Explosivo
Un material explosivo, chamado tamén sinxelamente explosivo, é unha substancia reactiva que contén unha grande cantidade de enerxía potencial que pode producir unha explosión se é liberada repentinamente, usualmente acompañada dunha produción de luz, calor, son, e presión nun périodo moi breve de tempo. Un explosivo é un artefacto máis ou menos sinxelo, habitualmente provisto dun mecanismo accionador e dun material que se expande. Unha carga explosiva é unha certa cantidade de material explosivo, que pode estar composto por un só ingrediente ou unha combinación de dous ou máis.
Hai moitos tipos de explosivo segundo a súa composición química. En xeral, os materiais explosivos deben cumprir dúas características principais:
- Son quimicamente inestables.
- O proceso de iniciación produce unha expansión súbita do material e un cambio de presión, tipicamente acompañados dun flash e un forte ruído: a explosión.
O explosivo máis antigo coñecido é a pólvora. No século XIX inventouse a nitroglicerina, que é moi inestable, e máis tarde Alfred Nobel perfeccionouna e inventou a dinamita, que é máis estable.
Os explosivos son perigosos, e hainos de moitos tipos que se poden facer con produtos caseiros, do tipo de combinar ácido clorhídrico con ácido acetilsalicílico.
Historia[editar | editar a fonte]
As antigas armas do estilo do fogo grego, antecesoras dos explosivos, teñen existido dende antigo, mais considérase que o primeiro explosivo amplamente usado en guerras e minería foi a pólvora negra, inventada na China.[1][2] Durante a dinastía Tang no século IX, os alquimistas da China taoísta trataban de atopar o elixir da inmortalidade.[3] No proceso, tropezaron coa invención da pólvora, feita de carbón, salitre e sulfuro en 1044. A pólvora foi a primeira forma de explosivo químico e contra 1161 os chineses empregaron explosivos por primeira vez en nun conflito armada.[4][5][6] Os chineses realizaron explosivos que disparaban tubos de bambú ou bronce. Tamén inseriron ratas dentro dos tubos de bambú para lanzar contra o inimigo, creando grandes ramificacións psicolóxicas, asustando os soldados inimigos e desbocando as cabalarías.[7] Este material era sensible á auga, e emitía unha grande cantidade de fume negro.
O primeiro explosivo versátil máis forte que a pólvora negra foi a nitroglicerina, inventada no 1847. Como a nitroglicerina era inestable, foi remprazada por nitrocelulosa, pólvora sen fume, dinamita e gelignita (as dúas últimas, inventos de Alfred Nobel). Durante a primeira guerra mundial adoptouse o TNT nos proxectís de artillaría. E na segunda guerra mundial viuse un uso extensivo de novos explosivos que, con posterioridade, foron remprazados na súa maioría por explosivos modernos como o trinitrotolueno (TNT) e o C-4. Con todo, o C-4 e o PETN reaccionan co metal e prenden lume facilmente, aínda que ao contrario que o TNT, son resistente á auga e maleables.[8]
Amais, a crecente dispoñibilidade de produtos químicos ten permitido a construción de improvisados aparellos explosivos.
Clasificación de substancias explosivas[editar | editar a fonte]
A clasificación das substancias explosivas de diferentes tipos pode efectuarse de moitos xeitos. Hai tres formas principais aceptadas de xeito xeral: por natureza, por sensibilidade e por utilización. Máis aínda, na clasificación é moi difícil e é frecuente atopar tipoloxías con base nun un grupo químico funcional e en nomes comerciais cando se trata de mesturas de substancias explosivas.
Substancias explosivas segundo a súa natureza explosiva[editar | editar a fonte]
Deflagrantes[editar | editar a fonte]
Son os explosivos nos que a reacción iníciase por mecanismos químicos tradicionais: activación termocinética. A velocidade destes no supera a velocidade do son (medida no medio explosivo, xa que, ó ser sólido ou líquido, é moi superior á do aire). A barreira do son modula a enerxía cedida, de xeito que non son moi potentes. O seu interese é pequeno: pirotecnia e algunhas aplicacións nas que se require baixa potencia.
Os propelentes considéranse subgrupo dos explosivos deflagrantes.
Exemplos:
- Pólvora negra
- Outras pólvoras ou explosivos que usan de oxidante o Nitrato de Potasio e o Clorato de Potasio polo xeral son deflagrantes.
Detonantes[editar | editar a fonte]
A reacción neste grupo autoabastécese por unha onda de choque, supersónica (no medio que percorre), que activa ó explosivo ó ir chegando ó lugar no que está. Pola alta velocidade de reacción, son explosivos moi potentes. Nesta clase pódense incluír tódalas substancias explosivas seguintes:
Substancias explosivas por sensibilidade[editar | editar a fonte]
Primarios[editar | editar a fonte]
Son os explosivos que requiren cantidades mínimas de enerxía para activarse. Teñen un gran perigo e en xeral úsanse 'flegmatizados' (insensibilizados ou desensibilizados). De calquera xeito, a súa potencia é relativamente pequena en comparación coa dos demais subgrupos.
A enerxía liberada polos explosivos primarios na súa detonación nos casos máis comúns, representan calores de explosión arredor dos 1700 kJ/kg (400 kcal/kg), fronte a valores de 4000 kJ/kg, e superiores, típicos dos explosivos secundarios.
- Triioduro de amonio
- Fulminato de mercurio
- Fulminato de prata
- Azida de chumbo o nitruro de chumbo.
- Azida de prata
- Estifnato de chumbo o trinitroresorcinato de chumbo.
- Hexanitrato de manitol
- Acetiluro de prata
Secundarios[editar | editar a fonte]
Responden con enerxías de activación intermedias (aínda que son abondo inhomoxéneos). As potencias son moi altas, na orde dos GW.
- Nitroglicerina Moi sensible. En xeral, aplícaselle un desensibilizador.
- Trilita ou TNT (Trinitrotolueno)
- Hexóxeno, RDX Ciclonita (trinitrofenilmetilnitramina)
- Pentrita, PT, PETN Tetranitrato de pentaeritrita
- Ácido pícrico ou TNP (Trinitrofenol)
- Picrato de amonio
- Tetranitrometano
- Octóxeno ou HMX (Ciclotetrametilentetranitramina)
- Nitrocelulosa
- Cloratita
Terciarios[editar | editar a fonte]
Familia constituída case exclusivamente por NAFOS (nitrato de amonio e fuelóleo), é coñecida pola súa grande insensibilidade.
- ANFO (en inglés; correspondendo a NAFO en galego)
Regulamentación[editar | editar a fonte]
A legalidade de posesión ou uso de explosivo varía segundo a xurisdición. Varios países do mundo redactaron leis sobre explosivos e requiren licenzas para fabricar, distribuír, almacenar, empregar e posuír explosivos ou os seus ingredientes.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Sastri, M.N. (2004). Weapons of Mass Destruction. APH Publishing Corporation. p. 1. ISBN 978-8176487429.
- ↑ Singh, Kirpal (2010). Chemistry in Daily Life. Prentice-Hall. p. 68. ISBN 978-8120346178.
- ↑ Sigurðsson, Albert (17 de xaneiro de 2017). "China's explosive history of gunpowder and fireworks". GB Times. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 01 de agosto de 2018.
|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda) - ↑ Pomeranz, Ken; Wong, Bin. "China and Europe, 1500–2000 and Beyond: What is Modern?" (PDF). 2004: Columbia University Press. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2016. Consultado o 01 de agosto de 2018.
- ↑ Kerr, Gordon (2013). A Short History of China. No Exit Press. ISBN 978-1-84243-968-5.
- ↑ Takacs, Sarolta Anna; Cline, Eric H. (2008). The Ancient World. Routledge. p. 544.
- ↑ Back, Fiona (2011). Australian History Series: The ancient world. p. 55. ISBN 978-1-86397-826-2.
- ↑ Ankony, Robert C., Lurps: A Ranger's Diary of Tet, Khe Sanh, A Shau, and Quang Tri, revised ed., Rowman & Littlefield Publishing Group, Lanham, MD (2009), p.73.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Explosivo ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|