Saltar ao contido

Sandro Botticelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSandro Botticelli
Biografía
Nacemento(it) Alessandro di Mariano di Vanni Filipepi Editar o valor en Wikidata
c. 1445 Editar o valor en Wikidata
Florencia (República de Florencia) Editar o valor en Wikidata
Morte17 de maio de 1510 Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Florencia (República de Florencia) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOgnissanti Church (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesdi Mariano Filipepi, Alessandro Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Florencia
Roma
Pisa
Mantua Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante arquitectónico, debuxante, pintor ao fresco Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1460 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata - 1510 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAndrea del Verrocchio Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato, Pintura de historia, pintura relixiosa, alegoría, pintura mitolóxica e arte sacra Editar o valor en Wikidata
MovementoPrimeiro Renacemento e Escola florentina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFilippo Lippi e Andrea del Verrocchio Editar o valor en Wikidata
AlumnosFilippino Lippi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MecenasLourenzo de Medici Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteTeutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) Traducir, (sec:Sandro Boticello, Florentinischer Mahler. 74, 74)
Le vite de' più eccellenti pittori, scultori e architettori, (sec:V3.43, Sandro Botticello pittor fiorentino)
Schilderboeck (pt) Traducir, (sec:Het leven van Sandro Botticello, Florentijnsch Schilder., M134) Editar o valor en Wikidata
Allocine: 37055
BNE: XX1036706 Musicbrainz: 941961a5-6ece-492d-8298-86e3211b33e3 Discogs: 1829989 WikiTree: Filipepi-1 Find a Grave: 7846100 Editar o valor en Wikidata

Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintor renacentista italiano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Botticelli entrou á idade de quince anos no obradoiro de Fra Filippo Lippi (1406-1469), monxe e pintor florentino, autor de celebradas pinturas de temática relixiosa. Traballou tamén cos pintores Antonio del Pollaiuolo e Andrea del Verrocchio. Con eles fixo a súa aprendizaxe da ourivaría, do gravado e do cicelado, artes que influíron na súa concepción do debuxo. Botticelli traballaba con frecuencia con artesáns, especialmente co seu irman Antonio, que era ourive, e co cal compartía o seu taller.

A partir de 1481, Botticelli foi chamado a Roma polo papa Sisto IV, para que decorase a Capela Sistina, xunto con outros grandes artistas. Porén, a rivalidade existente entre o papa e os Medici, mecenas do artista, fixo que o seu talento non fose recoñecido debidamente.

Alí realizou tres grandes frescos:

Logo volveu a Florencia, enfurecido pola inxustiza que se fixera coas súas obras, de xeito que decidiu, entón, non abandonar xamais a súa cidade natal. Moi logo reiniciou o traballo, pintando o Nacemento de Venus en 1484, unha das súas obras mestras.

A mediados da década de 1480, Botticelli, xunto con Perugino, Ghirlandaio e mais Filippino Lippi, traballou nunha importante serie de frescos para Lourenzo o Magnífico, nunha "vila" preto de Volterra. Neses anos pintaría bastantes outros frescos en igrexas florentinas.

No 1491 Botticelli formou parte dun comité para decidir sobre a fachada do Duomo de Florencia. No 1502 foi acusado de sodomía, aínda que a acusación foi retirada. No 1504 participou noutro comité, neste caso para decidir onde colocar a estatua de David de Michelangelo. O seu último traballo foi unha serie sobre a vida de san Cenobio, que lembra o uso non naturalista do pintor Fra Angelico.

Tivo como discípulo máis destacado a Filippino Lippi, fillo do seu mestre Fra Filippo Lippi.

Obras (selección)

[editar | editar a fonte]
Home coa medalla de Còsimo de Médicis
Adoración dos Magos, 1481-1482, Washington DC

n el Niño y san Juanito]] (1495) - Temple sobre táboa, 134 x 92 cm, Galería Palatina del Palacio Pitti, Florencia

  • A Calumnia (1495) - Témpera sobre táboa, 62 x 91 cm, Galería Uffizi, Florencia
  • Última comuñón de san Xerome (ca. 1495) - Témpera sobre táboa, 34,5 x 25,4 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nova York
  • Retrato de Dante (ca. 1495) - Témpera sobre lenzo, 54,7 x 47,5 cm, Colección privada
  • Xudit abandona a tenda de Holofernes (1495-1500) - Témpera sobre táboa, 36,5 x 20 cm, Rijksmuseum, Ámsterdan
  • Crucifixión (h. 1497) - Témpera sobre lenzo, 73,5 x 50,8 cm, Museo de arte Fogg, Universidad de Harvard, Cambridge, Massachusetts
  • Oración no Horto (1498-1500) - Témpera sobre táboa, 53 x 35 cm, Capela Real, Granada
  • Catro cadros sobre a Vida de san Cenobio (1500-1505):
    • Bautismo de san Cenobio e ordenación como bispo - Témpera sobre táboa, 66,5 x 149,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 65 x 139,5 cm, National Gallery, Londres
    • Tres milagres de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 67 x 150,5 cm, Museo Metropolitano de Arte, Nova York
    • Último milagre e morte de san Cenobio - Témpera sobre táboa, 66 x 182 cm, Gemäldegalerie, Dresde
  • Natividade mística (1501) - Témpera sobre táboa, 108,5 x 75 cm, National Gallery, Londres

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Pinturas
Debuxos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]