Valentina Tereshkova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Valentina Tereshkova
RIAN archive 612748 Valentina Tereshkova.jpg
Valentina Tereshkova en 1969 Cosmonauta. A primeira muller en viaxar o espazo.
Datos persoais
Nacemento6 de marzo de 1937 (81 anos)
LugarMáslennikovo, Yaroslavl, Unión Soviética
NacionalidadeFlag of the Soviet Union.svg soviética
Flag of Russia.svg rusa
CónxuxeAndriian Grigorevich Nikolaev e Yuliy Shaposhnikov
Actividade
OcupaciónPiloto, enxeñeira, Cosmonauta, Paracaidista militar
Ocupación actualDiputada da Duma Estatal Rusa
MisiónsVostok 6 Vostok 6
RangoXeneral de división da Forza Aérea Rusa
Tempo no espazo2 días, 23 horas e 12 minutos
Retiro1997
PremiosHeroe da URSS Heroe da URSS

Orde de Lenin Orde de Lenin
Orde da revolución de outubro Orde da revolución de outubro
Orde da bandeira vermella do traballo Orde da bandeira vermella do traballo
Orde da amizade dos pobos Orde da amizade dos pobos
Medalla o traballador veterano Medalla o traballador veterano
Premio Lenin Premio Lenin
Orde de Karl Marx Orde de Karl Marx (RDA)
Orde O Sol do Perú Orde O Sol de Perú (Perú)
Orde de Bernardo O'Higgins Orde de Bernardo O'Higgins (Chile)

Piloto-Cosmonauta da URSS Piloto-Cosmonauta da URSS
Valentina Tereshkova Signature.svg
editar datos en Wikidata ]
Selo con Valentina Tereshkova, 1963, URSS.

Valentina Vladimirovna Tereshkova (en ruso: Валентина Владимировна Терешкова), nada en Bolshoye Maslennikovo (oblast de Yaroslavl) o 6 de marzo de 1937, é unha excosmonauta, enxeñeira e política rusa. Foi a primeira muller da historia en permanecer en órbita no espazo exterior, a bordo do Vostok 6 o 16 de xuño de 1963.[1] Para elo, foi seleccionada entre máis de catrocentos aplicantes e cinco finalistas. Orbitou a Terra corenta e oito veces, e permanece a día de hoxe como a única muller en ter feito en solitario unha misión espacial.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois da escola, traballou en factorías téxtiles e estudou enxeñaría. Practicou o paracaidismo nun club local, facendo o seu primeiro salto con 22 anos, o 21 de maio de 1959. No ano 1961 foi secretaria do Komsomol (Liga Xove Comunista) e despois, membro do Partido Comunista da Unión Soviética. Para unirse ó corpo de cosmonautas, Tereshkova ingresou honorariamente nas Forzas Aéreas Soviéticas, tornándose polo tanto na primeira civil en voar ó espazo.[4] Despois da disolución do primeiro grupo de mulleres cosmonautas en 1969, foi unha prominente afiliada do Partido Comunista da Unión Soviética, ocupando varios cargos políticos. Permaneceu activa despois do colapso da Unión Soviética e é vista na actualidade como unha heroína en Rusia e no mundo enteiro.

Casou en novembro de 1963 co tamén cosmonauta Andriian Grigorevich Nikolaev co que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982. O seu segundo marido, o ortopedista Iuli G. Shaposhnikov, faleceu en 1999.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.