Saltar ao contido

Eusko Alkartasuna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Eusko Alkartasuna
Logotipo
 Instancia de
 Parte de
 Número de escanos lexislatura
1 Senado de España (1 de abril de 2025)
0 Parlamento Europeo (9 de abril de 2025)
0 Congreso dos Deputados de España (1 de abril de 2025) Editar o valor en Wikidata
Características
 Ideoloxía política
Implicados
 Secretario/a
Eba Blanco de Angulo 20 de outubro de 2019
Pello Urizar - 2019 Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
4 de setembro de 1986 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Escindido de
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
Freebase/m/04ff2n Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX112018
Wikidata

Eusko Alkartasuna (EA) (Solidariedade Vasca en galego) é un partido político vasco fundado por Carlos Garaikoetxea Urriza en setembro de 1986, como escisión do Partido Nacionalista Vasco. Actualmente está separado ideoloxicamente do anterior partido xa que EA-Eusko Alkartasuna se define como socialdemócrata, independentista, pacifista e aconfesional.

O 30 de novembro de 1986, EA, concorreu por vez primeira a uns comicios (eleccións autonómicas na Comunidade Autónoma Vasca), obtendo máis de 180.000 votos nas tres provincias, un 15,84% do total. En Navarra obtivo o 7,1% dos votos nas súas primeiras eleccións forais, en 1987, conseguindo 4 deputados e relegando ao EAJ/PNV a un testemuñal 0,98%.

Porén, en ambas comunidades, Eusko Alkartasuna ten retrocedido electoralmente de maneira moderada nun principio, e perigosamente a partir de finais dos 90, o que a levou a establecer alianzas coa formación da que se escindiu. Dende 2001, EA preséntase co EAJ/PNV a practicamente tódalas contendas electorais

En Europa pertence á ALE - Alianza Libre Europea, partido que engloba a forzas nacionalistas, socialdemócratas alternativas e ecoloxistas de diferentes estados.

En España mantén fortes vínculos e acción común con Esquerra Republicana de Catalunya, Chunta Aragonesista, Partido Socialista de Andalucía, Andecha Astur, Conceju Nacionaliegu Cántabru e outros partidos cos que se presenta conxuntamente nas eleccións ó Parlamento Europeo na candidatura Europa dos Pobos, cuxo representante no Parlamento Europeo corresponde á formación catalá.

Dende 2019, a presidenta é Eba Blanco de Angulo.[1][2]

O seu órgano de expresión é Alkartasuna.

Espazo electoral de EA

[editar | editar a fonte]

A formación sofre unha grave crise por dobres factores:

Por un lado, a súa situación ideolóxica non está claramente delimitada; en diversas enquisas tense posto de manifesto as distintas posturas dos votantes de EA en multitude de cuestións, e segue a ser percibida como un partido receptor do voto "descontento" do PNV, isto é, sen espectro electoral propio. Este feito ten levado á organización a tratar de dar unha imaxe á esquerda do PNV engadindo o cualificativo "Euskal sozialdemokrazia" (Socialdemocracia vasca) ó logotipo.

Por outro lado, ou quizais polo anteriormente referido, EA atravesa unha crise electoral, tras perder o 50% dos seus votos entre 1986 e 1998 (Do 15,84% ó 8,69% na CAV e do 7,1% ó 4,56% en Navarra), o que ten provocado unha alianza electoral estable co PNV, en ambas comunidades. A implantación da organización segue sendo forte en Guipúscoa - por onde conseguiu unha deputada ó Congreso- e Navarra.

Nas eleccións de 2005 ó Parlamento Vasco a coalición EAJ/PNV retrocedeu do 42,72% dos votos ó 38,67%. Isto traduciuse na perda de catro deputados, así a todo EA aumentou un situándose en 8, o cal significou que o PNV perdeu 5. Este feito medrou o malestar debido a que, segundo os analistas, era notorio que EA alcanzaba unha representación que non lle correspondía.

Recentemente e co motivo do proceso de paz xurdiu un achegamento á esquerda abertzale, chegando a cuestionar a posible coalición con EAJ/PNV nas eleccións municipais de 2007.

  1. Rioja Andueza, Iker (13 de outubro de 2019). "Eva Blanco, candidata en las primarias de EA: “EA sigue siendo EA y tiene mucho futuro dentro de EH Bildu”". eldiario.es (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2025.
  2. Redacción (28 de outubro de 20219). "Eba Blanco, proclamada nueva secretaria general de EA". naiz.eus (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]