Vilafranca do Bierzo
Vilafranca do Bierzo | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Antigo Colexio Xesuíta e sede da Deputación | |
Situación | |
![]() | |
Xentilicio[1] | vilafranquino/-a |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de León |
Comarca | Bierzo |
Poboación | 2.855 hab. (2020) |
Área | 177,37 km² |
Densidade | 16,09 hab./km² |
Capital do concello | Vilafranca do Bierzo |
Política (2007) | |
Alcalde | José Manuel Pereira Vega (PP) |
Concelleiros | PP: 6 PSOE: 4 Outros: 1 (UPL) |
Uso do galego[2] () | |
Galegofalantes | % |
Páxina web oficial | |
http://www.villafrancadelbierzo.org |
Vilafranca do Bierzo (en español e oficialmente Villafranca del Bierzo) é un concello de Castela e León, antiga capital do Bierzo (s.XIX). Está situada no noroeste da provincia de León. Por Vilafranca pasa o Camiño de Santiago, e constitúese como fin de etapa e como meta en casos excepcionais, pois na igrexa da vila dedicada ao Apóstolo, pódese gañar o xubileu cando concorran circunstancias que impidan ao peregrino proseguir deica Compostela. É un dos 47 concellos galegofalantes da Galicia estremeira.
A vila está a unha altitude de 505 metros e nela conflúen os ríos Burbia e Valcarce.
Poboación[editar | editar a fonte]
En 2020 tiña 2.855 habitantes, o que supón un descenso con respecto a 2010, cando tiña 3.516. En 2000 conta con 3.807 habitantes. A distribución por sexo é de 51,6% de mulleres e 48,4% homes.
Núcleos de poboación[editar | editar a fonte]
- Aira da Pedra
- Campo da Lagúa ou Campo da Auga
- Cela
- Landoiro
- Paradaseca
- Paradiña
- Poboadura da Somoza
- Porcarizas
- Prado da Somoza
- Ponte de Rei
- Ribón
- Teixeira
- Valtuílle de Abaixo
- Valtuílle de Arriba
- A Veigueliña
- Vilachá
- Vilafranca do Bierzo
- Vilar de Aceiro
- Vilela
Historia[editar | editar a fonte]
Creouse o Señorío de Vilafranca no s.XII. No XV estableceuse o marquesado de Álvarez de Toledo y Osorio O 27 de xaneiro de 1822 creouse a provincia de Vilafranca do Bierzo, con Vilafranca como capital; esta entidade administrativa durou até o 1 de outubro de 1823.
Nesta vila naceu o erudito Frei Martín Sarmiento, primeiro estudoso da lingua galega, o 9 de marzo de 1695.
Tamén naceu aquí o 15 de xullo de 1815 Enrique Gil y Carrasco, escritor romántico, autor de El Señor de Bembibre e membro da Sociedade de Teatro que desde o seu bicentenario leva o seu nome. Os seus restos repousan na igrexa de San Francisco, logo de seren localizados nunha tumba de Berlín, onde morrera en 1846, e repatriados no ano 1987.
Monumentos[editar | editar a fonte]
- Colexiata de Santa María
- A Anunciada
- Igrexa de San Nicolás
- Santiago: S.XII-XIII
- Convento de San Francisco: S.XIII
- Castelo
- Teatro Villafranquino Enrique Gil e Carrasco (Teatro romántico S.XIX)[3].
Arte e cultura[editar | editar a fonte]
Vilafranca foi declarada Conxunto Histórico-Artístico en 1965.
Festas e feiras[editar | editar a fonte]
Festas patronais[editar | editar a fonte]
Festas do Cristo o 14 de setembro.
Outras festas[editar | editar a fonte]
- San Tirso, o 31 de xaneiro.
- Semana Santa.
- Festa do maio, 1 de maio, declarada de Interese turístico provincial no ano 2009[4].
- Festa da poesía, no mes de xuño.
- Festa e feira de Santiago, 25 de xullo.
- Festa do turista, mes de agosto.
Restauración e aloxamento[editar | editar a fonte]
- Parador nacional de Vilafranca
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ Artigo sobre a Sociedade de Teatro de Vilafranca de 1843 en versión dixital: http://morales2011.blogspot.com.es/2016/09/no-149-aniversario-de-morales.html Arquivado 23 de abril de 2017 en Wayback Machine.
- ↑ Festa do maio 2016