Saltar ao contido

Sarah Bernhardt

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaSarah Bernhardt

(1880) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Sara Marie Henriette Bernhardt Editar o valor en Wikidata
23 de outubro de 1844 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1923 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
17.º arrondissement de Paris, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteuremia
insuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 44 48°51′41″N 2°23′43″L / 48.8613269, 2.3953839
Grave of Bernhardt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
299ª Sociétaire of the Comédie-Française (en) Traducir
1875 – 1880 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo xudeu Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatoire national supérieur d'art dramatique Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de teatro, escritora, bailarina, actriz de cinema, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1862 Editar o valor en Wikidata -
ProfesoresJean-Baptiste Provost (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosLucie Manvel, Georges Le Roy (pt) Traducir, Nellie Yu Roung Ling e Lizzie Yu Der Ling Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeJacques Damala (1882–1889) Editar o valor en Wikidata
ParellaSamuel Pozzi Editar o valor en Wikidata
FillosMaurice Bernhardt
 () Editar o valor en Wikidata
PaisEdouard Bernhardt Editar o valor en Wikidata  e Judith-Julie Bernardt Editar o valor en Wikidata
IrmánsJeanne Bernhardt Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
29 de marzo de 1923Funeral (Saint-François-de-Sales Church (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бернар Сара)
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0076800 Allocine: 34672 Allmovie: p5810 IBDB: 9688
BNE: XX972653 Spotify: 0smRTdqFOUV9zYf3m2i2ex Musicbrainz: 3db2adb7-5363-4b72-bc2f-e66c1e45e99a Discogs: 1379671 IMSLP: Category:Bernhardt,_Sarah WikiTree: Bernardt-3 Find a Grave: 1333 Editar o valor en Wikidata

Henriette-Marie-Sarah Bernhardt ou Rosine Bernard[1] coñecida como Sarah Bernhardt, nada o 22 de outubro de 1844 en París e morta o 26 de marzo de 1923 na mesma cidade, e soterrada no cemiterio do Père-Lachaise, foi unha actriz de teatro francesa e tamén dos primeiros anos do cine mudo, considerada unha das mellores actrices de todos os tempos.[2][3] En 1914 foille concedida a Lexión de Honra polas súas condicións artísticas.[4]

Naceu probablemente o 22 de outubro de 1844 no número 5 da rúa École de Médecine de París.[5] Tiña o cabelo de cor loura escura e os ollos azul cobalto. A súa nai era unha muller de relixión xudía, de orixe holandesa chamada Julie Bernardt, de alcume "Youle", que se gañaba a vida como prostituta de luxo xunto coa súa irmá, Rosina Bernardt. Sarah Bernhardt nunca soubo quen foi o seu pai biolóxico e daba o nome do irmán da súa nai, Édouard Bernardt, coma nome do seu pai.

Sarah Bernhardt en La Dame aux camélias

Sarah pasou os primeiros catro anos da súa vida na Bretaña ao coidado dunha ama de leite. A primeira lingua que Sarah coñeceu foi o bretón e por esta razón, ao iniciar a súa carreira teatral, adoptou a forma bretoa do seu apelido: Bernhardt. Nesta época sufriu un accidente que moitos anos despois lle causaría graves problemas de saúde: caeu por unha fiestra rompendo o xeonllo dereito. Aínda que sandou sen problemas, o xeonllo quedoulle delicado para sempre e en 1914 por mor dunha dolorosísima inflamación do xeonllo terían que lle amputar a perna dereita. Tralo accidente, a súa nai levouna con ela a París onde permaneceu dous anos.

A piques de cumprir os sete anos ingresou na Institución Fressard, un internado para señoritas próximo a Auteuil, onde permaneceu dous anos. En 1853 ingresou no colexio conventual Grandchamp, próximo a Versalles. Neste colexio participou por primeira vez nunha obra teatral, Tobías recupera a vista, escrita por unha das monxas. Tamén aquí foi bautizada e fixo a primeira comuñón. O ambiente místico do colexio levouna a pensar en se facer monxa.

Actriz e cortesá

[editar | editar a fonte]

Tras abandonar Grandchamp aos quince anos, a súa nai tratou de introducila no mundo licencioso para que gañase a vida como prostituta de luxo, pero Sarah, influenciada pola súa educación relixiosa, negouse repetidamente. Julie Bernard tiña un salón en París onde se reunían os seus clientes, entre os que estaba o medio irmán de Napoleón III, o duque de Morny. Morny aconsellou que Sarah se inscribise no Conservatoire de musique et déclamation, onde grazas aos contactos do duque, a rapaza entrou sen dificultade en 1859. En 1861 gañou un segundo premio en traxedia e unha mención honorífica en comedia.

Finalizados os estudos no Conservatorio, entrou, de novo grazas aos influentes contactos de Morny, na Comédie-Française, o teatro máis prestixioso de Francia, onde debutou o 11 de agosto de 1862 coa obra Iphigénie de Jean Racine. O seu forte carácter fixo que xurdisen tensións cos seus compañeiros polo que deixou a Comédie en 1863. Tres semanas despois contratouna o Teatro Gymnase onde realizou sete pequenos papeis en diferentes obras e onde actuou por última vez o 7 de abril de 1864 na obra Un mari qui lance sa femme.

Nese ano coñeceu a un dos grandes amores da súa vida, Charles-Joseph Lamoral, príncipe de Ligne, co que iniciou unha apaixonada relación ata que quedou embarazada e o príncipe a abandonou. O 22 de decembro de 1864 deu a luz o seu único fillo, Maurice Bernhardt.

Sen un oficio e despois de fracasar momentaneamente no mundo do teatro, seguiu os pasos da súa nai converténdose en prostituta de luxo. Sarah non abandonou a actividade como cortesá ata que a súa carreira teatral se afianzou co éxito e puido manterse só co que lle reportaba o traballo no teatro.

Primeiros éxitos

[editar | editar a fonte]

Tres anos máis tarde, en 1867 debutou no Teatro do Odéon con Les femmes savantes ("As mulleres sabias") de Molière. Alí empezou a súa verdadeira carreira profesional, aínda que participou en moitas montaxes teatrais alternando o teatro coa vida licenciosa. A fama chegoulle repentinamente en 1869 con Le passant de François Coppée, unha obra en verso dun só acto na que Sarah fixo por primeira vez un papel masculino, o do trobador Zanetto. Volvería facer de home en varias obras máis: Lorenzaccio, Hamlet e L'Aiglon.

En 1870, durante a guerra franco-prusiana, o Odeón foi habilitado como hospital para convalecentes, onde coidou con dedicación os feridos de guerra. En 1871 o improvisado hospital tivo que ser pechado por problemas de salubridade.

Sarah Bernhardt no papel de raíña en Ruy Blas.
Foto anónima. ano 1879.

Trala derrota francesa e a caída de Napoleón III, moitos intelectuais exiliados por estaren en contra do emperador puideron regresar a Francia, entre eles Victor Hugo. O regreso de Hugo foi transcendental na vida de Bernhardt xa que o escritor a elixiu para protagonizar a reestrea da súa obra Ruy Blas e ademais ela protagonizou outra obra de Hugo: Hernani. Ruy Blas elevouna a cotas de éxito inimaxinables. Regresou á Comédie-Française coma unha grande estrela e alí afianzou o seu repertorio e os seus múltiples rexistros como actriz.

Artista polifacética

[editar | editar a fonte]
Le Fou et la Mort, escultura en bronce de Sara Bernhardt realizada en 1877. Exponse no Museo de Belas Artes de Dijon.

O estilo de interpretación de Bernhardt baseábase na naturalidade. Anoxaba profundamente as vellas normas do teatro francés onde os actores declamaban histrionicamente con xestos exaxerados. Ela rompeu con todo o establecido profundando na psicoloxía dos personaxes. Estudaba cada aceno e cada entoación do texto que debía dicir buscando a perfección natural sen que se notase ningún tipo de artificio. Destaca na súa arte que, representando a grandes heroínas de traxedia ou raíñas, sempre fuxiu da sobreactuación e da afectación. Foron famosas as súas escenas de morte, nas que no canto de, segundo as súas propias palabras, "ofrecer toda unha sarta de patoloxías" tales como estertores, toses e queixumes agónicos, tentou profundar no que representa o acto de morrer desde o punto de vista psicolóxico e sentimental.

Sarah Bernhardt.

Á parte da súa profesión de actriz, interesouse pola escultura e a pintura, chegando a expoñer no Salón de París varias veces, entre os anos 1874 e 1896. Recibiu distintos premios e mencións honoríficas en ambas as disciplinas. Escribiu tamén tres libros: a súa autobiografía titulada Ma double vie, amais de Petite idole e L'art du théâtre: La voix, le geste, la prononciation.

Bernhardt especializouse en representar as obras en verso de Jean Racine, tales como Iphigénie, Phèdre ou Andromaque. Destacou especialmente, entre moitas outras, en La Dame aux camélias, de Dumas fillo, Théodora, de Sardou, L'Aiglon, de Edmond Rostand, Izéïl, de Silvestre e Morand, Macbeth, de Shakespeare ou Jeanne D'Arc de Jules Barbier.

Xiras por todo o mundo

[editar | editar a fonte]

En 1879 realizou a súa primeira saída de Francia, concretamente a Inglaterra onde permaneceu seis semanas ofrecendo dúas representacións diarias e obtivo un éxito rotundo. Cando chegou ao seu país tivo un gran recibimento. Nesta primeira visita coñeceu un novo escritor chamado Oscar Wilde, do que anos máis tarde, en 1893, aceptaría representar a súa obra Salomé. Tamén, nese mesmo ano, Sarah foi ascendida a "socia plena" da Comédie-Française. Os "socios plenos" son a xerarquía máis alta desta institución.

Tralo seu espectacular éxito en Inglaterra decidiu realizar a súa primeira xira americana. Partiu cara aos Estados Unidos o 15 de outubro de 1880 onde acadou un éxito total. Bernhardt faría repetidas xiras polos Estados Unidos (as súas famosas "xiras de despedida") e tamén percorreu toda América do Sur, actuando no Brasil, o Perú, a Arxentina e Chile entre outros países. Viaxaba en tren e en barco e chegou a cruzar o Cabo de Fornos. Nos Estados Unidos o seu éxito era tal que lle habilitaron un tren con sete vagóns de luxo chamado "Sarah Bernhardt Special" que era de uso exclusivo da actriz. As súas xiras chegaron tamén a Australia, visitou as illas Hawai e actuou en Exipto e mais en Turquía. Tamén percorreu Europa, visitando Moscova, Berlín, Bucarest, Roma ou Atenas, actuando no seu periplo non só en grandes teatros senón tamén noutros de ínfima categoría. Non chegou a actuar no continente asiático.

Vida familiar

[editar | editar a fonte]

A súa vida familiar non foi sinxela. Tivo unha relación tensa e distante coa súa nai, Julie, que nunca foi unha nai cariñosa e preocupada pola filla, e este feito fixo que Sarah sempre buscase a súa aprobación e o seu afecto. Julie Bernard sentía predilección tan só pola súa filla Jeanne e descoidou totalmente a educación da filla máis nova, Régine. Sarah Bernhardt sentía predilección pola súa irmá máis nova Régine e cando logrou ser independente levouna a vivir con ela para afastala da nai e das intencións desta de convertela tamén nunha cortesá. Lamentablemente, non o conseguiu e Régine converteuse en prostituta aos 13 anos, morrendo aos 18, en 1873, a causa da tuberculose.

A súa outra irmá, Jeanne, tamén foi cortesá durante unha época, cando tiña necesidade de diñeiro. Para apartala da mala vida, Bernhardt levouna coa súa compañía en varias das súas xiras americanas e europeas. Era unha actriz mediocre, pero facía pequenos papeis e puido levar unha vida de luxo xunto á súa irmá Sarah. Sábese que sufriu crises neuróticas debido á súa adicción á morfina e que estivo ingresada no hospital da Pitié-Salpêtrière de París, baixo o coidado do doutor Jean-Martin Charcot. En cambio, o fillo de Sarah, Maurice, sempre estivo moi unido á súa nai. Viviu sempre á súa sombra, malgastando auténticas fortunas no xogo, en viaxes e nunha vida regalada.

Vida sentimental

[editar | editar a fonte]
Sarah Bernhardt en 1878.

Bernhardt tivo unha axitada vida sentimental, na que destacan nomes como Gustave Doré, Victor Hugo, Jean Mounet-Sully, Jean Richepin, Philippe Garnier, Gabriele d'Annunzio, e Eduardo, Príncipe de Gales, entre outros.

Casou unha soa vez, cun oficial grego chamado Jacques Aristidis Damala, nado no Pireo en 1842, fillo único dun rico armador e adicto á morfina. Bernhardt casou con el o 4 de abril de 1882 e o matrimonio foi moi tempestuoso. Sarah intentou converter en actor a Damala, impartiulle clases de actuación e deulle o papel de Armand Duval en La Dame aux camélias, pero fracasou.

Éranse infieis mutuamente e un día Damala, incómodo polo éxito da súa muller e mais polas constantes burlas dos actores da compañía de Bernhardt e a mala relación con Maurice Bernhardt, alistouse na Lexión francesa sendo destinado a Alxeria. Meses máis tarde regresou con Sarah e as separacións e reconciliacións foron continuas ata que Sarah decidiu ir de xira por todo o continente americano en 1887 e Damala xa non a acompañou, co que chegou a separación definitiva. Permaneceron casados ata a morte de Damala, en 1889, polos efectos secundarios do abuso continuado de morfina, á idade de 42 anos. Bernhardt enterrouno en Atenas e adornou a súa tumba cun busto tallado por ela mesma.

Empresaria teatral

[editar | editar a fonte]

Sarah Bernhardt foi tamén a primeira actriz-empresaria do mundo do espectáculo. A raíz dunha relación moi tensa co director da Comédie-Française, Perrin, Bernhardt rompeu o seu contrato e dimitiu como "socia plena" o 18 de marzo de 1880. A Comédie preiteou contra ela gañando o xuízo, polo que Sarah Bernhardt tivo que renunciar aos 43.000 francos que tería de pensión se permanecese un mínimo de 20 anos na Comédie e mais foi condenada a unha multa de 100.000 francos que a actriz nunca chegou a pagar.

Trala súa triunfal primeira xira americana, que lle fixo gañar unha gran fortuna, Bernhardt arrendou o teatro Porte-Saint-Martin en 1883, no que produciu e actuou en obras como Frou-Frou e La Dame aux camélias, entre outras. Durante as xiras, o teatro permanecía aberto e estreábanse obras continuamente con distinto éxito comercial. Bernhardt non dubidaba en apoiar o teatro de vangarda, así que ademais do repertorio clásico, no Porte-Saint-Martin estreábanse obras de novos autores que se afastaban do teatro tradicional.

Tras algúns anos, Bernhardt arrendaría o Théâtre da Renaissance, onde representou moitas obras de éxito, ata que en 1899 arrendou por 25 anos o gran Théâtre das Nations, único teatro onde actuaría en Francia durante os últimos 24 anos da súa vida.

Século XX: o cine

[editar | editar a fonte]

O século XX empezou cun grande éxito, L'Aiglon, de Edmond Rostand. A obra, estreada o 15 de marzo de 1900, obtivo un éxito sen precedentes. Sarah fixo 250 representacións de L'Aiglon e tras isto, realizou outra xira polos Estados Unidos para representala, acadando un enorme éxito no Metropolitan Opera House de Nova York.

Tamén probou sorte co recentemente nado cine. En 1900 interpretou a Hamlet na película Le Duel d'Hamlet, na que as imaxes ían acompañadas con efectos de son dun cilindro de Edison, o fonógrafo. En 1906 rodou La Dame aux camélias, con Lou Tellegen, o seu amante daquela, facendo de Armand Duval. Cando Bernhardt viu a película arrepiouse e mandou destruír o negativo, que afortunadamente aínda existe. Rodou tamén La Reine Elisabeth dirixida por Louis Mercanton e, en 1913, Jeanne Doré, dirixida por Tristan Bernard. Esta película, conservada na Cinémathèque Française, de París, considérase a mellor actuación cinematográfica de Bernhardt e onde mellor se pode observar a súa arte interpretativa.

Derradeiros anos: amputación e morte

[editar | editar a fonte]
Tumba de Sarah Bernhardt.

En 1914 foille concedida a Lexión de Honra, a máis importante das condecoracións francesas.

En 1915 o xeonllo da perna dereita, a mesma que fracturara de nena, chegara a provocarlle dores insoportables. Para complicar máis as cousas, durante unha interpretación da obra dramática La Tosca, a mesma obra que Puccini faría triunfar máis tarde na súa adaptación ao xénero operístico, na última escena, cando a heroína se lanza por un barranco, non se tomaron as medidas de seguridade adecuadas, e Sarah lanzouse mancándose na perna.

Aínda que había xa varios anos que padecía molestias constantes na perna, durante o ano 1914 foi empeorando ata que non houbo outro remedio que amputarlla en febreiro de 1915. Unha vez recuperada da amputación e xa empezada a primeira guerra mundial, a actriz, con máis de 70 anos, decidiu realizar unha xira detrás das trincheiras francesas facendo actuacións para animar as tropas. Organizou varias xiras coa súa compañía e percorreu toda Francia. Aínda coa perna amputada, Sarah Bernhardt seguiu actuando; recitaba monólogos e poemas ou representaba actos famosos do seu repertorio nos que non tiña que estar de pé.

Seguiu tamén participando en películas trala guerra, mais a súa saúde foi empeorando ata sufrir un gravísimo ataque de uremia que estivo a piques de matala. En 1922 vendeu a súa mansión no campo de Belle-Île-en-Mer, onde rodara anos antes unha película-documental sobre a súa vida. Cando lle chegou a morte estaba rodando unha película, La voyante. A rodaxe realizábase na súa casa, no Boulevard Péreire, posto que a actriz estaba xa moi delicada de saúde. O 15 de marzo de 1923, tras rodar unha escena, quedou totalmente esgotada ata que se desmaiou e xa nunca se recuperou. Once días máis tarde, o 23 de marzo, falecía en brazos do seu fillo Maurice.

O seu enterro foi multitudinario: uns 150.000 franceses acudiron a despedila. Foi inhumada no cemiterio parisiense do Père-Lachaise.

Malia ser chamada "a divina Sarah" polo seu carácter excéntrico e caprichoso, Sarah Bernhardt traballou en innumerables proxectos teatrais demostrando un carácter perseverante, unha gran profesionalidade e unha gran dedicación á súa arte, como actriz e como promotora teatral.

Outros feitos

[editar | editar a fonte]
Sarah Bernhardt nunha foto de Nadar
  • Non era unha persoa relixiosa, e unha vez afirmou: "Rezar? Nunca! Son atea."[6] Así a todo, foi bautizada como católica, e aceptou os últimos sacramentos antes da súa morte.[7]
  • Durante toda a súa vida sufriu medo escénico. Cando tiña unha estrea importante ou se sentía baixo presión dábanlle ataques de pánico. Afortunadamente para ela, o tipo de medo que sufría facíaa actuar con nerviosismo e poñendo unha voz aguda e cando levaba un tempo en escena, o pánico cedía.
  • Foi a primeira actriz que representou, en diferentes ocasións, tanto o papel de Hamlet coma o de Ofelia.
  • Unha vez tendo que representar Hamlet en Edimburgo, a compañía de Bernhardt atopou que o vestiario non chegara a tempo e tiveron que representar a inmortal obra de Shakespeare vestidos con saias escocesas.
  • Protexeu e enalteceu o pintor e cartelista Alfons Mucha, cuxos traballos foron un punto de referencia do Art Nouveau francés. Mucha, de orixe checa, non só fixo os carteis anunciando as obras de teatro de Bernhardt senón que tamén lle deseñou vestiario, xoias e a decoración do Théâtre da Renaissance. Tamén foi solicitado por moitas empresas e comerciantes para que deseñase os anuncios dos seus produtos en revistas e periódicos. O estilo e os deseños de Mucha en publicidade foron imitados ata a saciedade por moitos debuxantes e empresarios da época.
  • Sendo moza, durante unha época na que necesitaba cartos, posou núa para o fotógrafo Gaspard-Félix Tournachon, coñecido coma Nadar. Posou moitas veces, tanto en fotografías eróticas coma artísticas, para este fotógrafo co que compartiu unha grande amizade. Máis tarde, xa famosa, protexeu e posou para o fillo do fotógrafo, que seguira os mesmos pasos profesionais có pai.
  • Foi unha defensora incondicional de Alfred Dreyfus no caso chamado Affaire Dreyfus, dando apoio tamén abertamente a Émile Zola no seu célebre artigo de denuncia J'accuse ("Eu acuso"), onde se denunciaba que o oficial xudeu Dreyfus era o cabeza de turco dun complot no seo do exército francés e vítima dun exacerbado antisemitismo.
  • É certo que Sarah Bernhardt posuía un ataúde e que adoitaba durmir dentro del. Hai unha lenda que di que llo comprara un amante afeccionado aos temas macabros; a realidade, non obstante, é que o comprou ela mesma, posto que sentía unha fascinación especial polos temas fúnebres. Chegou mesmo a deixarse fotografar metida no cadaleito e facendo a morta. As fotografías comercializáronse e tiveron un grande éxito. Hoxe en día aínda se poden atopar en mercados de antigo ou en coleccións privadas.
  • Sempre tivo moita mala sorte nos xogos de azar e algúns xogadores supersticiosos non a querían ter preto da mesa de xogo cando Bernhardt xogaba nos casinos de Montecarlo ou Niza.
  • Gustábanlle os animais e chegou a ter, en diferentes épocas da súa vida, un león, un tigre, papagaios, un mono nomeado Darwin, un crocodilo e varios cans.

Traxectoria artística

[editar | editar a fonte]
  • 1878: Dans les nuages, Impressions d'une chaise
  • 1888: L'Aveu, drame en un acte en prose
  • 1907: Adrienne Lecouvreur, drame en six actes
  • 1907: Ma double vie
  • 1911: Un coeur d'homme, pièce en quatre actes
  • 1920: Petite idole
  • 1921: The Idol of Paris
  • 1923: L'art du théâtre: la voix, le geste, la prononciation etc.

Obras de teatro

[editar | editar a fonte]
Sarah Bernhardt en Cléopâtre.
Sarah Bernhardt en Ruy Blas.
Cartel de Alfons Mucha para La Dame aux Camélias.
  • 1862: Iphigénie, de Jean Racine, (no rol principal, o seu debut).
  • 1862: Valérie, de Eugène Scribe.
  • 1862: Les femmes savantes, de Molière.
  • 1864: Un mari qui lance sa femme, de Labiche e Deslandes.
  • 1866: La biche aux bois, de Théodore e Hippolyte Cogniard.
  • 1866: Phèdre, de Racine, (como Aricie).
  • 1866: Le jeu de l'amour et du hasard, de Marivaux, (como Silvia).
  • 1867: Les femmes savantes, de Molière, (como Armande).
  • 1867: Le marquis de Villemer, de George Sand.
  • 1867: François le Champi, de George Sand, (como Mariette).
  • 1868: Kean, de Alexandre Dumas (pai), (como Anna Damby).
  • 1869: Le passant, de Coppée, (como o trobador Zanetto, o seu primeiro éxito no escenario).
  • 1870: L'autre, de George Sand.
  • 1871: Jeanne-Marie, de Theuriet.
  • 1871: Fais ce que dois, de Coppée.
  • 1871: La Baronne, de Édouard Foussier e Charles Edmond
  • 1872: Mademoiselle Aïssé, de Bouilhet.
  • 1872: Ruy Blas, de Victor Hugo, (como Dona Maira de Neubourg).
  • 1872: Mademoiselle de Belle-Isle, de Dumas pai, (como Gabrielle).
  • 1872: Britannicus, de Racine (como Junie).
  • 1872: As vodas de Fígaro, de Pierre-Augustin de Beaumarchais.
  • 1872: Mademoiselle de la Seiglière, de Sandeau, (como Chérubin).
  • 1873: Dalila, de Feuillet, (como Princesa Falconieri).
  • 1873: Chez l'avocat de Ferrier.
  • 1873: Andromaque de Racine, (como Andrómaca).
  • 1873: Phèdre, de Racine, (como Aricie).
  • 1873: Le Sphinx, de Feuillet.
  • 1874: Zaire, de Voltaire.
  • 1874: Phèdre, de Racine, (como Fedra).
  • 1875: La fille de Roland, de Bornier.
  • 1875: L'étrangère, de Dumas fillo, (como Mrs. Clarkson).
  • 1875: Rome vaincue, de Parodi, (como o cego Posthumia).
  • 1877: Hernani, de Hugo, (como Dona Sol).
  • 1879: Mithridate, de Racine, (como Monime).
  • 1879: Phèdre, de Racine, (como Fedra).
  • 1880: L'aventurière, de Émile Augier.
  • 1880: Adrienne Lecouvreur, de Legouvé e Scribe
  • 1880: Frou-Frou, de Meilhac e Halévy.
  • 1880: La Dame aux camélias, de Dumas fillo, (como Marguerite).
  • 1882: Fédora, de Sardou.
  • 1882: Théodora, de Sardou, (como Teodora, emperatriz de Bizancio).
  • 1882: La Tosca, de Sardou.
  • 1882: La Princesse Georges, de Dumas fillo.
  • 1890: Cléopâtre, de Sardou, (como Cleopatra).
  • 1893: Les rois de Lemaître.
  • 1894: Gismonda, de Sardou.
  • 1895: Amphytrion, de Molière
  • 1895: Magda, tradución da obra Heimat de Sudermann.
  • 1896: La Dame aux camélias, de Dumas fillo.
  • 1896: Lorenzaccio, de Alfred de Musset, (como Lorenzino de Medici).
  • 1897: Spiritisme, de Sardou.
  • 1897: La samaritaine, de Edmond Rostand.
  • 1897: Les mauvais bergers, de Octave Mirbeau.
  • 1898: Médée, de Catulle Mendès
  • 1898: La Dame aux camélias, (como Marguerite Gautier).
  • 1898: Jeanne d'Arc, de Barbier, (como Xoana de Arco).
  • 1898: Izéïl, de Morand e Sylvestre, (como Izéïl).
  • 1898: King Lear, de Shakespeare, (como Cordelia).
  • 1899: Hamlet, de Shakespeare, (como Hamlet).
  • 1899: Antony and Cleopatra", de Shakespeare, (como Cleopatra).
  • 1898: Macbeth, de Shakespeare, (como Lady Macbeth).
  • 1898: Pierrot assassin, de Richepin, (como Pierrot).
  • 1900: L'Aiglon, de Rostand, (como o Aiglon).
  • 1903: La sorcière, de Sardou.
  • 1904: Pelléas et Mélisande, (como Pelleas) de Maurice Maeterlinck.
  • 1906: La Dame de la mer (Fruen fra havet), de Ibsen.
  • 1906: La vierge d'Avila, de Mendès, (como santa Teresa).
  • 1911: Queen Elizabeth, de Moreau, (como a raíña Isabel).
  • 1913: Jeanne Doré, de Bernard, (como Jeanne Doré).

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Retrato de William Downey.

Gravacións

[editar | editar a fonte]
Georges Clairin (1843–1919): Sarah Bernhardt. Óleo sobre lenzo.
  • Phèdre (1902)
  • Le Lac (1902)
  • La Fiancée du timbalier (1902)
  • Lucie (1902)
  • Le lac (1903)
  • La samaritaine (1903)
  • Les vieux (1903)
  • Un évangile (1903)
  • Phèdre (1903)
  • La mort d'Izéil (1903)
  • La rêverie de Théroigne de Méricourt (1903)
  • Un peu de musique (1903)
  • L'Aiglon (1910)
  • Phèdre (1910)
  • Les bouffons (1908)
  • La samaritaine (1910)
  • Létoile dans la nuit (1918)
  • Prière pour nos ennemis (1918)
  1. Ou Henriette Marie Sarah segundo outras fontes [1] e [2].(en francés)
  2. biography.com. "Sarah Bernhardt Biography" (en inglés). Consultado o 26 de decembro do 2015. 
  3. Gottlieb, Robert. "The Drama of Sarah Bernhardt" (en inglés). Consultado o 4/08/2013. 
  4. "Britannica Concise Encyclopedia entry for Sarah Bernhardt". Consultado o 18-10-2007. 
  5. Afirmouse que Bernhardt ás veces celebrou o seu aniversario o 23 de outubro, aínda que non hai comprobación desta reclamación. Sobre a data de nacemento non se sabe con certeza o día nin o mes. Suponse o 22 ou 23 de outubro. Sábese que foi bautizada en 1857, cando tiña uns 12 anos, pero perdeuse o rexistro. A data de nacemento a partir dun certificado de bautismo redactado á idade de 12 anos non sería fiable como fonte primaria, e só pode ser utilizado para corroborar outras probas. No L'art du théâtre, o profesor Ockman describe a procura dun recorte de xornal non identificado na Biblioteca da Comédie Française, en París, que incluía unha copia dun certificado bautismal dicindo que Bernhardt naceu o 25 de setembro de 1844. Na autobiografía de Bernhardt de 1907, Ma double vie (A miña dobre vida) non fai referencia á súa data de nacemento.
  6. "Positive Atheism's Big List of Quotations: Sarah Bernhardt" (en inglés). Consultado o 18-10-2007. 
  7. .Sarah Bernhardt in the Theatre of Films and Sound Recordings, by David W. Menefee, McFarland & Company, Inc, 2003

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Louis Verneuil, La Vie merveilleuse de Sarah Bernhardt, Brentano's, Nova York, 1942
  • Françoise Sagan, Sarah Bernhardt, le rire incassable, éd. Robert Laffont, París, 1987
  • Arthur Gold et Robert Fitzdale, Sarah Bernhardt, Gallimard, 1994 ISBN=2070731901
  • Noëlle Guibert (dir.), Portrait(s) de Sarah Bernhardt, catalogue de l'exposition Sarah Bernhardt ou le divin mensonge, éd. Bibliothèque nationale de France, París, 2000 ISBN=2-7177-2113-4
  • Anne Delbée, Le Sourire de Sarah Bernhardt, Le Livre de poche, París, 2002 ISBN=978-2253152934
  • Claudette Joannis, Sarah Bernhardt : Reine de l'attitude et princesse des gestes, J'ai lu, coll. « Biographie », París, 2003 ISBN=978-2290329054
  • Silverthorne, Elizabeth (2004). Chelsea House Publishers, ed. Sarah Bernhardt (en inglés). ISBN 978-0791074589. 
  • Jacques Lorcey, Sarah Bernhardt, l'art et la vie, préface d'Alain Feydeau, éd. Séguier, París, 2005 ISBN=2-84049-417-5
  • Louis Garans, Sarah Bernhardt : Itinéraire d'une divine, Éditions Palatines, 2005 ISBN=978-2911434433
  • Ockman, Carol (2005). "The Art of High Drama". Sarah Bernhardt (en inglés). Yale University Press. ISBN 978-0300109191. 
  • Gidel, Henry (2006). "biographie". Sarah Bernhardt. Grandes biographies. Flammarion. ISBN 978-2080685315. 
  • Snel, Harmen (2007). "A Myth Unravelled". The Ancestry of Sarah Bernhardt (en inglés). Amsterdam: Joods Historisch Museum. ISBN 978-90-802029-3-1. 
  • Tierchant, Hélène (2009). Sarah Bernhardt : Madame « Quand même ». Grands docs. SW-Télémaque. ISBN 978-2753300927. 
  • Pascale Védère d'Auria, Il était une fois Sarah Bernhardt, éd. Gulf Stream, Saint-Herblain, 2009 ISBN=978-2354880569
  • Gottlieb, Robert (2010). "The Life of Sarah Bernhardt". Sarah (en inglés). Yale University Press. ISBN 978-0300192599. 
  • Sophie-Aude Picon, Sarah Bernhardt, Gallimard Folio, 2010 ISBN=978-2070345441

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]