Aliados da Segunda Guerra Mundial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapamundi cos participantes na Segunda Guerra Mundial.       Aliados       Aliados tralo ataque a Pearl Harbor       Potencias do Eixe       Países neutrais

Os Aliados eran os estados opostos ás Potencias do Eixo durante a Segunda Guerra Mundial.

Historia[editar | editar a fonte]

Datas nas que os estados uníronse ós aliados[editar | editar a fonte]

Trala invasión alemá de Polonia[editar | editar a fonte]

Tralo fin da "Guerra de Broma"[editar | editar a fonte]

Tralo Ataque a Pearl Harbor[editar | editar a fonte]

Tralo Día-D[editar | editar a fonte]

Alianzas formais durante a guerra[editar | editar a fonte]

Aliados orixinais[editar | editar a fonte]

Os aliados orixinais foron aqueles estados que lle declararon a guerra á Alemaña nazi trala súa invasión de Polonia en setembro de 1939.

Estes países estaban aliados entre eles por unha rede de pactos de defensa común e pactos de alianzas militares asinados antes da guerra. A Alianza Franco-Británica databa da Entente Cordiale de 1904 e a Triple Entente de 1907, activadas durante a Primeira Guerra Mundial. A Alianza Franco-Polaca fora asinada en 1921 e renovada en 1927 e 1939. O Pacto de Defensa Común Polaco-Británico asinado o 25 de agosto de 1939 establecia promesas de asistencia militar mútua entre os estados no caso de que algún deles fose atacado por Alemaña.

As colonias británicas, francesas e holandesas loitaron xunto ós países da metrópole, e moitos deles continuaron coa loita despois de que estes foran ocupados.

Polonia[editar | editar a fonte]

Polonia nunca se converteuse en membro oficial do Terceiro Reich e o goberno polaco no exilio despois de 1939 continuou coas contribucións polacas na Segunda Guerra Mundial en varios frontes con centos de milleiros de membros do exército polaco en Francia e no Reino Unido, e co Armia Krajowa (exército do interior) na Polonia ocupada. A Unión Soviética, porén, non recoñeceu ó goberno e en 1943 organizou o exército popular polaco baixo o mando de Rokossovsky, arredor do cal foi construido o estado sucesor da postguerra da República Popular de Polonia en 1952.

A Comunidade Británica de Nacións[editar | editar a fonte]

Ademais do Reino Unido, varios membros independentes da Comunidade Británica de Nacións, declararon a guerra a Alemaña por separado, algúns no mesmo día, e outros pouco despois. Estes paises foron: Canadá, Australia, Nova Zelandia, Terranova (que non foi parte de Canadá até 1949) e Sudáfrica.

O Imperio Indio (o area da República de India, Paquistán e Bangladesh) e a maioría das colonias britanicas arredor do mundo estaban controlados por Gran Bretaña e polo tanto comezaron coas hostilidades coa declaración de guerra británica. O Imperio Indio tivo 1,500,000 vítimas civís, máis que o Reino Unido. Tamén contribuiu con 2,500,000 militares e sufriu a perda de 87,000 homes, máis que calquera outro país da Commonwealth, agás Reino Unido.

O Grupo de Oslo[editar | editar a fonte]

O Grupo de Oslo era unha organización de países oficialmente neutrais. Catro membros xuntáronse máis adiante ós aliados, como gobernos no exilio: o Reino de Noruega, o Reino dos Países Baixos, o Reino de Bélxica e o Gran Ducado de Luxemburgo.

A República de Finlandia foi invadida pola USSR o 30 de novembro de 1939 [1]. Máis tarde Finlandia e o Reino de Dinamarca uníronse formalmente ó Pacto Anti-Comintern do Eixo. O Reino de Suecia permaneceu oficialmente neutral. Seguindo ó armisticio de Moscova de setembro de 1944, Finlandia entrou de feito nos aliados e loitou contra as forzas alemás. Isto levou a unha serie de enfrontamentos chamados Guerra de Laponia.

Dinamarca foi invadida polos alemáns o 9 de abril de 1940. O goberno danés non declarou a guerra e rendeuse o mesmo día, coa idea de que mantía control sobre os asuntos internos. Non se formou ningún goberno no exilio. Os daneses loitaron tanto a carón dos aliados como das potencias do eixo. Islandia e Groenlandia, que estaban respectivamente unida con Dinamarca e sendo colonia danesa, foron ocupadas polos aliados durante a maioría da guerra. As forzas británicas tomaron o control de Islandia en 1940. As forzas dos Estados Unidos, malia ser oficialmente neutrais no momento, ocuparon Groenlandia o 9 de abril de 1941. Os EEUU tamén controlaron Islandia a partir do 7 de xullo de 1941. Islandia declarou a total independencia de Dinamarca en 1944, pero xamáis declarou a guerra a ningún dos poderes do eixo.

Portugal[editar | editar a fonte]

A pesar de que Portugal permaneceu oficialmente neutral, a Alianza Anglo-Portuguesa foi recurrida na Segunda Guerra Mundial para o establecemento dunha base aliada nas Illas Azores. Portugal protestou pola ocupación do Timor portugués polas forzas aliadas en 1942, pero non ofreceu resistenza activa. A colonia foi subsecuentemente ocupada por Xapón; e os cidadáns portugueses e timoreses axudaron ós aliados a loitar contra o Xapón. Macao tamén foi ocupado `por Xapón.

Declaración das Nacións Unidas[editar | editar a fonte]

Declaración da ONU, 1 de xaneiro de 1942
(26 asinantes)

(Note: Durante a declaración de 1942 adheríronse México, Filipinas, e Etiopía; nos catro primeiros meses de 1943, adheríronse Iraq, Brasil, e Bolivia.

Comintern[editar | editar a fonte]

As seguintes forzas socialistas e prosoviéticas tamén combateron contra as Potencias do Eixo antes ou durante a segunda guerra mundial.

Unión Panamericana[editar | editar a fonte]

Os membros da Unión Panamericana, que eran todos neutrais en 1939-41, formaron un pacto de mutua defensa nunha conferencia de Ministros de Asuntos Exteriores na Habana, dende o 21 de xullo ó 30 de xullo de 1940. A "Declaración de Asistencia Recíproca e Cooperación para a Defensa das Nacións das Américas" foi parte do Acta Final da Segunda Reunión de Ministros de Asuntos Exteriores das Repúblicas Americanas na Habana, Cuba, 30 de xullo de 1940.[1] Houbo 21 asinantes:

En xullo de 1944, unha Forza Expedicionaria Brasileira de 25,000 membros uniuse ós aliados na Campaña de Italia. En 1945, o Escuadrón 201 da Forza Aérea Mexicana uniuse á U.S. Far East Air Force, durante a campaña das Filipinas. Os outros países deste grupo contribuiron con unidades de apoio ou pequenas forzas de combate.

Lista completa de tódolos aliados[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]