Xosé Manuel Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xosé Manuel Barreiro Fernández, nado en Lugo o 18 de setembro de 1957, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Barreiro é militante do Partido Popular, deputado no Parlamento galego (1997-2007), deputado da Deputación de Lugo (2007-), senador pola provincia de Lugo (2008-...), presidente provincial do PP (2002-) e vicepresidente da executiva galega do partido (2006-).

Está casado e ten dúas fillas. Licenciouse en 1983 en Ciencias Económicas e Empresariais, disciplina na que é doutor e catedrático de Universidade.

En 1995 entra na política. Ese ano, convértese, apadriñado por Francisco Cacharro Pardo, en concelleiro do PP en Lugo, na candidatura que encabezou Joaquín García Díez nas eleccións municipais. É a primeira que acada unha maioría absoluta para o PP e el ocúpase da área de Economía, na que fai un amplo traballo de posta ao día das contas municipais.

Nas eleccións municipais de 1999 renuncia a continuar no Concello, para se centrar só no traballo parlamentario. En xaneiro de 2003, Manuel Fraga noméao conselleiro de Medio Ambiente, en plena crise do Prestige. O 10 de setembro de 2004 é designado vicepresidente segundo da Xunta. Nas eleccións autonómicas de 2005 encabeza por primeira vez a candidatura do PP en Lugo. A comezos de 2006 compite con Alberto Núñez Feijóo por ser o sucesor de Fraga no PPdeG. Perde, pero queda de vicepresidente. En xullo de 2006 é nomeado candidato á presidencia da Deputación nas eleccións municipais de 2007. Nas Eleccións xerais de 2008 é elixido senador pola provincia de Lugo, cargo que revalida en 2011. Nesa ano convértese ademais en voceiro do Partido Popular no Senado.


Predecesor:
Carlos del Álamo
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Medio Ambiente
 
2003 - 2005
Sucesor:
Pachi Vázquez

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]