Pioneer 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pioneer 5
Pioneer 5
TipoCientífico
FabricanteTRW
OrganizaciónNASA
Destino actualEn órbita heliocéntrica.[1]
Data de lanzamento11 de marzo de 1960, 13:00 GMT[1][2][2][3][4]
Foguete portadorThor-Able[2][5]
Sitio de lanzamentoBase espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-17A[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo do espazo interplanetario entre a Terra e Venus.[2][6]
NSSDC ID1960-001A
Masa43,0 kg[5]

Pioneer 5 foi unha misión espacial lanzada o 11 de marzo de 1960 mediante un foguete Thor-Able desde a base espacial de Cabo Cañaveral para estudar o espazo interplanetario entre a Terra e Venus.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Orixinalmente Pioneer 5 planificouse como unha sonda para sobrevoar Venus, pero debido a atrasos no programa lanzouse como unha sonda heliocéntrica.[2][5][6]

Nave[editar | editar a fonte]

Pioneer 5 estabilizábase mediante xiro e foi enviada a estudar o espazo entre as órbitas da Terra e Venus, en particular o campo magnético, as partículas provenientes das erupcións solares e a ionización desa zona. A nave era capaz de enviar datos a unha velocidade de 1, 8 ou 64 bps segundo a súa distancia á Terra e o tamaño da antena receptora. Debido ao reducido tamaño dos paneis solares que alimentaban a sonda, non era posible enviar datos continuamente, polo que se programaban catro períodos por día de 25 minutos cada un para a transmisión de datos, con posibilidade de aumentar o tempo en momentos de especial interese. No tempo que durou a misión recolléronse 138,9 horas de datos, uns 3 Mbit en total, a maior parte dos cales recibíronse nas estacións de Manchester e Hawai. Pioneer 5 deixou de operar de maneira útil o 30 de abril de 1960 pero a súa última transmisión recibiuse desde unha distancia por entón récord de 22,5 millóns de km, 106 días despois do seu lanzamento.[2][5][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Pioneer 5 levaba catro instrumentos a bordo:[2][5][6]

  • Un telescopio contador proporcional omnidireccional de tripla coincidencia para detectar partículas solares e estudar a radiación terrestre, podendo detectar fotóns con enerxías superiores a 75 MeV e electróns a máis de 13 MeV.
  • Un magnetómetro rotatorio para medir o campo magnético tanto da Terra como do espazo interplanetario no rango entre 1 microgauss e 12 miligauss.
  • Unha cámara de ionización e un tubo Geiger-Müller para estudar os raios cósmicos.
  • Un detector de micrometeoritos consistente en dous diafrgmas acoplados a dous micrófonos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "PIONEER 5" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (12 de febreiro de 2016). "Pioneer 5" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 6 March 1962 from the Acting Secretary-General addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space, transmitting a communication dated 5 March 1962 from Permanent Representative of the United States of America" (PDF) (62-04423). 7 de marzo de 1962: 3. Consultado o 17 de abril de 2016. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Pioneer 5 / Pioneer V P-2" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Pioneer 5 (P 2)" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Pioneer 5" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]