pola unificación do seu país (m. 1882).
- 1865, Lewis Carroll publica Alicia no país das marabillas.
- 1894, proclamámase a República do Hawai, de curta duración.
- 1946, as Filipinas independízanse.
Hoxe é o Día da Independencia dos Estados Unidos de América.
5 de xullo (ver • editar)
- 1687, Isaac Newton publica Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica (na imaxe).
- 1833, morre Joseph Nicéphore Niépce, físico francés, inventor da fotografía.
- 1911, nace Georges Pompidou, presidente de Francia (m. 1974).
- 1943, iníciase a batalla de Kursk, a máis grande batalla de tanques de guerra da Historia, ocorrida na segunda guerra mundial.
- 1951, William Shockley inventa o transistor.
- 1985, nace Lucía Pérez, cantante galega.
- 1996, nace a ovella Dolly, o primeiro mamífero clonado (m. 2003).
Hoxe é o día da independencia de Venezuela (España, 1811), Alxeria (Francia, 1962) e Cabo Verde (Portugal, 1975).
6 de xullo (ver • editar)
- 969, os fatímidas conquistan Exipto e fundan O Cairo, que será a súa capital.
- 1864, fúndase a Cruz Vermella Española (na imaxe).
- 1914, nace Araceli González Carballo, espía galega durante a Segunda Guerra Mundial.
- 1923, Lenin é nomeado presidente da Unión Soviética
- 1935, nace Dalai Lama, líder espiritual do Tíbet
- 1967, forzas nixerianas invaden Biafra, dando inicio á guerra de Biafra.
- 1975, As Illas Comores tórnanse independentes de Francia
- 2005, morre Antón Patiño Regueira, libreiro republicano e galeguista (n. 1919), pai do pintor galego Antón Patiño
7 de xullo (ver • editar)
- 1932, nace Quino, humorista gráfico arxentino, creador de Mafalda.
- 1978, as Illas Salomón tórnanse independentes do Reino Unido.
- 2005, os Atentados terroristas en Londres causan 37 mortos e 700 feridos. Varias explosións no túnel entre as estacións de Moorgate e Liverpool Street, as de King's Cross e Russell Square, e na estación de Egdware Road e en Woburn Place. O atentado foi reivindicado pola célula europea Al Qaeda.
- 2007, danse a coñecer as Novas sete marabillas do mundo en Lisboa, Portugal.
- 2014, morre Alfredo Di Stéfano (na imaxe), futbolista e adestrador de fútbol arxentino (n. 1926).
Hoxe comezan as festas dos Sanfermines.
8 de xullo (ver • editar)
- 1493, o navegador portugués Vasco da Gama (na imaxe) parte rumbo á India.
- 1621, nace Jean de La Fontaine, fabulista francés (m. 1695).
- 1851, nace Arthur Evans, arqueólogo británico (m. 1941).
- 1994, morre Kim Il Sung, líder da Corea do Norte.
- 2006, José Ramos Horta tórnase o Primeiro Ministro do Timor-Leste, pondo fin a semanas de tensións civís.
9 de xullo (ver • editar)
- 1764, nace Ann Radcliffe (na imaxe), novelista británica, pioneira da novela gótica de terror.
- 1816, a Arxentina declara a súa independencia de España.
- 1922, Johnny Weissmuller nada os 100 metros libres en 58,6 segundos, quebrando o récord mundial de natación e a "barreira do minuto".
- 1964, nace Courtney Love, roqueira e actriz estadounidense.
- 1980, morre Vinícius de Moraes, poeta e compositor brasileiro (n. 1913).
10 de xullo (ver • editar)
- 1370, nace Xoana de Navarra, raíña de Inglaterra polo seu matrimonio con Henrique IV.
- 1830, nace Camille Pissarro, pintor impresionista francés (m. 1903).
- 1871, nace Marcel Proust, escritor francés (m. 1922).
- 1943, os aliados desembarcan en Sicilia (Operación Husky) na segunda guerra mundial, dando inicio á invasión da Italia.
- 1973, as Bahamas independízanse, mediante un referendo, do Reino Unido.
- 1985, o navío Rainbow Warrior de Greenpeace é afundido no porto de Auckland, Nova Zelandia, por medio dunha bomba colocada polos servizos secretos franceses; o fotógrafo portugués Fernando Pereira morre na explosión.
- 1991, Boris Eltsin é electo presidente da Rusia (na imaxe).
11 de xullo (ver • editar)
- 1274, nace Robert Bruce, rei da Escocia.
- 1533, Henrique VIII é excomungado polo Papa Clemente VII.
- 1921, Mongolia declara a súa independencia.
- 1960, Benín, Burkina Faso e Níxer independízanse de Francia.
- 1979, Margaret Thatcher toma posesión como primeira ministra do Reino Unido.
- 1995, durante a guerra dos Balcáns, tropas bosnias de etnia serbia capturan a cidade musulmá de Srebrenica, iniciándose o masacre de Srebrenica (na imaxe).
12 de xullo (ver • editar)
- 1543, celébrase o sexto e derradeiro casamento de Henrique VIII de Inglaterra con Catarina Parr.
- 1900, nace Manuel Antonio (na imaxe), poeta galego.
- 1935, morre Alfred Dreyfus, oficial francés, centro do caso Dreyfus (n. 1859).
- 1975, San Tomé e Príncipe declara a súa independencia de Portugal.
- 1979, Kiribati declara a súa independencia.
13 de xullo (ver • editar)
- 1896, morre Kekulé, descubridor da estrutura do benceno.
- 1908, por primeira vez as mulleres compiten nos Xogos Olímpicos da Era Moderna.
- 1944, nace en Budapest o escultor e profesor de arquitectura Ernő Rubik, creador do cubo de Rubik (na imaxe).
- 1945, a primeira arma nuclear da historia (nome de código Trinity) é montada no deserto de Alamogordo (Novo México), dentro do Proxecto Manhattan.
- 1954, morre Frida Kahlo, pintora mexicana (n. 1907).
14 de xullo (ver • editar)
- 1789, prodúcese a toma da Bastilla (na imaxe), en París, durante a Revolución Francesa.
- 1904, morre Anton Chekhov, escritor ruso (n. 1860).
- 1933, en Alemaña, o NSDAP de Adolf Hitler é proclamado partido único.
- 1939, morre Alfons Mucha, ilustrador e pintor da Art Nouveau checa (n. 1860).
- 2003, morre Compay Segundo, guitarrista e cantante cubano, membro do Buena Vista Social Club (n. 1907).
Hoxe é o Día Nacional de Francia.
15 de xullo (ver • editar)
- 1099, a Primeira Cruzada conquista Xerusalén.
- 1479, nace Lisa Gherardini, nobre florentina que fixo de modelo para o cadro da Mona Lisa.
- 1848, nace Vilfredo Pareto, economista italiano (m. 1923).
- 1864, Alfred Nobel patenta a nitroglicerina como explosivo.
- 1885, morre Rosalía de Castro (na imaxe), escritora galega (n. 1837).
- 1930, nace Jacques Derrida, filósofo francés (m. 2004).
- 1954, o prototipo do avión de pasaxeiros Boeing 707 realiza o seu primeiro voo.
16 de xullo (ver • editar)
- 1377, Ricardo II é coroado rei de Inglaterra, sucedendo ao seu avó Eduardo III.
- 1967, o cardeal Quiroga Palacios dá a súa primeira misa en galego con motivo da consagración do novo templo parroquial de Aguiño, primeiro templo da era moderna con inscricións en galego.
- 1969, lánzase a misión Apolo XI (na imaxe) co obxectivo de levar o primeiro home á Lúa.
- 1872, nace Roald Amundsen, explorador polar noruegués.
- 2003, morre Celia Cruz, cantante cubana.
17 de xullo (ver • editar)
- 1048, Dámaso II é nomeado papa.
- 1512, as tropas castelás, ao mando do Duque de Alba, comezan a invasión do Reino de Navarra.
- 1762, Catarina II tórnase tsarina da Rusia despois do asasinato de Pedro III de Rusia.
- 1867, publícase en Londres o primeiro tomo da obra principal de Marx, O Capital.
- 1917, o tsar Nicolao II de Rusia e a súa familia (na imaxe) son asasinados na casa Ipatiev de Ekaterinburgo a mans de Iakov Iurovski.
- 1955, ábrese o primeiro parque de Disneylandia en California, Estados Unidos.
18 de xullo (ver • editar)
- 1872, morre Benito Juárez, presidente de México.
- 1898, Marie Curie e Pierre Curie descobren un novo elemento químico, que chaman Polonio.
- 1918, nace Nelson Mandela, ex presidente de Suráfrica, foi un dos principais activistas na contra do apartheid.
- 1925, Adolf Hitler publica Mein Kampf.
- 1936, o xeneral Francisco Franco, xunto con outros militares, dá un golpe militar en España. Con este levantamento militar comeza a guerra civil española (na imaxe).
- 1976, a ximnasta Nadia Comaneci, con 14 anos, atinxe, pola primeira vez na historia, a puntuación máxima (10), nos Xogos Olímpicos.
19 de xullo (ver • editar)
- 64, comeza o Grande Incendio de Roma; a cidade vese devastada mentres que, segundo a lenda, Nerón, o seu suposto incendiario, contempla o espectáculo e toca a lira.
- 1374, morre Petrarca (na imaxe), poeta italiano.
- 1834, nace Edgar Degas, pintor francés.
- 1799, as tropas de Napoleón atopan a famosa Pedra de Rosetta, que servirá de chave para descifrar os xeróglifos exipcios.
- 1979, en Nicaragua os sandinistas fan caer a ditadura de Anastasio Somoza.
20 de xullo (ver • editar)
- 1402, Tamerlán vence aos turcos otománs en Ancara e captura o sultán Bayezid I, que morre ao ano seguinte en catividade.
- 1881, o xefe síux Touro Sentado (na imaxe) réndese ao exército norteamericano.
- 1937, morre Guglielmo Marconi, inventor da radio.
- 1969, a Apolo XI pousa na Lúa. Neil Armstrong e Edwin Aldrin son os primeiros homes a pisar o solo lunar.
- 1976, a sonda Viking I estadounidense pousa no chan de Marte.
- 1992, Václav Havel renuncia á presidencia de Checoslovaquia.
21 de xullo (ver • editar)
- 356 a.C., nace Alexandre Magno, rei de Macedonia.
- 1798, prodúcese a batalla das Pirámides e mais a toma da cidade do Cairo polas tropas francesas de Napoleón Bonaparte.
- 1898, nace Ernest Hemingway, novelista estadounidense.
- 1906, Theodore Roosevelt, Jr., presidente dos EUA, e Porfirio Díaz, presidente de México, conseguen que Guatemala, O Salvador e Honduras asinen a paz.
- 1954, asínanse os Acordos de Xenebra sobre a división de Indochina: creación de Laos, Camboxa e Vietnam como estados independentes.
- 1970, finalizan as obras do encoro de Asuán (na imaxe), en Exipto.
Hoxe é o Día da diversidade cultural.
22 de xullo (ver • editar)
- 1298, prodúcese a batalla de Falkirk, en Escocia, entre as tropas de William Wallace e as de Eduardo I de Inglaterra.
- 1863, nace Enrique Labarta Pose escritor e xornalista galego.
- 1894, celébrase a primeira carreira automobilística por estradas (París-Ruán); o récord de velocidade atínxeo o marqués Albert de Dion indo a 22 km/h.
- 1942, comeza a deportación masiva de xudeus do Gueto de Varsovia, en Polonia.
- 1962, o satélite norteamericano Telstar 1 (na imaxe) repite a primeira emisión de televisión en directo entre América e Europa.
23 de xullo (ver • editar)
- 1895, nace Haile Selassie, emperador da Etiopía (m. 1975).
- 1952, o xeneral Muhammad Naguib lidera os Oficiais Libres (liderados por Abdel Nasser) na deposición do rei Faruk de Exipto.
- 1969, Franco designa á sucesión da coroa a Xoán Carlos de Borbón, príncipe de España, diante das Cortes españolas.
- 1976, prodúcese a toma de posesión do primeiro goberno constitucional de Portugal, con Mário Soares como Primeiro Ministro.
- 1995, Miguel Indurain (na imaxe) convértese no primeiro corredor en obter cinco Tours de Francia consecutivos.
- 1999, morre Hassan II, rei do Marrocos.
24 de xullo (ver • editar)
- 1525, sae da Coruña a nave San Lesmes na procura de terras ignoradas para os europeos no Océano Pacífico.
- 1783, nace Simón Bolívar (na imaxe), líder político suramericano (m. 1830).
- 1911, Hiram Bingham descobre o Machu Picchu, no Perú.
- 1975, Samora Machel, presidente de Mozambique, decreta as nacionalizacións da saúde, educación e xustiza.
- 2013, descarrila un tren preto de Santiago de Compostela, provocando 79 mortos.
25 de xullo (ver • editar)
- 813, comeza a historia de Santiago de Compostela cando o bispo de Iria Flavia descobre, segundo a tradición, o sepulcro do apóstolo no bosque de Libredón.
- 1907, Corea tórnase un protectorado do Xapón.
- 1948, o presidente do Consello de Galiza no exilio, Castelao (na imaxe), pronuncia o seu famoso e emotivo discurso Alba de Groria no Centro Galego de Buenos Aires.
- 1965, o padre xesuíta Xaime Seixas dá, en Santiago de Compostela, a primeira misa en galego.
- 2000, accidente dun avión Concorde no Val d'Oise.
Hoxe é o Día Nacional de Galicia.
26 de xullo (ver • editar)
- 1847, Liberia tórnase independente.
- 1887, publícase, en ruso o Unua Libro (Primeiro libro), no que se sentan as bases do esperanto, idioma internacional proposto por L.L. Zamenhof.
- 1908, nace Salvador Allende, presidente de Chile.
- 1947, créase a CIA, nos Estados Unidos.
- 1952, morre Eva Perón (na imaxe).
- 1956, o Exipto nacionaliza o Canal de Suez.
Hoxe é o Día dos Avós.
27 de xullo (ver • editar)
- 1794, na Revolución Francesa, Maximilien de Robespierre (na imaxe) é apresado despois de encoraxar a execución de máis de 17.000 "inimigos da Revolución".
- 1864, nace Eladio Rodríguez, escritor galego.
- 1953, remata a guerra de Corea.
- 1958, créase a NASA tras ser asinada a lei polo presidente norteamericano Eisenhower.
- 1970, morre aos 81 anos António de Oliveira Salazar, que gobernou Portugal de 1932 a 1968, vítima dun derramo cerebral.
- 1980, morre, no Cairo, Mohammad Reza Pahlavi, último Xa do Irán.
28 de xullo (ver • editar)
- 754, Pipino o Breve tórnase rei dos francos en Saint-Denis, coroado polo papa Estevo III.
- 1914, comeza a primeira guerra mundial; Austria-Hungría declara a guerra á Serbia por non ter cumprido os termos dun ultimato despois do asasinato do herdeiro do trono imperial por un nacionalista serbio.
- 1945, un avión estrélase contra o Empire State Building, en Nova York, causando 28 mortes.
- 1804, morre Ludwig Feuerbach, filósofo (m. 1872).
- 1887, nace Marcel Duchamp, artista francés (m. 1968).
- 1741, morre Antonio Vivaldi (na imaxe), compositor italiano (n. 1678).
29 de xullo (ver • editar)
- 1805, nace Alexis de Tocqueville, historiador e teórico político (m. 1859).
- 1836, inaugúrase o Arco do Triunfo de París; a primeira pedra fora colocada en 1806.
- 1883, nace Benito Mussolini, ditador italiano.
- 1890, morre Vincent van Gogh (na imaxe), pintor holandés (n. 1853).
- 1900, o anarquista Gaetano Bresci asasina, en Monza, o rei de Italia, Humberto I, que é sucedido por Vítor Manuel III.
- 1983, morre Luis Buñuel, cineasta español (n. 1900).
30 de xullo (ver • editar)
- 1863, nace Henry Ford, empresario industrial norteamericano fabricante de automóbiles (m. 1947).
- 1898, morre Otto von Bismarck (na imaxe), chanceler alemán (n. 1855).
- 1930, o Uruguai gaña a primeira Copa do Mundo de Fútbol.
- 1980, Vanuatu tórnase independente.
- 1999, entronización do novo rei de Marrocos, Mohamed VI.
- 2014, inaugúrase parcialmente o Metro de Málaga, o segundo ferrocarril subterráneo de Andalucía e o sétimo de España.
31 de xullo (ver • editar)
- 1099, morre Rodrigo Díaz de Vivar El Cid (na imaxe).
- 1886, morre Franz Liszt.
- 1919, nace Primo Levi, escritor italiano.
- 1965, nace J. K. Rowling, escritora británica, creadora da saga Harry Potter.
- 1971, lévase a cabo o primeiro paseo pola Lúa; os astronautas da misión Apolo XV viaxaron en jeep durante 18 horas, en tres saídas.
- 1991, asínase, en Moscova, o Tratado START entre a URSS e os Estados Unidos, co obxectivo de reducir nun 30% as armas nucleares estratéxicas.