Arthur Evans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arthur Evans.

Arthur Evans, nado en Nash Mills o 8 de xullo de 1851 e finado en Boars Hill o 11 de xullo de 1941, foi un arqueólogo inglés. Descubriu a civilización que denominou minoica, da que quedara un moi feble recordo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era o fillo de Sir John Evans, un fabricante de papel e arqueólogo amateur de ascendencia galesa. Estudiou en Harrow e no Brasenose College, Universidade de Oxford e na Universidade de Göttingen e tendo herdado do pai o interese pola arqueoloxía, Arthur foi conservador do Ashmolean Museum de Oxford entre 1884 e 1908.

O obxecto especial do seu interese era a illa grega de Creta, e durante moito tempo foi o encargado das escavacións da cidade-palacio de Knossos, centro principal da civilización minoica. Ademais de descubrir estes restos e publicalos en catro volumes The Palace of Minos at Knossos (1921 - 1935), un clásico da arqueoloxía, restaurounos e, en parte, reconstruíunos, utilizando algúns materiais estraños como o formigón que escandaliza aos puristas pero axuda aos visitantes a entender o sitio. Para entender isto cómpre lembrar que mentres Evans estaba traballando en Knossos no período entre 1899 e 1935, moitos dos seus contemporáneos se interesaban só en apañar obxectos de interese nos asentamentos que descubrían.

Aínda que sempre se lle escapou o desciframento e a tradución dos textos atopados, deuse de conta de que houbera dúas escritas, que chamou "Lineal A" e "Lineal B."

Evans foi nomeado cabaleiro en 1911 polos seus servizos á arqueoloxía. A escavación no sitio arqueolóxico de Knossos (que el adquiriu para a súa conservación), é continuada hoxe en día pola British School of Archaeology de Athens.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]