Astronauta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cosmonauta")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Astronauta da NASA durante unha misión espacial cunha mochila de propulsión (Manned Maneuvering Unit).

Un astronauta (Gl-astronauta.ogg pronunciación ) é unha persoa instruída e adestrada para comandar, pilotar ou tripular unha astronave.

Existen outras denominacións derivadas das diversas linguas: ós soviéticos ou rusos chámaselles cosmonautas e ós chineses, taiconautas: O termo cosmonauta vén do ruso kosmonavt (космонавт), derivado á súa vez do grego kosmos (κοσμος, universo) e nautes (ναύτης, navegante); taiconauta é un neoloxismo formado a partir do chinés 太空 (tàikōng, espazo) e o grego ναύτης (nautes, navegante), ambos de xeito semellante a astronauta (do latín e o grego). Como curiosidade, a verba oficial chinesa para nomear un astronauta é 宇航員 (yǔhángyuán) pero o termo taikonaut emprégase nos medios de comunicación para nomear ós astronautas chineses[1].

Os pioneiros[editar | editar a fonte]

Unión Soviética[editar | editar a fonte]

O primeiro cosmonauta da historia foi Iuri Gagarin, quen foi lanzado o 12 de abril de 1961 a bordo da nave Vostok 1, sendo dese xeito o primeiro ser humano en saír ó espazo. A primeira muller en ir ó espazo foi Valentina Tereshkova, en xuño de 1963 a bordo do Vostok 6.

Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Alan B. Shepard foi o primeiro estadounidense en realizar un voo suborbital, e John Glenn o primeiro en entrar en órbita. A primera persoa en camiñar por un mundo extraterrestre foi Neil Armstrong, o 21 de xullo de 1969 durante a misión lunar Apollo 11.

A vida de astronauta[editar | editar a fonte]

Unha persoa que pretenda ser astronauta necesita unha preparación previa acorde coa función que realizará no espazo. Unha vez no exterior terrestre, están entre as súas funcións dende a vixilancia do mantemento das propias necesidades vitais (por exemplo, ter unha atmosfera respirable) ó desenvolvemento de experimentos científicos ou o mantemento da aparataxe, incluídos os paseos espaciais (Extra-Vehicular Activity, ou EVA).[2]

O desenvolvemento vital no espazo implica o estar sometidos a condicións diferentes que na Terra, polo que sufren vairacións diversas, como perda de masa muscular ou debilitamento óseo debido á aparente falta de gravidade, tendo que compensar ditos cambios coa realización de exercicio como preparación á súa volta á Terra. Tamén sufren variacións na percepción do tempo ó estar orbitando e poder observar moitas saídas e postas de Sol ó longo de 24 horas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.