Aldea
Unha aldea ou lugar é unha división xeográfica correspondente a unha unidade de poboación. As aldeas integran a parroquia e estas o concello, e están constituídas polos barrios ou lugares.
Cita de Castelao sobre as aldeas en Sempre en Galiza:
As casas aldeáns, espalladas, forman un grupo natural de poucos habitantes, chamado "lugar". (...) Os "lugares", espallados, compoñen un agrupamento que se chama "parroquia". Esta entidade é o antigo clan dos celtas.Rodríguez Castelao, Alfonso Daniel. Sempre en Galiza.
Demograficamente, Galicia caracterízase pola súa alta taxa de dispersión demográfica, o que, xunto a un elevado número de poboacións, fai que un 50% das entidades de poboación de España se atopen en Galicia, ocupando só o 5,8% da superficie total. Así, calcúlase que en Galicia existen un millón de topónimos e microtopónimos a maioría destes ligados a aldeas e lugares espallados por toda a xeografía do país.[1] Outros expertos elevan este número ata uns tres millóns, é dicir, Galicia conta con máis topónimos que habitantes.[2]
Nas últimas décadas Galicia vén sufrindo unha sangría de poboación rural que marcha cara as cidades, quedando a miúdo as aldeas do rural baleiras. Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), no ano 2007 o país tiña 1.261 lugares abandonados (sen un só habitante censado); no ano 2006 eran 1.183; en 2000 apenas superaban o millar. Ademais hai uns 1.700 lugares que só contan con un a tres veciños.[3]
Refraneiro popular[editar | editar a fonte]
- A aldea Dio-la dea.
- A aldea empobrece, embilece e embrutece.
- A peneira de María a tola anda a aldea toda.
- Comprar a ricos na vila e vender a probes na aldea non é pra ter a casa chea.
- Mozo de vila, regalo de aldea, Dios che llos de a quen os desea.
- O da aldea, pola cidá non pasea.
- Padriño de voda e alcalde de aldea, quen queira ser que o sea.
- Parente na aldea, pra quen o desea.
- Paxaro na aldea e reloj na poboación é unha equivocación.
- Por mal que che va, vive na cidá. A aldea Dio-la dea.
- Vale máis can da vila que rico da aldea.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Microtoponimia[Ligazón morta], artigo de Manuel Bragado en Xornal.com.
- ↑ Gonzalo Navaza: “En Galicia hai máis topónimos ca habitantes”
- ↑ IGE, La Voz de Galicia, 8.07.2008.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aldea ![]() |