Quentin Tarantino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quentin Tarantino
Quentin Tarantino Césars 2014 4.jpg
Quentin Tarantino en febreiro de 2014.
Nacemento Quentin Jerome Tarantino
27 de marzo de 1963 (53 anos)
Knoxville, Tennessee
Profesión Director de cine, guionista, produtor e actor
Cónxuxe(s) Didem Erol (2007-2011)
Ficha na IMDb

Quentin Jerome Tarantino, nado en Knoxville (Tennessee) o 27 de marzo de 1963, é un director, guionista, produtor e actor estadounidense gañador de dous Óscar, un Globo de Ouro, a Palma de Ouro e o Premio BAFTA. Comezou a súa carreira na década dos 90. As súas películas caracterízanse xeralmente por empregar historias non lineais, as influencias estilísticas do Grindhouse, o Kung-Fu e os spaghetti western.

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Naceu en Knoxville, Tennessee, en 1963, fillo de Tony Tarantino, actor e músico afeccionado nado en Queens, e Connie McHugh, enfermeira. O seu pai é de ascendencia italiana (seu bisavó era orixinario de Palermo) e súa nai de ascendencia inglesa, irlandesa e alemá; Tarantino ten afirmado que posee ascendencia cheroqui por parte materna, aínda que isto non foi verificado. O nome de Tarantino fai referencia a un personaxe dunha seria de televisión, o guerreiro mestizo Quint interpretado por Burt Reynolds en Gunsmoke.

Foi criado pola súa nai, xa que os seus pais se separaron antes de nacer. Cando tiña dous anos, trasladáronse a Torrance, ao sur de Os Ánxeles, e máis adiante ao barrio de Harbor City, onde asistiu á escola superior Fleming Junior en Lomita, e a clases de teatro. No seu barrio había unha mestura de xente de distintas razas polo que estivo exposto a unha gran variedade de influencias cinematográficas e de culturas populares, como por exemplo as películas de artes marciais, que se seguían poñendo nos barrios de negros despois de que a febre do Kung Fu se trasladara a outros sitios. Tarantino conseguiu seguir véndoas ata ben entrados os anos 70. Asistiu á escola superior de Narbonne en Harbor City durante un ano antes de abandonala aos 15 anos para dedicarse a tempo completo a clases de interpretación na James Best Theater Company en Toluca Lake.

Comezou a traballar no videoclub Video Archives en Manhattan Beach xunto a outros entusiastas do cine, entre eles Roger Avary, onde discutían de cine e das recomendacións aos clientes. Prestou moita atención ao tipo de películas que lle gustaba alugar á xente e citou a experiencia como fonte de inspiración para a súa carreira como director. O propio Tarantino dixo: "Cando a xente me pregunta se fun á escola de cine sempre lles digo: non, fun ao cine".

Carreira cinematográfica[editar | editar a fonte]

Comezou a escribir xunto con Avary e outros amigos. Pasou varios anos frustrantes escribindo e intentando poñer en marcha dous guións que pretendían ser o seu debut como director. En parte como consecuencia do difícil que resultaba poder facer unha "película de verdade" para un escritor descoñecido como director, escribiu en 1991 Reservoir Dogs, coa intención de que fora o proxecto máis minimalista que se poida imaxinar: a historia dun atraco a man armada na que o roubo ten lugar fóra de pantalla, páxinas e páxinas de diálogo que necesitan un só plató. Pretendía ser unha película de 16 mm extremadamente barata con Tarantino e os seus compañeiros de Video Archives interpretando todos os papeis. Afortunadamente, o ambicioso produtor Lawrence Bender leu o guión de Reservoir Dogs, fascinoulle e pediulle a Tarantino que lle concedera un mes para intentar convertelo nunha "película de verdade". Foi Bender quien fixo chegar o guión ao actor Harvey Keitel e foi o entusiasmo de este o que atraeu a varios bos actores e, finalmente, un presuposto decente para a produción. Rodada en menos dun mes en Os Ánxeles, cun reparto excepcional que incluía ao propio Keite (que tamén se encargou de coproducila), Michael Madsen,Steve BuscemiTim RothLawrence TierneyChris Penn e o propio Tarantino. Reservoir Dogs foi todo un éxito, primeiro no Festival de Cine de Sundance9 e despois en todo o mundo.

De repente, Tarantino estaba de moda e os dous guións nos que estuvera traballando antes de Reservoir Dogs vendéronse enseguida: True Romance (dirixida por Tony Scott) e Natural Born Killers (reescrita e dirixida por Oliver Stone en 1993). Tamén lle ofreceron algúns proxectos como Speed e Men in Black,10 pero preferiu retirarse a Ámsterdam a traballar no seu guión de Pulp Fiction, un collage de ficción interpretado por John Travolta e Uma Thurman, estreado en 1994, que supuxo outro éxito para Tarantino con varias nominacións a premios dos que conseguiu a Palma de Ouro no Festival de Cannes, o ÓscarGlobo de Ouro e BAFTA ao mellor guión orixinal.

Tras isto dirixiu o episodio de Four RoomsThe Man From Hollywood, un homeaxe a Alfred Hitchcock. O resto dos episodios da película foron dirixidos por Allison Anders, Alexandre Rockwell e Robert Rodriguez. Actuou e escribiu o guión de Aberto ata o amencer, largometraxe que dirixiu o seu amigo Robert Rodriguez que deu lugar a dúas secuelas, nas cales Tarantino e Rodríguez só exerceron como produtores executivos.

A súa terceira película foi Jackie Brown, en 1997, que escribiu e dirixiu. Foi unha adaptación de Rum Punch, novela de Elmore Leonard. Un homenaxe ás películas de blaxploitation, protagonizada por Pam Grier, quen actuou en moitas das películas do xénero nos anos 70, e que lle valeu o nomeamento tanto aos Globos de Ouro como a os premios SAG polo seu papel, e o coprotagonista Robert Foster foi nomeado ao Óscar na categoría mellor actor de reparto. Completaban este reparto único Samuel L. Jackson (nomeado tamén para un Globo de Ouro), Robert De NiroBridget Fonda e Michael Keaton.

Tiña planeado facer a continuación unha película bélica provisionalmente titulada Inglourious Basterds, pero pospúxoo para escribir e dirixir Kill Bill (estreada en duas partes, Vol. 1 e Vol. 2), unha película de vinganza que tomaba elementos do Wuxia (arte marcial chino), Jidaigeki (xénero cinmatográfico xaponés) e spaghetti westerns. En 2005 Tarantino foi director invitado en Sin City, película dirixida por Frank Miller e Robert Rodriguez. Nela dirixe a escena do coche protagonizada por Clive Owen e Benicio del Toro.

O seu seguinte proxecto foi Grindhouse, codirixida xunto a Robert Rodriguez e estreada en 2007. Tarantino dirixiu o segmento titulado Death Proof. O seu rendimento nos cines non foi o esperado a pesar de ter unha crítica favorable.11

A continuación chegou a película Inglourious Basterds, unha historia sobre un grupo de soldados estadounidenses na Francia ocupada polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial. A filmación comezou en outubro de 2008.12A película estreouse o 21 de gosoto do 2009 (en EEUU), colleitando críticas moi positivas13ey chegando ao primeiro posto de recaudación mundial.14 É a película de Tarantino que maior recaudación conseguiu tanto nos Estados Unidos como a nivel mundial.15

En 2011 comezou a produción de Django Unchained, unha película sobre Django, un ex-esclavo que foi rescatado por un cazarrecompensas co que vai rescatar a súa muller das mans do dono dunha gran plantación. A película xurdiu do desexo de Tarantino de facer un spaghetti western no sur profundo dos Estados Unidos, que Tarantino chamou un "southen",16 afirmando:"Quería facer películas que trataran do horrible pasado de Estados Unidos coa escravitude e esas cousas, pero como o fan os 'spaghetti westerns', non como películas sobre un gran problema. Quero facelo como se foran películas de xénero, pero enfróntanse con todo o que Estados Unidos nunca se ocupou porque avergónzase diso, e outros países non tratan sobre iso porque non sinten que teñan dereito a facelo".17 18 Tarantino terminou o guión o 26 de abril de 2011, entregoullo a The Weinstein Company.19 Christoph Waltz foi elexido para interpretar a un alemán cazador de recompensas.20 Para o papel protagonista rumoreouse con Will Smith e Idris Elba, pero finalmente Jamie Foxx foi o elixido para facer de Django.21 Tamén estaba no reparto Samuel L. Jackson, como Stephen, un escravo fiel; e Leonardo DiCaprio no papel de Calvin Candie, o dono da plantación Candyland, principal antagonista na película. Estreouse o 25 de decembro de 2012.22 23 24

En novembro de 2013 Tarantino comentou que estaba traballando nunha nova película, outro western e que non sería a secuela de Django. O 12 de xaneiro do 2014 revelouse que o seu título sería The Hateful Eight. Estrouse en Estados Unidos o 25 de decembro de 2015 e en Galiza o 15 de xaneiro do 2016.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como director cinematográfico realizou:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quentin Tarantino Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]