Stanley Kubrick
Stanley Kubrick | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Stanley Kubrick |
Nacemento | 26 de xullo de 1928 |
Lugar de nacemento | Bronx e Nova York |
Falecemento | 7 de marzo de 1999 |
Lugar de falecemento | Harpenden e Childwickbury Manor |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Soterrado | Childwickbury Manor |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | xudeus estadounidenses |
Relixión | ateísmo |
Alma máter | City College of New York e William Howard Taft High School |
Ocupación | director de cinema, director de fotografía, fotógrafo, produtor de cinema, guionista, montador, cámara, produtor delegado, xadrecista, escenógrafo, realizador e produtor |
Cónxuxe | Ruth Sobotka e Christiane Kubrick |
Fillos | Vivian Kubrick |
Premios | BAFTA Fellowship Award, Óscar ós mellores efectos visuais, Golden Lion for Lifetime Achievement, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Comendador das Artes e as Letras, National Board of Review Award for Best Film, lista de filmes premiados com o BAFTA de melhor diretor, Premio Hugo á mellor presentación dramática e Sitges Grand Honorary Award |
Na rede | |
http://www.kubrickfilms.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Stanley Kubrick, nado o 26 de xullo de 1928 no barrio do Bronx en Nova York (Estados Unidos) e finado o 7 de marzo de 1999 en Hertfordshire (Inglaterra), foi un director de cine, guionista, produtor, director de fotografía e editor de cine estadounidense que desenvolveu a meirande parte dos seus traballos no Reino Unido. É considerado como un dos mellores directores de cine de tódolos tempos. Moitos dos seus filmes son adaptacións cinematográficas de novelas e relatos curtos, que destacan polo seu perfeccionismo técnico, a atención os detalles para achegarse ó realismo e o seu intenso simbolismo intelectual.
Aínda que a súa filmografía non é moi extensa, os seus traballos abranguen gran variedade de xéneros como o bélico, o romántico, a comedia negra, o terror, o cinema épico e a ciencia ficción.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de rematar o instituto, comezou traballando como fotógrafo na cidade de Nova York, e aprendeu de xeito autodidacta tódolos aspectos da produción e a dirección dun proxecto cinematográfico. Os seus primeiros filmes foron realizados cun orzamento axustado e foron seguidos por un grande éxito en Hollywood, Spartacus, despois do cal pasou o resto da súa carreira profesional vivindo e rodando no Reino Unido. A súa casa en Childwickbury Manor en Hertfordshire converteuse no seu lugar de traballo, onde el realizaba guións, investigación, edición e xestión dos detalles de produción. Isto permitíalle ter un case completo control artístico, mais coa rara vantaxe de contar co apoio financeiro dos principais estudios de Hollywood.
Moitos dos seus traballos abriron novos vieiros na cinematografía, entre os que destaca 2001: Unha odisea do espazo (1968), un filme de ciencia ficción que introduciu innovacións nos efectos visuais e realismo científico.[1] Para Barry Lyndon (1975), Kubrick obtivo lentes desenvolvidas por Zeiss para a NASA co fin de filmar escenas con luz de candeas, e The Shining (1980) foi unha das primeiras longametraxes en usar o Steadicam para estabilizar a dotar as tomas de fluidez. Na súa traxectoria é destacábel que dirixiu, produciu e escribiu a totalidade ou parte dos guións de case tódolos seus filmes.
Mentres que algunhas películas de Kubrick foron obxecto de controversia con críticas variábeis, como Sendeiros de gloria (1957), Lolita (1962) e A Clockwork Orange (1971), moitas outras foron nomeadas e galardoadas con Premios Óscar, Globos de Ouro e BAFTA, sendo posteriormente aclamadas e consideradas como obras mestras.
Vida privada[editar | editar a fonte]
Kubrick casou coa súa noiva da escola Toba Metz o 29 de maio de 1948, aos 19 anos.
Durante a rodaxe de Sendeiros de gloria, Stanley coñeceu e comezou un romance coa actriz alemá Christiane Harlan. Posteriormente casaron en 1958 e en 1959 instaláronse en Beverly Hills coa filla de Harlan, Katherina, que daquela tiña seis anos.
Amais de Katherina, tiveron dúas fillas xuntos; Anya Renata (nada o 6 de abril de 1959) e Vivian Vanessa (nada o 5 de agosto de 1960).
O 7 de marzo de 1999, catro días despois dunha sesión privada para a súa familia e actores do seu último filme, Eyes Wide Shut, Kubrick morreu dun ataque cardíaco mentres durmía; tiña 70 anos. O seu funeral celebrouse o 12 de marzo na casa do seu terreo inglés, en presenza só de amigos e familiares próximos; en total, aproximadamente cen persoas. Os medios de comunicación mantivéronse a unha milla de distancia da porta de entrada.
Foi enterrado xunto á súa árbore favorita en Childwickbury Manor, Hertfordshire, Inglaterra. No seu libro dedicado a Kubrick, a súa esposa Christiane incluíu unha das citas favoritas do cineasta, de Oscar Wilde: "A traxedia da vellez non é que un sexa vello, senón que segue sendo novo".
Herdanza[editar | editar a fonte]
A súa influencia no cine contemporáneo é enorme e difícil de definir na súa real dimensión. Non só pola gran cantidade de libros dedicados á súa persoa e ao seu traballo, as compilacións que o sitúan entre os máis importantes da historia, así como documentais televisivos sobre a súa vida e ensaios publicados en diversos medios de comunicación, senón tamén polos logros fílmicos que alcanzou en vida e a achega que realizou ao statu quo de rol do director dentro a industria cinematográfica.
Kubrick loitou e logrou o tan cobizado control total sobre os seus filmes, co fin de que a súa visión fílmica non se vise afectada máis que polo que el entendía coma coherencia artística. Sen estudos formais de cine, participou en cada etapa da produción dunha fita, aprendendo as técnicas e o oficio, mesmo achegando innovadores procedementos técnicos (efectos especiais, sistema de filmación, novas cámaras, focos, luces e lentes) e narrativos que lle permitiron á industria en xeral avanzar varios anos.
Outro apartado onde foi decisivo foi no emprego da banda sonora nas fitas que dirixiu, anticipándose a varias tendencias, incorporando tanto a enciclopédica revisión da música pertencente á época na que se ambientaba a película correspondente, así como tamén empregar as achegas da electrónica cando esta se aplicaba maiormente no campo experimental.
Os seus filmes non deixaban de incorporar os seus propios intereses intelectuais e as reflexións sobre o home e a súa loita constante co seu ámbito, xa sexa físico, social, psicolóxico ou metafísico. A súa observación do ser humano sempre gardaba unha distancia prudente, que en vez de frialdade (como o acusaban algúns críticos), podería máis ben lerse un verdadeiro interese e aberta curiosidade por entender o proceder do personaxe como peza dentro dunha engrenaxe máis complexa que o puramente cultural. El busca aqueles códigos dentro de cada ser humano que o empurran a accionar dun xeito en particular, tanto na intimidade como nas odiseas titánicas que modifican o curso da historia, creando no proceso imaxes tan sobresaíntes e atemporais que se converteron en parte da cultura popular.
Un tema final podería ser a súa obsesión cos detalles e a calidade do produto. Poucos directores fixeron disto un tema maior: entender o filme como acto de aprendizaxe extrema do ámbito do personaxe, sobre a base dunha sólida investigación que levou, xunto ao seu perfeccionismo, a dilatar as súas rodaxes e aumentar a aura mítica que proxectaba na prensa.
Amais, Kubrick inspirou directores como Martin Scorsese, Steven Spielberg, James Cameron, Woody Allen, Terry Gilliam, os irmáns Coen, Ridley Scott e George A. Romero. Mesmo Orson Welles comentou: «Entre os que eu chamaría a xeración nova, Kubrick paréceme un xigante».
Filmografía[editar | editar a fonte]
Ano | Filme | Director | Produtor | Guionista | Outros | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
1951 | Day of the Fight | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
El mesmo (cameo sen acreditar), cinematografía, editor (sen acreditar); departamento de son (sen acreditar) |
Flying Padre | ![]() |
![]() |
![]() |
Cinematografía; guionista (sen acreditar) | ||
1953 | Fear and Desire | ![]() |
![]() |
![]() |
Cinematografía e edición; departamento de son (sen acreditar) | |
The Seafarers | ![]() |
![]() |
Cinematografía, edición e departamento de son | |||
1955 | O bico do asasino | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Guión, cinematografía e edición |
1956 | Atraco perfecto | ![]() |
![]() |
Produtor (sen acreditar) | ||
1957 | Sendeiros de gloria | ![]() |
![]() |
Produtor (sen acreditar) | ||
1960 | Spartacus | ![]() |
||||
1962 | Lolita | ![]() |
Sen acreditar como guionista e produtor | |||
1964 | Teléfono vermello, voamos cara a Moscova | ![]() |
![]() |
![]() |
||
1968 | 2001: Unha odisea do espazo | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Deseño de efectos especiais de fotografía |
1971 | A Clockwork Orange | ![]() |
![]() |
Operador de cámara (sen acreditar) | ||
1975 | Barry Lyndon | ![]() |
![]() |
![]() |
||
1980 | The Shining | ![]() |
![]() |
![]() |
Guionista con Diane Johnson | |
1987 | Full Metal Jacket | ![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Murphy (cameo de voz sen acreditar) |
1999 | Eyes Wide Shut | ![]() |
![]() |
![]() |
Operador de cámara (sen acreditar) |
Nomeamentos e galardóns[editar | editar a fonte]
Ano | Título | Premios (Óscar, Globo de Ouro, BAFTA, Saturns e Razzies) |
---|---|---|
1953 | Fear and Desire | |
1955 | O bico do asasino | Gañou o Premio ao Mellor Director no Festival Internacional de Cine de Locarno |
1956 | Atraco perfecto | Nomeado ó Premio BAFTA ó mellor filme |
1957 | Sendeiros de gloria | |
1960 | Spartacus | Gañou o Globo de Ouro á mellor película dramática, Nomeado ao Globo de Ouro ao Mellor Director Nomeado ó Premios BAFTA ó mellor filme |
1962 | Lolita | Nomeado ó Premios Óscar ao mellor guión adaptado Nomeado ao Globo de Ouro ao Mellor Director |
1964 | Teléfono vermello, voamos cara a Moscova | Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor Director Nomeado ao Premio Óscar á Mellor Película Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor guión adaptado Gañou o Premio BAFTA ao Mellor Filme Británico, Nomeado ao Premio BAFTA ao Mellor guión Británico (nomeamento compartido con Peter George e Terry Southern) |
1968 | 2001: Unha odisea do espazo | Gañou o Premio Óscar aos Mellores Efectos Especiais Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor Director Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor guión Orixinl (nomeamento compartido con with Arthur C. Clarke) Nomeado ao Premio BAFTA ao Mellor Filme Nomeado ao Golden Prize na 6ª Edición Internacional de Cine de Moscova[2] |
1971 | A Clockwork Orange | Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor Director Nomeado ao Premio Óscar á Mellor Película Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor guión adaptado Nomeado ao Globo de Ouro ao Mellor Director Nomeado ao Globo de Ouro á Mellor Película Dramática Nomeado ao Premio BAFTA ao Mellor Filme Gañou o Premio BAFTA ao Mellor Guión Gañou 2 recoñecementos como Mellor Director e Mellor Filme por The New York Film Critics |
1975 | Barry Lyndon | Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor Director Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor Filme Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor guión adaptado Nomeado ao Globo de Ouro ao Mellor Director Nomeado ao Globo de Ouro á Mellor Película Dramática Gañou o Premio BAFTA ao Mellor Director Nomeado ao Premio BAFTA ao Mellor Filme |
1980 | The Shining | Nomeado aos Premios Razzie ao Peor Director Nomeado aos Premios Saturn ao Mellor Director |
1987 | Full Metal Jacket | Nomeado ao Premio Óscar ao Mellor guión adaptado (nomeamento compartido con Michael Herr e Gustav Hasford) |
1999 | Eyes Wide Shut |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Giulio Angioni, Fare dire sentire: l'identico e il diverso nelle culture (2011), p. 37 and Un film del cuore, in Il dito alzato (2012), pp. 121–136
- ↑ "6th Moscow International Film Festival (1969)". MIFF. Consultado o 2012-12-17.[Ligazón morta]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stanley Kubrick ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Stanley KubrickArquivado 06 de xullo de 2003 en Wayback Machine. (en italiano).