Wikipedia:Efemérides destacadas/Maio
- 1834, queda abolida a escravitude no Imperio Británico.
- 1886, folga xeral nos Estados Unidos coa manifestación nas rúas de Chicago esixindo 8 horas de traballo semanais. Os acontecementos posteriores motivaron a creación do Día do Traballo nesta data na maioría dos países industrializados.
- 1945, durante a Segunda Guerra Mundial, as tropas soviéticas izan a súa bandeira no Reichstag de Berlín (Alemaña).
- 2004, a Unión Europea incorpora 10 novos países: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia.
- 2006, o presidente boliviano Evo Morales nacionaliza os hidrocarburos.
Hoxe é o Día Internacional dos Traballadores (na imaxe).
- 1519, morre Leonardo da Vinci, inventor e pintor italiano.
- 1729, nace a emperatriz rusa Catarina a Grande.
- 1808, iníciase en España a sublevación contra a ocupación das tropas napoleónicas no país (na imaxe).
- 1860, nace Theodor Herzl, fundador do sionismo político.
- 1945, na Segunda Guerra Mundial, os soviéticos ocupan Berlín; en Italia, as tropas de Alemaña réndense aos Aliados.
- 1975, nace David Beckham, exfutbolista inglés.
- 1494, Cristovo Colón descobre Xamaica.
- 1519, Hernán Cortés comeza a Conquista do Imperio Azteca.
- 1758, falece o papa Bieito XIV.
- 1814, Napoleón Bonaparte (na imaxe) é desterrado á illa de Elba.
- 1923, realízase o primeiro voo en avión sen escalas cruzando os Estados Unidos de costa a costa.
- 1947, o Xapón convértese nunha monarquía constitucional.
Hoxe é o Día Mundial da Liberdade de Prensa.
- 1589, María Pita defende A Coruña dos ataques de Francis Drake.
- 1849, nace Narcisa Pérez Reoyo, poeta galega en lingua castelá.
- 1904, comeza a construción da Canle de Panamá (na imaxe).
- 1928, nace Hosni Mubarak, presidente do Exipto.
- 1984, morre Isidro Parga Pondal, xeólogo galego.
- 1994, Isaac Rabin (Israel) e Yasser Arafat (Palestina) asinan un acordo de paz.
Hoxe é o día de Star Wars.
- 1818, nace Karl Marx (na imaxe), filósofo alemán.
- 1916, marines estadounidenses invaden a República Dominicana.
- 1936, tropas da Italia fascista invaden Adis-Abeba, capital da Etiopía.
- 1954, Alfredo Stroessner convértese en ditador do Paraguai despois dun golpe de estado.
- 2008, morre Vidal Payo Fernández, canteiro e escultor galego.
- 1861, nace Rabindranath Tagore, escritor, poeta e músico indio (m. 1941).
- 1889, a Torre Eiffel (na imaxe) é oficialmente aberta ao público durante a Exposición Universal de París.
- 1937, acontece o desastre do Hindenburg: prende o lume no cepelín alemán Hindenburg e destrúese en menos de un minuto ao tentar pousar en Lakehurst, Nova Jersey, causando 36 mortos.
- 1992, morre Marlene Dietrich, actriz alemá.
- 1994, inaugúrase o Eurotúnel que atravesa o Canal da Mancha.
- 1711, nace David Hume, filósofo escocés (m. 1776).
- 1840, nace Pyotr Ilych Tchaikovsky, compositor ruso (m. 1893).
- 1915, durante a Primeira Guerra Mundial un submarino alemán U-20 afunde, no mar de Irlanda, o RMS Lusitania (na imaxe) dos Estados Unidos, causando a morte de 1.200 persoas. Alemaña e os Estados Unidos rompen as relacións diplomáticas.
- 1937, durante a Guerra Civil Española, chegan tropas alemás da Lexión Cóndor, equipadas con avións Heinkel He-51, para axudar ás tropas de Francisco Franco contra a República.
- 2006, a revista musical Rolling Stone publica o seu número 1.000.
- 1046, nace Costanza de Borgoña, raíña consorte de León e Castela e nai de Urraca de León.
- 1884, nace Harry S. Truman (na imaxe), ex-presidente dos Estados Unidos.
- 1902, na Martinica, a Montaña Pelée (volcán) estoupa, matando 30.000 persoas. Soamente uns poucos habitantes, entre eles un prisioneiro, sobreviven.
- 1945, rendición incondicional das tropas alemás na Segunda Guerra Mundial.
- 1999, morre Dirk Bogarde, actor británico.
- 1571, morre Tycho Brahe, astrónomo (n. 1546).
- 1883, nace en Madrid José Ortega y Gasset, filósofo español (m. 1955).
- 1937, nace en Tudela Rafael Moneo, arquitecto.
- 1986, morre Ánxel Fole, escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1997 (n. 1903).
Hoxe celébrase o Día de Europa (imaxe da bandeira).
10 de maio (ver • editar)
- 1452, nace Fernando II de Aragón, o Católico (m. 1516).
- 1933, comeza a Bücherverbrennung (queima de libros) polos nazis en Múnic e outras cidades da Alemaña.
- 1940, Alemaña invade Francia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo na Segunda Guerra Mundial; Winston Churchill é nomeado primeiro ministro do Reino Unido.
- 1972, Zeca Afonso (na imaxe) canta por vez primeira o Grândola, Vila Morena, no Burgo das Nacións, Santiago de Compostela.
- 1973, fúndase a Fronte Polisario no Sáhara Ocidental.
Hoxe celébrase o Día Mundial contra o Lupus.
11 de maio (ver • editar)
- 1928, inaugúrase o primeiro servizo de transmisión de televisión, en Nova York.
- 1571, nace Niwa Nagashige, señor da guerra xaponés.
- 1904, nace Salvador Dalí (na imaxe), pintor (m. 1989).
- 1927, morre Juan Gris, pintor cubista español (n. 1887).
- 1981, morre Bob Marley, cantante xamaicano de reggae.
12 de maio (ver • editar)
- 1881, Tunisia, ó norte de África, tórnase protectorado de Francia.
- 1886, sae á luz o primeiro número de El Socialista, revista de corte obreiro-sindicalista fundada por Pablo Iglesias.
- 1910, Dorothy Crowfoot, científica británica, Premio Nobel de Química polo seu traballo en cristalografía (m. 1994).
- 1921, morre Emilia Pardo Bazán (na imaxe), escritora galega en lingua castelá.
- 1929, nace Sam Nujoma, primeiro presidente de Namibia.
- 1976, o petroleiro Urquiola sofre un accidente na Ría da Coruña.
Hoxe celébrase o Día Mundial da Fibromialxia.
13 de maio (ver • editar)
- 1875, nace Nan de Allariz, escritor galego.
- 1882, nace Georges Braque, pintor francés (m. 1963).
- 1888, queda abolida a escravitude no Brasil.
- 1950, celébrase a primeira carreira oficial de Fórmula 1 no circuíto de Silverstone (na imaxe), Gran Bretaña.
- 1988, morre Chet Baker músico de jazz estadounidense. (n. 1929).
- 2002, como resultado das conclusións do II Fórum Social Mundial de Porto Alegre crease Media Watch Global.
14 de maio (ver • editar)
- 1796, en Inglaterra, Edward Jenner administra a primera vacina antivariólica. O último caso natural produciuse en 1977 en Somalia.
- 1944, nace George Lucas, director e produtor de cine.
- 1948, David Ben-Gurion (na imaxe) declara a independencia do Estado de Israel.
- 1955, oito países comunistas da Europa do leste asinan o Pacto de Varsovia, un tratado de defensa mutua fronte á ameaza que vían na OTAN.
- 1998, morre Frank Sinatra, cantante e actor (n. 1915).
15 de maio (ver • editar)
- 1811, Paraguai declara a súa independencia (imaxe da bandeira).
- 1857, nace Williamina Fleming, astrónoma (m. 1911).
- 1953, nace Mike Oldfield, músico.
- 1979, finaliza despois de 92 capítulos a emisión de Starsky e Hutch na cadea ABC.
Hoxe é o Día Internacional das Familias.
16 de maio (ver • editar)
- 1770, María Antonieta (na imaxe) casa con Lois XVI, futuro rei de Francia.
- 1894, nace Joan Salvat-Papasseit, poeta catalán.
- 1909, nace Manuel Chamoso Lamas, arqueólogo e escritor galego.
- 1953, nace Pierce Brosnan, actor irlandés.
- 1975, a India anexiona o principado do Sikkim.
- 2015, morre en Vigo María do Carme Kruckenberg, escritora galega.
17 de maio (ver • editar)
- 1833, nace Manuel Murguía (na imaxe), historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega (m. 1923).
- 1866, nace Erik Satie, compositor e pianista francés (m. 1925).
- 1904, nace Jean Gabin, actor francés (m. 1976).
- 1961, nace Enya, cantante irlandesa.
Hoxe é o Día das Letras Galegas, o Día de Internet e o Día Internacional contra a Homofobia e a Transfobia.
18 de maio (ver • editar)
- 37, o Senado Romano cesa o mandato de Tiberio e proclama a Calígula emperador.
- 1766, durante a Revolta Americana, o Parlamento Británico anula a Lei do Selos, que foi moi impopular nas colonias británicas.
- 1916, nunha xuntanza nos locais da Real Academia Galega da Coruña, Manuel Lugrís Freire, Antón Villar Ponte, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao —entre outros— acordan a creación das Irmandades da Fala para a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galicia.
- 1920, nace Karol Józef Wojtyla, futuro papa Xoán Paulo II.
- 1965, Aleksei Leonov (na imaxe), cosmonauta ruso, convértese na primeira persoa en camiñar polo espazo.
Hoxe é o Día Internacional dos Museos.
19 de maio (ver • editar)
- 1536, decapitan a Ana Bolena (na imaxe), a segunda esposa de Henrique VIII, na Torre de Londres.
- 1593, nace Jacob Jordaens, pintor flamengo (m. 1678)
- 1864, morre Nathaniel Hawthorne, novelista e escritor de historias curtas norteamericano (n. 1804).
- 1890, nace Ho Chi Minh, líder da independencia de Vietnam (m. 1969).
- 1935, morre Thomas Edward Lawrence, coñecido como Lawrence de Arabia, oficial de enlace británico durante a sublevación árabe de 1916 a 1918 (n. 1888).
- 1951, nace Joey Ramone, cantante da banda de rock The Ramones (m. 2001).
20 de maio (ver • editar)
- 1506, morre Cristovo Colón (na imaxe), explorador e navegante que descubriu América (n. 1451).
- 1903, morre Marcial Valladares Núñez, escritor galego, autor do Diccionario gallego-castellano, con 11.000 vocablos que recolleu entre 1850 e 1884 (n. 1821).
- 1908, nace en Indiana (Pensilvania) o actor James Stewart (m. 1997).
- 2002, Xanana Gusmão convértese no primeiro presidente de Timor Leste tras a independencia.
- 2007, morre Stanley Lloyd Miller, químico e biólogo estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a orixe da vida (n. 1930).
21 de maio (ver • editar)
- 1471, nace Albrecht Dürer, pintor alemán (m. 1528).
- 1850, nace Giuseppe Mercalli, vulcanólogo italiano (m. 1914).
- 1904, fúndase a FIFA.
- 1927, Charles Lindbergh (na imaxe) atravesa o Atlántico en avión de Nova York a París, en solitario e sen escalas.
- 2003, un terremoto no norte da Alxeria mata máis de 2000 persoas.
- 2006, en referendo, Montenegro aproba a independencia da república, separándose da Serbia. É o fin de Serbia e Montenegro e da última unión da Iugoslavia.
22 de maio (ver • editar)
- 1813, nace Richard Wagner, compositor, director de orquestra, poeta e teórico musical alemán.
- 1851, nace Concepción Sáiz, mestra, pedagoga, feminista e escritora galega.
- 1885, morre Victor Hugo, escritor francés.
- 1949, morre Pilar Millán Astray (na imaxe), escritora e comediógrafa galega en lingua castelá.
- 1960, en Chile un tremor que mediu 9,5 na escala de Richter sacudiu Santiago e Concepción, desatando ondas xigantescas e erupcións volcánicas, facendo que 5.000 persoas morresen e dous millóns quedasen sen fogar.
- 1990, o Iemen do Norte únese co Iemen do Sur, formando a República do Iemen.
Hoxe é o Día Internacional da Diversidade Biolóxica.
23 de maio (ver • editar)
- 1179, o Papa Alexandre III emite a bula Manifestis Probatum en que recoñece Portugal como reino independente.
- 1707, nace Carl von Linné (na imaxe), botánico (m. 1778).
- 1873, fúndase a Policía Montada do Canadá.
- 1906, morre Henrik Ibsen, damaturgo e poeta (n. 1828).
- 1949, fúndase a República Federal de Alemaña, ou Alemaña Occidental.
- 1951, nace Anatoli Karpov, xogador de xadrez ruso.
24 de maio (ver • editar)
- 1218, a Quinta Cruzada parte para o Exipto.
- 1819, nace a Raíña Vitoria I do Reino Unido (na imaxe).
- 1941, nace Bob Dylan, cantante estadounidense.
- 1949, publícase O segundo sexo de Simone de Beauvoir.
- 1963, inaugurase o aeroporto de Alvedro, na Coruña.
- 1993, Eritrea obtén a súa independencia de Etiopía.
25 de maio (ver • editar)
- 1681, morre Pedro Calderón de la Barca (na imaxe), escritor de teatro español.
- 1786, morre o rei Pedro III de Portugal.
- 1803, nace Ralph Waldo Emerson, escritor e filósofo estadounidense.
- 1895, a policía arresta en Londres o escritor irlandés Oscar Wilde por ser homosexual.
- 1940, iníciase a Batalla de Dunquerque, na Segunda Guerra Mundial.
- 1946, a Xordania independízase, sendo o Emir Abdullah I escollido como rei.
26 de maio (ver • editar)
- 1689, nace Mary Wortley Montagu, escritora de orixe inglés.
- 1896, Nicolao II convértese en tsar.
- 1899, nace Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo (m. 1972).
- 1926, nace Miles Davis, músico de jazz (m. 1991).
- 1966, a Güiana tórnase independente do Reino Unido.
- 1976, morre Martin Heidegger (na imaxe), filósofo alemán (n. 1889).
- 1986, a Unión Europea adopta a súa bandeira.
27 de maio (ver • editar)
- 1332, nace Ibn Khaldun, historiador árabe (m. 1406).
- 1703, o tsar Pedro, o Grande (na imaxe) funda San Petersburgo.
- 1911, nace Vincent Price, actor estadounidense.
- 1922, nace Christopher Lee, actor británico.
- 1960, prodúcese un golpe de estado na Turquía.
- 2006, un terremoto na illa de Xava devasta Bantul e Yogyakarta e mata 6.000 persoas.
28 de maio (ver • editar)
- 585 a. C., prodúcese unha eclipse solar prevista por Tales de Mileto.
- 1509, morre Catarina Sforza, condesa de Forli e unha das mulleres máis importantes do seu tempo en Italia.
- 1787, morre Leopold Mozart, pai de Wolfgang Amadeus.
- 1878, morre Benito Vicetto (na imaxe), escritor, xornalista e historiador galego.
- 1908, nace Ian Fleming, escritor británico, creador de James Bond.
- 1968, nace Kylie Minogue, cantante australiana.
Hoxe é o Día da Hixiene Menstrual e o Día Nacional da Nutrición
29 de maio (ver • editar)
- 1727, Pedro II convértese en tsar.
- 1814, morre Xosefina de Beauharnais, emperatriz consorte de Francia polo seu matrimonio con Napoleón Bonaparte.
- 1917, nace John Fitzgerald Kennedy, presidente de Estados Unidos (m.1963).
- 1958, morre Juan Ramón Jiménez (na imaxe), poeta español, Premio Nobel de Literatura en 1956 (n. 1881).
- 1982, morre Romy Schneider, actriz (n. 1938).
30 de maio (ver • editar)
- 1672, nace Pedro o Grande, tsar de Rusia (m. 1725).
- 1778, morre Voltaire, filósofo francés.
- 1871, derrota da Comuna de París.
- 1895, nace Elisa Fernández de la Vega (na imaxe), primeira muller en estudar nunha universidade galega.
- 1913, asínase o tratado de paz que remata coa Primeira Guerra Balcánica, facendo que a Albania se torne independente.
31 de maio (ver • editar)
- 1469, nace Manuel I, rei de Portugal.
- 1740, morre Frederico Guillerme I de Prusia.
- 1916, ten lugar a Batalla de Xutlandia durante a Primeira Guerra Mundial.
- 1923, nace Rainiero III, príncipe de Mónaco.
- 1953, morre Vladimir Tatlin, pintor e arquitecto ruso.
- 1962, morre Adolf Eichmann, oficial nazi alemán.
Hoxe é o Día Mundial sen Tabaco (na imaxe).