24 de marzo
Aparencia
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | ||||||
2025 Todos os días |
O 24 de marzo é o 83º día do ano do calendario gregoriano e o 84º nos anos bisestos. Quedan 282 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1603 - Xacobe I nomeado rei de Inglaterra, séndoo xa de Escocia e de Irlanda.
- 1765 - Guerra revolucionaria das colonias americanas do Reino Unido.
- 1814 - Fernando VII entra en España para facerse cargo do Goberno tras a Guerra da Independencia española.
- 1882 - Robert Koch anuncia o descubrimento da bacteria que causa a tuberculose.
- 1922 - Orde pola que se funda o Museo de Belas Artes da Coruña.
- 1936 - Son atopados os restos de Fernando de Rojas nunha igrexa de Talavera de la Reina.
- 1949 - Por primeira vez unha película británica, Hamlet, interpretada por Laurence Olivier, obtén o Óscar.
- 1976 - Golpe de estado na Arxentina que depón a Isabel Perón, primeira muller presidente dun país e viúva de Perón.
- 1989 - O petroleiro Exxon Valdez comeza a verter 260 000 barrís de cru no estreito do Príncipe Guillerme, que contaminará 1000 km de costa e 2000 km² de mar.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1793 - Antonio Rosmini, filósofo italiano.
- 1809 - Mariano José de Larra, escritor e xornalista español.
- 1812 - Robert Latham, etnólogo e lingüista inglés (m. 1888).
- 1822 - Antonio Romero Ortiz, político galego.
- 1834 - William Morris, activista político e artista británico (m. 1896).
- 1874 - Harry Houdini, ilusionista húngaro.
- 1878 - Gonzalo López Abente, escritor galego.
- 1897 - Wilhelm Reich, médico e psicanalista austríaco-estadounidense (m. 1957).
- 1903 - Adolf Butenandt, bioquímico alemán (m. 1995).
- 1911 - Álvaro Paradela Criado, médico e escritor galego (m. 1979).
- 1917 - John Cowdery Kendrew, químico inglés (m. 1997).
- 1922 - Vasili Smyslov, xogador de xadrez ruso.
- 1926 - Dario Fo, director e escritor de teatro italiano.
- 1930 - Steve McQueen, actor estadounidense (m. 1980).
- 1930 - Agustín González, actor español (m. 2005).
- 1951 - Tommy Hilfiger, deseñador e estilista americanos.
- 1952 - Quim Monzó, escritor e xornalista catalán.
- 1959 - Carlos Pereira Martínez, historiador e ensaísta galego.
- 1970 - Sharon Corr, cantante e instrumentista irlandesa.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 809 - Harun al-Rashid, Califa Abbásida, (n. 763).
- 1455 - Papa Nicolás V, o primeiro Papa renacentista (n. 1397).
- 1603 - Elizabeth I, raíña de Inglaterra.
- 1844 - Bertel Thorvaldsen, escultor dinamarqués (n. 1770).
- 1877 - Walter Bagehot, ensaísta e xornalista inglés.
- 1894 - José Tarrío García, xornalista e político galego.
- 1904 - Edwin Arnold, xornalista e escritor británico.
- 1905 - Jules Verne, escritor francés.
- 1915 - Morgan Robertson, escritor e inventor norteamericano.
- 1916 - Enrique Granados, compositor e pianista catalán.
- 1917 - Xesús Rodríguez López, médico e escritor galego.
- 1946 - Alexander Alekhine, campión de xadrez ruso, nacionalizado francés (n. 1892).
- 1948 - Nikolai Berdiaev, escritor e filósofo ruso (n. 1874).
- 1962 - Auguste Piccard, físico e explorador (n. 1884).
- 1970 - Manuel Puente González, empresario e galeguista da Arxentina.
- 1971 - Arne Jacobsen, arquitecto e deseñador dinamarqués.
- 1980 - Luís Bouza-Brey Trillo, avogado, escritor e político galego (n. 1905).
- 1990 - An Wang, pioneiro informático (n. 1920).
- 1992 - Ricardo Portela, gaiteiro galego.
- 1995 - Joseph Needham, bioquímico británico (n. 1900).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Mundial da Tuberculose.[1][2]
- Día Nacional na Arxentina da Memoria pola Verdade e a Xustiza.[3]
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: Santos Agapito, Catarina, Rómulo, Simeón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Historia del Día Mundial de la Tuberculosis" (en castelán). Consultado o 11.05.2024.
- ↑ "Campañas mundiales de salud pública de la OMS. Día Mundial de la Tuberculosis" (en castelán). Consultado o 11.05.2024.
- ↑ "Argentina recuerda el golpe militar de 1976". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2018.