Marguerite Yourcenar
Marguerite Yourcenar | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Marguerite Antoinette Jeanne Marie Ghislaine Cleenewerck de Crayencour |
Nacemento | 8 de xuño de 1903 |
Lugar de nacemento | Bruxelas |
Falecemento | 17 de decembro de 1987 |
Lugar de falecemento | Mount Desert Island (Estados Unidos) |
Nacionalidade | Francia, Estados Unidos de América e Bélxica |
Ocupación | novelista, poeta, ensaísta, tradutora, profesora universitaria, escritora, dramaturga e crítico literario |
Pai | Michel de Crayencour |
Nai | Fernande de Cartier de Marchienne |
Xéneros | novela, teatro, ensaio, poesía |
Coñecida por | Memórias de Adriano, A Obra ao Negro, Alexis ou o Tratado do Vão Combate, Oriental Tales, Archives du Nord e Mishima: A Vision of the Void |
Premios | comendador da Lexión de Honor, Prêmio Femina, Premio Erasmus, Prince Pierre Award, Grande prémio de literatura da Academia francesa, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Grand prix national des Lettres |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Marguerite Antoinette Jeanne Marie Ghislaine Cleenewerck de Crayencour, coñecida como Marguerite Yourcenar, nada en Bruxelas (Bélxica) o 8 de xuño de 1903 e finada en Mount Desert Island (EUA) o 17 de decembro de 1987, foi unha poeta, novelista, autora de teatro e tradutora francesa. En 1983 foi galardoada co Premio Erasmus.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Marguerite Yourcenar foi educada polo seu pai. Súa nai morreu aos 10 días do seu nacemento por complicacións no parto. Yourcenar lía a Racine e Aristófanes á idade de oito anos. Seu pai ensinoulle latín aos 10 e grego clásico aos 12.
Carreira literaria[editar | editar a fonte]
A partir de 1919, abandona o seu nome de pía e empeza a firmar como Marguerite Yourcenar (Yourcenar é un anagrama do seu apelido). A súa primeira novela Alexis foi publicada en 1929. A súa mellor amiga nese momento, unha tradutora chamada Grace Frick, invítaa a Estados Unidos, onde dará clases de Literatura comparada na cidade de Nova York. Yourcenar e Frick faranse amantes en 1937 e seguirían xuntas ata a morte de Frick en 1979 a consecuencia dun cancro de mama.
Traduciu ao francés As ondas de Virginia Woolf, en 1937, O que Maisie sabía, de Henry James, en 1947 e a Yukio Mishima.
En 1951 publica en Francia a novela Memorias de Hadrián, na que estivo traballando durante unha década. A novela tivo un éxito inmediato e unha grande acollida por parte da crítica. Nela Yourcenar recrea a vida e morte dunha das figuras máis importantes do mundo antigo, o emperador romano Hadrián. A obra está escrita a modo de longa carta do emperador a Marco Aurelio, ao seu sucesor e fillo adoptivo. Hadrián explica o seu pasado, describindo os seus triunfos, o seu amor por Antínoo e a súa filosofía. Memorias de Hadrián foi unha novela pioneira, que tivo moita influencia na novelística histórica posterior, converténdose nunha obra mestra moderna.
Foi a primeira muller elixida membro da Academia francesa en 1980, aínda que dende 1970 xa pertencía á Academia belga. Unha das máis respectadas escritoras en lingua francesa, tras o éxito de Memorias de Hadrián, seguiu publicando novela, ensaio, poesía e tres volumes de memorias.
Yourcernar viviu a maior parte da súa vida na súa casa Petite Plaisance en Mount Desert Island no estado de Maine. A casa é agora un museo dedicado á súa memoria.
Obra[editar | editar a fonte]
- Le jardin des chimères (1921) poemas
- Les dieux ne sont pas morts (1922) poemas
- Alexis ou le traité du vain combat (1929) novela
- La nouvelle Eurydice (1931)
- 1934 novela
- Feux (1936) poema en prosa
- Les songes et les sorts (1938)
- Nouvelles orientales (1938)
- Le coup de grâce (1939)
- Memorias de Hadrián (Mémoires d'Hadrien, 1951) novela, traducida ao galego por Ánxela Gracián.
- Électre ou La chute des masques (1954)
- Les charités d'Alcippe (1956)
- A beneficio de inventario (1962) (ensaios)
- L'Œuvre au noir, Prix Femina (1968)
- Recordatorios (1973) (primeira parte da triloxía familiar O labirinto do mundo)
- Souvenirs pieux (1974)
- Archives du Nord (1977) (segunda parte da triloxía familiar O labirinto do mundo)
- Le cerveau noir de Piranèse (1979, ensaio)
- Mishima ou la vision du vide (1980, ensaio)
- Un homme obscur (1981)
- Ana, soror (1981) [2]
- Como a auga que flúe (1982)
- Le temps, ce grand sculpteur (1983, ensaios)
- Quoi? L'Éternité (1988) (terceira parte da triloxía familiar O labirinto do mundo publicada postumamente; inacabada)
- Peregrina e estranxeira (1989) (recompilación póstuma de ensaios)
- Conto azul (Conte bleu, 1993; traducido ao galego por María Xosé Queizán)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015.
- ↑ Traducida ao galego por G. Constenla, M.ª X. Queizán e Esther Sánchez.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marguerite Yourcenar ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nota da Academia francesa (en francés).
- Biografía sucinta (en inglés).