Vietnam do Sur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Việt Nam Cộng Hòa
República de Vietnam
1955 — 1975 FNL Flag.svg
Bandeira Escudo
Bandeira Escudo
Himno nacional: Thanh niên Hành Khúc
Situación de Vietnam del Sur
Capital Saigón
10°45′N 106°40′E / 10.750°N 106.667°E / 10.750; 106.667
Goberno República
Presidente
 • 1955-1963 Ngo Dinh Diem
 • 1963-1964
1975
Duong Van Minh
 • 1965-1975 Nguyen Van Thieu
Primeiro Ministro
 • 1964-1965
1968-1969
Tran Van Huong
 • 1969-1975 Tran Thien Khiem
 • 1975 Vu Van Mau
Período histórico Guerra Fría
 • Cambio de réxime 14 de xuño de 14 de xuño
 • Asasinato de Ngo Dinh Diem 2 de novembro de 1963
 • Caída de Saigón 30 de abril de 1975
Superficie
 • 1973 173.809 km2
Poboación
 • 1973 est. 19.370.000 
     Densidade 111,4/km²
Moeda Dong

A República de Vietnam (Việt Nam Cộng Hòa, en lingua vietnamita) ou Vietnam do Sur foi un estado localizado no sueste asiático que ocupaba o que hoxe en día é o sur de Vietnam entre 1955 e 1975, como resultado da división do país na Conferencia de Xenebra. Trala derrota dos franceses, produciuse unha chegada de asesores militares dos Estados Unidos para evitar que os comunistas de Vietnam do Norte se apropiaran do sur, actuando de acordo á doutrina Truman. Estados Unidos deulle gran importancia á supervivencia do estado survietnamita debido a que se cría que unha vitoria sobre os comunistas podería propiciar a sucesiva caída na esfera soviética dos países da zona, seguindo o que se coñecía como a teoría do dominó. Despois da retirada americana en 1973, Vietnam do Norte acabaría conquistando Vietnam do Sur o 2 de xullo de 1976.

Historia[editar | editar a fonte]

Vietnam do Sur naceu o 2 de setembro de 1945. En 1954 Vietnam foi dividida en dous, unha república socialista denominada República Democrática de Vietnam (Vietnam do Norte) e outra capitalista, República de Vietnam (Vietnam do Sur). Os franceses retiráranse de Vietnam pero durante as eleccións que se libraron no Vietnam do Sur, Estados Unidos puxo a soberanía de Vietnam do Sur baixo o réxime do candidato de presidente Ngo Dinh Diem, un mestre da corrupción e un ditador, que fora principalmente represivo contra os monxes budistas, relixión tradicional en Vietnam, os cales comezaron a ser perseguidos polo sur baixo as directrices de Ngo Dinh Diem, que era católico. As protestas budistas foron encabezadas polo monxe vietnamita Thich Tri Quang, quen se chegou a inmolar publicamente en sinal de protesta contra o goberno. En 1960, opositores ao goberno de Ngo Dinh Diem crearon o Vietcong, Fronte de Liberación Nacional, e comezou unha resistencia guerrilleira contra militares de Saigón e Estados Unidos para reunificar o país baixo un réxime comunista, contando co apoio declarado do Vietnam do Norte. Dado a corrupción que existía no Sur, en 1963 o presidente Ngo Dinh Diem foi asasinado nun golpe de estado dos militares, para mudar o sistema político cara o parlamentarismo. Seguiríao Nguyen Van Thieu, mais non se consegue estabilizar o país. Despois desátase abertamente a guerra, con participación americana, onde foron destruídas 10 millóns de hectáreas, e un 70% da poboación tivo que fuxir dos súas casas para non ser asasinados. O goberno dos Estados Unidos de América pretendía impedir a expansión do comunismo na rexión e xa comezara en 1961 a realizar ataques contra a República Democrática de Vietnam (Vietnam do Norte), chegando a enviar un exército á península de 600.000 militares, en alianza con Australia, Corea do Sur, Filipinas, Nova Zelandia, Taiwán e Tailandia, no que ficou coñecido como a guerra de Vietnam. O Vietcong acaba tomando Saigón en 1975, vencendo ao goberno vietnamita do sur e ás forzas dos Estados Unidos na zona. A Fronte de Liberación Nacional estabelece un goberno provisional para o Vietnam do Sur (designado República do Vietnam do Sur), que durou cerca dun ano, até a reunificación do país o 2 de xullo de 1976, que entón pasou a chamarse República Socialista do Vietnam.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]