Os Ánxeles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 34°3′14″N 118°14′42″O / 34.05389, -118.24500

Os Ánxeles
Los Angeles
Flag of Los Angeles, California.svg
Seal of Los Angeles, California.svg
New LA Infobox Pic Montage 5.jpg
Os Ánxeles
Localización
Os Ánxeles en Estados Unidos
Os Ánxeles
Os Ánxeles
Os Ánxeles en California
Os Ánxeles
Os Ánxeles
País Flag of the United States.svg Estados Unidos de América
Estado California state flag.png California
Xeografía
Altitude 71 msnm
Superficie 1290,6 km²
Demografía
Poboación 3 857 799 hab.
Densidade 3176 hab./km²
Xentilicio Anxelino [Cómpre referencia]
Outros datos
Alcalde Eric Garcetti (D)
Páxina oficial

Os Ánxeles[1][2][3][4], Los Angeles[5][6][7] ou Los Ángeles[8] (en inglésLos Angeles[lɔːs ˈændʒələs] (AFI)En-us-los-angeles.ogg escoitar, normalmente abreviado como L.A.; en castelánLos Ángeles[los ˈaŋxeles] (AFI)) é a cidade maior do estado de California en canto á poboación, e a segunda cidade máis poboada dos Estados Unidos de América. É unha cidade global con arredor de 3,8 millóns de habitantes e 1214,9 km². A área metropolitana dos Ánxeles - Long Beach - Santa Ana é, así mesmo, fogar de aproximadamente 13 millóns de persoas. A área máis grande dos Ánxeles acolle a unha zona moito maior, que consta de cinco condados e unha poboación aproximada de 18 millóns de persoas.

Os Ánxeles foi fundada en 1781 polo español Felipe de Neve. Formou parte de España e despois de México, cando México gañou a independencia de España en 1821, e ata 1848, cando México cedeu California aos Estados Unidos mediante un tratado ao rematar a guerra entre ámbolos dous. Non foi incorporada como cidade ata o 4 de abril de 1850, cinco meses antes de que California conseguira a condición de Estado. É a capital do condado dos Ánxeles, e o seu nome foi acurtado de "La Ciudad de Nuestra Señora la Reina de Los Ángeles de Porciúncula".

Os Ánxeles é un dos centros do mundo no referente a cultura, ciencia, tecnoloxía, comercio internacional e educación avanzada, e é a sede mundial de coñecidas institucións nun amplo campo profesional e cultural. A cidade e os seus arredores inmediatos lideran o mundo en producións de entretemento, tales como a industria cinematográfica, industria televisiva e industria discográfica, que son a base da fama internacional dos Ánxeles e do seu status global.

O nome da cidade é pronunciado /lɒs ˈændʒəˌlɪs/ polos seus residentes anglofalantes, e /los aŋheles/ polos seus hispanofalantes. Aos habitantes dos Ánxeles chámaselle ás veces "Angelenos" en inglés.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia dos Ánxeles.

A área da costa dos Ánxeles estivo habitada polos tongva (ou gabrieleños), chumash, e por razas de nativos americanos durante miles de anos. Os primeiros europeos que chegaron fixérono en 1542, dirixidos por João Cabrilho, un explorador portugués que proclamou a área Cidade de Deus para o Imperio Español, pero non se quedou. O seguinte contacto foi 227 anos máis tarde cando Gaspar de Portolà, conxuntamente co franciscano pai Juan Crespi, chegaron ao lugar actual dos Ánxeles o 2 de agosto de 1769.

No 1771, o pai Junípero Serra construíu a misión San Gabriel Arcángel preto de Whittier Narrows no que agora é chamado o val de San Gabriel (San Gabriel Valley). O 4 de setembro de 1781, un grupo de 52 colonos procedentes do vicerreinado de Nova España, nos que predominaban os descendentes africanos, saíron da misión de San Gabriel para estableceren unha colonia ao longo das ribeiras do río Porciúncula (agora o río dos Ánxeles). Os devanceiros destes colonos eran indios, filipinos e españois, dos cales dous terzos eran mestizos ou mulatos.

En 1777, o novo gobernador de California, Felipe de Neve, recomendou ao vicerreinado de Nova España que o lugar fora convertido nun "pueblo" (vila). No 1781 fundouse a cidade e foi chamada "El Pueblo de Nuestra Señora la Reina de los Ángeles del Río de Porciúncula," ("A vila da Nosa Señora a raíña dos Ánxeles do río de Porciúncula"). A igrexa de Nuestra Señora Reina de los Ángeles foi o corazón da colonia.

Quedou coma unha vila de ranchos durante décadas, pero arredor de 1820 a poboación crecera ata preto de 650 residentes, converténdose así na comunidade civilizada (non misión) máis grande da California española. Hoxe en día a denominación do "Pueblo" consérvase nun monumento histórico chamado familiarmente Olvera Street, antigamente Wine Street, chamado dese xeito por Agustín Olvera.

Nova España conseguiu a independencia do Imperio Español no 1821, e o "pueblo" seguiu como parte de México. O goberno mexicano rematou durante a guerra mexicano-estadounidense, cando os estadounidenses tomaron o control dos californianos tras unha serie de batallas defensivas que incluíron o asedio dos Ánxeles, a batalla de San Pascual, a batalla de Dominguez Rancho, e finalmente, a batalla do río San Gabriel e a batalla de La Mesa en 1847. O Tratado de Cahuenga, asinado o 13 de xaneiro de 1847, puxo fin á guerra de California. Máis tarde, co Tratado de Guadalupe Hidalgo no 1848, o goberno mexicano cedeulle formalmente Alta California e outros territorios aos Estados Unidos. Europeos e americanos asentaron o control sobre a cidade despois de ter inmigrado a California durante a Gold Rush (febre do ouro) e aseguraron a posterior admisión de California nos Estados Unidos en 1850.

O ferrocarril chegou cando o Pacífico Sur completou a súa liña até Os Ánxeles en 1876. O petróleo descubriuse no 1892, e arredor de 1923 Os Ánxeles estaba a producir un cuarto do petróleo do mundo. O que resultou aínda máis importante para o crecemento da cidade foi a auga: en 1913, conducido por William Mulholland, a finalización do acueduto asegurou o crecemento da cidade. No 1915, a Cidade dos Ánxeles comezou a anexión de ducias de comunidades de veciños que tiñan provisións de auga de seu. O filme de 1974 Chinatown presenta un relato ficticio da guerra da auga de Owens Valley.

Na década de 1920 as industrias cinematográfica e de aviación acudiron en grande número aos Ánxeles e axudaron co seu maior desenvolvemento. A cidade foi a orgullosa anfitrioa dos xogos Olímpicos de 1932 que viron o desenvolvemento das Baldwin Hills coma a vila Olímpica Orixinal. Este período tamén viu a chegada dos exiliados da tensión prebélica que se incrementaba en Europa, incluíndo a notables coma Thomas Mann, Fritz Lang, Bertolt Brecht, Arnold Schoenberg e Lion Feuchtwanger. A II Guerra Mundial levou novo crecemento e prosperidade á cidade, aínda que moitos dos seus residentes xaponés-americanos foron levados a campos de internamento durante o que durou a guerra. Os anos de posguerra viron aínda unha maior prosperidade e unha expansión descontrolada que levaron a cidade ata o Val de San Fernando.

Os disturbios de Watts de 1965 e os "rebentóns" de Chicano High School xunto coa Moratoria de Chicano de 1970 mostrou á nación as profundas divisións raciais que existían na cidade. En 1969, Os Ánxeles foi un dos dous lugares de nacemento da Internet, xa que a primeira transmisión ARPANET se enviou desde UCLA a SRI en Menlo Park. Os Ánxeles foi unha das primeiras cidades en aceptar un proxecto de lei sobre os dereitos dos homosexuais na década de 1970 e a primeira na que na década de 1980 se descubriu a SIDA.

Os Xogos Olímpicos de 1984 celebráronse nos Ánxeles. Entre mediados e finais dos anos oitenta Os Ánxeles foi a capital da escena da música heavy metal. A cidade foi de novo probada polos disturbios dos Ánxeles de 1992, o terremoto de Northridge de 1994, e no 2002, o intento de secesión por parte das seccións do Val de San Fernando e Hollywood da cidade, as cales foron rexeitadas nas votacións. A modernización urbana e o aburguesamento tiveron lugar en varias zonas da cidade, pero máis notablemente no Downtown ou centro.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Topografía[editar | editar a fonte]

De acordo coa oficina do censo dos Estados Unidos, a cidade ten un área total de 1290,6 km², dos cales 1214,9 km² son terra e 75,7 km² son auga. A cidade esténdese 71 km de norte a sur nos seus puntos máis afastados, e 47 km en dirección leste-oeste. O perímetro da cidade é de 550 km. A área terrestre é a novena máis grande das cidades da zona continental dos Estados Unidos.

O punto máis elevado dos Ánxeles é Sister Elsie Peak a 1548 m, que se atopa nos límites do nordeste do Val de San Fernando (San Fernando Valley), parte de Mt. Lukens. O río dos Ánxeles é en grande parte un río estacionario que flúe a través da cidade, coa súa cabeceira no Val de San Fernando. A súa lonxitude é case enteiramente lineal e concreta.

Strelitzia reginae3.jpg

A área dos Ánxeles é especialmente rica en plantas autóctonas. Coas súas praias, dunas, pantanos, outeiros, montes e ríos, a área contén un número importante de hábitats. O máis frecuente é a matagueira costeira, que cobre as ladeiras. As especies autóctonas inclúen: a papoula de California, a romneya, heteromeles arbutifolia, quercus agrifolia, o centeo xigante salvaxe, entre moitas outras. Desafortunadamente moitas destas especies, coma o Helianthus nuttallii subesp. parishii, fixéronse tan raras que están consideradas en perigo de extinción.

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Sinal preto do Concello dos Ánxeles sinala a orientación das cidades irmás.

Os Ánxeles posúe 25 cidades irmás:[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega. VVAA. Editorial Galaxia. 2004
  2. "Ánxeles, Os". Diciopedia do século 21 1. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 162. 
  3. Os Ánxeles en Sanmartín, G. (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua UDC. ISBN 978-84-9749-504-2.
  4. Os Ánxeles en Rodríguez, Anaír e Davila, Montserrat (2004) Lingua galega: dúbidas lingüísticas UVIGO ISBN 84-8158-266-2.
  5. "Los Angeles". Diccionario enciclopédico galego universal 39. Ir Indo para La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 20. ISBN 84-7680-429-6. 
  6. "Los Angeles". Enciclopedia Galega Universal 11. Ir Indo. 1999-2002. p. 259. ISBN 84-7680-288-9. 
  7. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). "Los Angeles". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 162 B3. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  8. "Ángeles, Los" en Faginas, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos". Libro de estilo de La Voz de Galicia (PDF) (1ª ed.). pp. 174–186. ISBN 84-9757-065-0. 
  9. "Sister Cities of Los Angeles." 22 de febreiro, 2007.[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Estado Pob. Listaxe Cidade Estado Pob.
Top of Rock Cropped.jpg
Nova York
East LA Basin from Mulholland.jpg
Os Ánxeles
Sears Tower from Hancock Observatory.jpg
Chicago
1 Nova York Nova York 8.274.527 11 Detroit Míchigan 916.952
2 Os Ánxeles California 3.834.340 12 Jacksonville Florida 805.605
3 Chicago Illinois 2.836.658 13 San Francisco California 799.183
4 Houston Texas 2.208.180 14 Indianapolis Indiana 795.458
5 Phoenix Arizona 1.552.259 15 Columbus Ohio 747.755
6 Filadelfia Pensilvania 1.449.634 16 Austin Texas 743.074
7 San Antonio Texas 1.328.984 17 Fort Worth Texas 681.818
8 San Diego California 1.266.731 18 Memphis Tennessee 674.028
9 Dallas Texas 1.240.499 19 Charlotte Carolina do Norte 671.588
10 San Jose California 939.899 20 Baltimore Maryland 637.455
Datos do censo de 2007. Véxanse tamén as principais cidades segundo o censo de 2000