Léon Blum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Léon Blum
Léon Blum 1937.jpg
Nome completoAndré Léon Blum
Nacemento9 de abril de 1872
Lugar de nacementoParís
Falecemento30 de marzo de 1950
Lugar de falecementoJouy-en-Josas
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeFrancia
Alma máterLiceu Henrique IV, Lycée Charlemagne e École Normale Supérieure
Ocupaciónpolítico, diplomático, crítico literario e xornalista
CónxuxeJeanne Blum e Thérèse Blum
FillosRobert Blum
IrmánsRené Blum
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra e Concours général
Na rede
Allocine: 37042
Musicbrainz: 7e9172c6-2a3f-4944-9c67-4643e4d64bf9 Discogs: 2434909 Find a Grave: 140095223 Editar o valor em Wikidata
Signature de Léon Blum - Archives nationales (France).png
editar datos en Wikidata ]
Monumento en memoria de Léon Blum.

Léon Blum, nado en París o 9 de abril de 1872 e finado en Jouy-en-Josas o 30 de marzo de 1950, foi un home político socialista francés. Foi un dos dirixentes da Sección Francesa da Internacional Obreira (SFIO) e xefe do goberno de Francia, en particular en 1936.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Procedía dunha familia xudía de clase media. Estudou dereito na Sorbona e graduouse en 1894. Tivo unha carreira brillante e foi nomeado auditor no Conseil d'Etat. Estudaba unha segunda carreira de crítico literario. Pronto se converteu nunha das figuras literarias máis importantes de Francia. Blum demostrou pouco interese na política ata o Caso Dreyfus de 1894, que tivo nel un efecto traumático como en tantos outros xudeus franceses. Facendo campaña como dreyfusista entrou en contacto co líder socialista Jean Jaurès, a quen admiraba. Comezou a participar no diario socialista L'Humanité, e uniuse a SFIO (socialistas). Pronto se converteu no principal teórico do partido.

En xullo de 1914, tralo estalido da primeira guerra mundial, Jaurès foi asasinado, e Blum tomou un papel máis activo na dirección do partido. En 1919 foi elixido membro do comité executivo, e tamén representante por París ante a Asemblea Nacional francesa. En 1920 traballou duramente para evitar a ruptura entre partidarios e detractores da Revolución Rusa, pero os máis radicais se separaron, levando L'Humanité con eles e fundaron o Partido Comunista Francés. A actitude dos comunistas fronte ao Pacto xermano-soviético foi criticada por Blum, quen se distanciou entón deles. Baixo Vichy, durante a segunda guerra mundial, foi perseguido por Pétain e despois detido e condenado. As autoridades francesas entregárono aos nazis, e foi deportado en marzo de 1943 a Buchenwald. Liberado polas tropas aliadas en maio de 1945, Blum volveu á política e dirixiu o último goberno provisional antes da instauración da Cuarta República, de decembro de 1946 a xaneiro de 1947. Retirouse a Jouy-en-Josas (preto de Versalles), onde morreu aos 78 anos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]