Mariano José de Larra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mariano José de Larra
AlcumeFígaro
Nacemento24 de marzo de 1809
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento13 de febreiro de 1837
Lugar de falecementoMadrid
Causaferida por arma de fogo
SoterradoSan Nicolás Cemetery e cemiterio de San Justo de Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, xornalista, dramaturgo, poeta e crítico literario
Na rede
IMDB: nm4560972 Dialnet: 69164 Discogs: 3723939 Find a Grave: 7291293 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mariano José de Larra y Sánchez de Castro, nado en Madrid o 24 de marzo de 1809 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1837, foi un xornalista, narrador e poeta español, pertencente ao movemento do romanticismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun médico militar afrancesado, acompañou de neno coa súa familia as tropas napoleónicas en retirada a Francia. Alí viviu ata os nove anos, regresando daquela a Madrid. De regreso a España puido comprobar as grandes diferenzas que existían entre a moderna sociedade francesa e a atrasada sociedade española, sometida ao réxime absolutista de Fernando VII. Aí arrancou a súa firme defensa da europeización de España.

A partir dos 19 anos dedícase a traducir dramas franceses e publica artigos na Revista Española baixo o pseudónimo de Fígaro. Con 19 anos fundou El duende satírico del día, que durou pouco tempo. En 1832 comezou a publicar a revista satírica El pobrecito hablador. En 1833, xa baixo o réxime liberal puido expresarse con maior liberdade co pseudónimo de Fígaro.

A pesar do seu éxito, Larra encontrábase máis decepcionado da política na que intentara intervir como deputado. A esta decepción hai que engadir os seus fracasos amorosos. Casou moi novo, o seu matrimonio non foi ben e a súa esposa abandonouno. As súas relacións cunha muller casada, Dolores Armijo, foron moi inestables debido a personalidade desequilibrada e cambiante dela, ata que en febreiro de 1837 produciuse a ruptura definitiva. Sumido nunha forte depresión, o escritor, suicidouse dun tiro logo de lle devolver Dolores as cartas que lle enviara.

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Larra salienta especialmente polos seus artigos xornalísticos, dos que chegou a escribir máis de douscentos. Son satíricos e agresivos ata onde a censura lle permitiu e exhibe neles, cun estilo integrado no romanticismo, a loita da individualidade perante a realidade social, política e cultural do momento. Combate a organización do Estado, o absolutismo e o carlismo ao tempo que se mofa da sociedade e da vida en familia.

O seu estilo é funcional, sen adornos e sempre cinguido á idea que quería expoñer. Empregaba termos estranxeiros con frecuencia, fuxindo de purismos e de dogmas literarios.

Larra e Galiza[editar | editar a fonte]

Malia o seu carácter ilustrado, liberal e europeísta, Larra tampouco conseguiu fuxir dos prexuízos antigalegos comúns a moitos escritores españois. Sirva de exemplo esta cita súa[1]:

El gallego (...) es un animal muy parecido al hombre, inventado para alivio del asno

Obras[editar | editar a fonte]

  • Obras Completas de D. Mariano José de Larra, Montaner y Simón, Barcelona, obra principal.
  • Macías: Drama histórico que mostra o amor malfadado, que acaba en morte.
  • El doncel de don Enrique el Doliente: Novela histórica ambientada na Idade Media. Retoma o tema do seu drama Macías.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Freixeiro Mato (2009) en García Negro, Sobre o racismo lingüístico, Eds. Laiovento

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lázaro, F. e Tusón V. (1994). Literatura Española, 2º BUP. Ed. Anaya.
  • Pascual, Alcalde e Castro V. (2009) "Literatura Española, 2º BAC". Ed. Anaya

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]