Saltar ao contido

Moldova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir co Río Moldova, romanés, afluente do Río Siret.
Non confundir co Río Moldava ou Vltava, checo, afluente do Río Elba.
Modelo:Xeografía políticaMoldova
Imaxe

HimnoLimba noastră Editar o valor en Wikidata

Lema«Dewch i Ddarganfod Taith Bywyd» Editar o valor en Wikidata
EpónimoPrincipado de Moldova Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°15′00″N 28°31′00″L / 47.25, 28.51667
CapitalChișinău Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Bender
Bălți
Chișinău (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 37+
Poboación
Poboación2.603.813 (2022) Editar o valor en Wikidata (76,94 hab./km²)
Lingua oficiallingua romanesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie33.843,5 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Bălănești (430 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Dnister (2 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación27 de agosto de 1991 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernoRepública parlamentaria Editar o valor en Wikidata
• Presidenta Editar o valor en WikidataMaia Sandu (2020–) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataDorin Recean (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Moldova , (Escano: 101) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal13.692.230.147 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
Moedaleu moldovo Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.md Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+373 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112 Editar o valor en Wikidata
Código de paísMD Editar o valor en Wikidata

Sitio webmoldova.md Editar o valor en Wikidata

Moldova[1][2][3] ou República Moldova,[4][5] (en romanés: Republica Moldova) é un país sen saída ó mar da Europa do Leste, que limita con Romanía polo Oeste e con Ucraína polo Leste. Foi unha das repúblicas constituíntes da Unión Soviética ata 1991.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome deriva do río Moldova. Antes da decisión do Seminario de Lexicografía da RAG[6] tamén era común en galego a forma Moldavia.[1][7][8][9][10][11][12][13][14][15]

Na súa historia, Moldova está fortemente vencellada a Romanía. O territorio da actual Moldova foi habitado na Antigüidade polos dacios. Emprazada sobre unha ruta estratéxica entre Asia e Europa, Moldova foi vítima de numerosas invasións, incluíndo o Principado de Kíiv e os mongois.

A fins da Idade Media a Moldova comprendía todo o territorio poboado maioritariamente por romaneses emprazado entre os Montes Cárpatos ó oeste e o río Nistru ó leste. No século XIV tendo por núcleo a Bucovina constituíuse o principado de Moldova que foi invadido e ocupado polos turcos en 1512, a familia de "beŷs" (especie) de "vicerreis" apelidada Besarab ó servizo da chamada "Sublime Porta" (Imperio Otomán) deu o nome ó sector de Moldova emprazado ó nordeste do río Codrii, así xurdiu a provincia de Besarabia, que incluía case a totalidade da actual República Moldova aínda que tamén algúns distritos cara ó sur (que tras 1947 pasaron a Ucraína), deste modo se conformou a parte oriental do principado de Moldova. Este volveuse tributario do Imperio Otomán tendo como límite oriental o Xedisán e setentrional a Podolia, aínda que en 1812 o Tratado de Bucarest transferiu Besarabia a Rusia como un dos "Principados Danubianos". A parte occidental de Moldova converteuse máis tarde en parte de Romanía. A Guerra de Crimea fixo retroceder as fronteiras rusas na rexión, aínda que a Besarabia (cuxo territorio é o que constitúe xunto á Transnistria a maior parte da actual república de Moldova) mantívose baixo control ruso.

Trala Revolución Rusa de 1917, Besarabia foi rapidamente convertida nunha república independente en 1918, pero uniuse a Romanía ese mesmo ano, quedando só a pequena franxa da Transnistria dentro da URSS. O pacto Molotov-Ribbentrop permitiu á Unión Soviética tomar Besarabia en xuño de 1940 e, a pesar de seren expulsadas novamente en 1941 trala Operación Barbavermella, as tropas soviéticas reocuparon a área en agosto de 1944. Baixo o goberno soviético as rexións do norte e o sur habitadas por ucraínos e romaneses foron transferidas a Ucraína e Transnistria (cunha importante poboación rusa) uniuse co resto nun mesmo estado chamado "República Soviética Socialista de Moldova", a cal ocupaba o actual territorio da República Moldova.

Cando a Unión Soviética desapareceu, en agosto de 1991, Moldova proclamouse independente converténdose en membro da Comunidade de Estados Independentes en decembro dese mesmo ano, ó igual cá maioría das anteriores repúblicas soviéticas. Nun principio houbo un movemento pro-reunificación con Romanía, pero un referendo en marzo de 1994 recibiu unha enorme maioría de votos a favor da conservación da independencia.

Ese mesmo ano, a nova Constitución de Moldova, en vistas de acomodar ás minorías rusa, ucraína e gagauza, recoñece a creación das súas propias entidades territoriais dentro da estrutura nacional da República Moldova, permitindo a creación de organismos lexislativos propios, goberno e competencias lingüísticas. Do mesmo modo, permitíase para estes territorios a secesión se Moldova se unise a Romanía.

As eleccións presidenciais de 1996 resultaron propicias para os agrarios e os socialistas, principais partidos da esquerda moldova, e Petro Lucinschi foi nomeado Presidente da República, cun 54 por cento dos votos. Dende o principio do seu mandato, Lucinschi tratou de soluciona-lo problema, xa endémico, de Transnistria, achegando posicións coa Federación Rusa. Así a todo, as conversas entre os nacionalistas de Transnistria e os representantes da República de Moldova continúan sendo intermitentes e pouco produtivas, pese ó amplo grao de autonomía que o Estado moldovo outorgou a este territorio.

As eleccións lexislativas celebradas en 1998 estiveron caracterizadas pola soidade en que quedou o partido gañador, o Partido Comunista da República de Moldova, que non puido formar goberno. Boa parte dos partidos restantes da cámara uníronse en torno ó Bloque para unha Moldova Próspera e á Convención Democrática, formando un goberno de coalición.

A falta de acordos, a crispación política e o fracaso á hora de elixir un novo Presidente da República, provocaron a convocatoria de eleccións anticipadas para o 25 de abril de 2001. O Partido Comunista, con Vladimir Voronin e Vasile Tarlev á cabeza, obtivo unha importante vitoria electoral, conseguindo a metade dos votos emitidos, e obtendo a maioría absoluta na cámara. Voronin converteuse en Presidente da República de Moldova, e Tarlev en Primeiro Ministro. O partido comezou un amplo proceso de reformas económicas e sociais para favorece-la súa entrada na Unión Europea. Os esforzos do goberno tamén se orientaron na creación de emprego. O distanciamento de Moldova con respecto á Federación Rusa foi, no entanto, un crecente problema no asunto de Transnistria.

Os comunistas revalidaron a maioría absoluta nas eleccións de marzo de 2005, aínda que reduciron o seu número de representantes na cámara de 70 a 56.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

O Parlamento unicameral moldovo conta con 101 asentos e os seus membros son electos a través do sufraxio popular por catro anos. O Parlamento logo elixe ó presidente, quen exerce como xefe de Estado. O presidente nomea a un primeiro ministro como xefe de goberno, quen á súa vez confecciona un gabinete, ambos os sometidos á aprobación do Parlamento. Na actualidade o cargo de presidente ocúpao Igor Dodon e o de primeiro ministro Ion Chicu.[16]

División territorial

[editar | editar a fonte]
División administrativa de Moldova.

Dende 2003 (mediante unha Lei aprobada o 19 de marzo de 2003), Moldova está dividida en 32 distritos (raion, en plural raioane), 3 municipios (Chișinău, Bălți e Tighina), e dúas rexións semi-autónomas (Găgăuzia e Transnistria).

Demografía

[editar | editar a fonte]

A poboación de Moldova alcanza os 4,4 millóns (2006), e está decrecendo a un ritmo do 0,12 % anual. A maioría da poboación pertence á etnia romanesa (80 %), seguida por unha importante colectividade de rusos (7 %), ucraínos (7 %), alemáns, turcos, búlgaros e serbios que constitúen o resto da poboación. Os habitantes concéntranse nas chairas, onde están os centros industriais e desenvólvese a agricultura a grande escala.

O 72,2 % dos moldovos vive nas cidades, o que representa unha da proporcións máis baixas de Europa só superada por algúns dos seus veciños balcánicos. As principais cidades do país son Chisinau, a capital, con 1 millón de habitantes.

Moldova é un estado sen relixión oficial, aínda que máis do 70 % da poboación adscríbese á Igrexa ortodoxa romanesa. Tamén hai cantidades significativas de católicos protestantes (4 % da poboación) ou grupos pentecostais. Segundo o censo de 2002, tamén vivían no país 23.105 ateos e arrelixiosos e 6100 xudeus.

A romanés, co nome de moldovo, é a lingua oficial do país. Séguenlle en importancia o húngaro e o romaní, falados polas poboacións desas etnias. O francés é falado por un significativo número de persoas (entre 1 e 2 millóns), e Moldova é membro da Francofonía.

Economía

[editar | editar a fonte]
Billete de 1000 leus moldovos (anverso).
Artigo principal: Economía de Moldova.

A economía moldova, tradicionalmente agrícola, comezou, en consonancia co resto de territorios da Unión Soviética, un acelerado proceso de industrialización, especialmente alimentario (viño e azucre refinado). A produción de refrixeradores, confección, materiais de construción e maquinaria agrícola é tamén significativa.

A moeda en Moldova é o leu moldovo.

A agricultura, sendo aínda un importante motor económico, perdeu peso, a raíz da acelerada industrialización. Con todo, conseguiu florecer de novo ante a crise do seu sector industrial. Máis da metade da poboación activa da República de Moldova dedícase á agricultura.

A produción agrícola moldova é variada: xirasol, tabaco, cereais, vide, hortalizas, remolacha azucreira e pataca. A gandería é pouco significativa, e é principalmente bovina e porcina, ademais da cría de aves de curral.

Existe en Moldova petróleo, aínda que en pouca cantidade, e extráese sal dalgunhas minas. É unha das ex-repúblicas soviéticas máis pobres en recursos do subsolo explotados.

Como sucedeu no resto das antigas repúblicas que formaron a Unión Soviética, a economía moldova sufriu un forte retroceso tras a independencia. O conflito da República de Moldova coa zona rebelde de Trans-Dniéster ou Transnistria agravou aínda máis a situación.

Con respecto ao comercio exterior, en 2013, Rusia concentrou o 26% das exportacións moldovas seguido por Romanía (17%), Italia (7%), e Ucraína (5%). Por outra parte, tamén en 2013, Rusia subministrou a Moldova o 14% das súas importacións, seguido por Romanía (13%), Ucraína (12%), e China (8%).[18]

  1. 1,0 1,1 Rodríguez, Anaír; Davila Ventura, Montserrat (2004). Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). UVigo, Servizo de Publicacións. p. 110, 118 e 130. ISBN 84-8158-266-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05/04/2016. Consultado o 28/8/2019.  Nótese, nesta publicación, a convivencia das dúas formas: "Moldova" e "Moldavia"
  2. crtvg.es, ed. (1 de xuño de 2023). "Telexornal Serán "Pedro Sánchez reúnese cos líderes europeos en Moldova"". Consultado o 28 de outubro de 2024. 
  3. crtvg.es, ed. (23 de xuño de 2022). "Telexornal Serán 15:18 Os xefes de Goberno dos 27 deciden entre hoxe e mañá se aceptan a candidatura de Ucraína e Moldova para entrar na Unión Europea". Consultado o 28 de outubro de 2024. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para moldovo, moldova.
  5. g24.gal, ed. (8 de marzo de 2022). "Así son en galego os nomes das principais vilas e cidades de Ucraína". Consultado o 28 de outubro de 2024. 
  6. "O Seminario de Onomástica aproba a adaptación dos nomes da capital e doutras cidades ucraínas". Real Academia Galega. 8 de marzo de 2022. 
  7. Sanmartín, Goretti, ed. (2012). Criterios para o uso da lingua (PDF). Universidade da Coruña, Servizo de Normalización Lingüística. p. 131. ISBN 978-84-9749-504-2. 
  8. "Entrada moldavo en Digalego". Ir Indo. Consultado o 5/2/2018. 
  9. Diccionario enciclopédico galego universal
  10. Diciopedia do século 21.
  11. Enciclopedia Galega Universal.
  12. Atlas de Galicia e de España. Grupo Anaya.
  13. Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Edicións do Cumio.
  14. Faginas Souto, Sandra; et al. (2002). "galego-topónimos". Libro de estilo de La Voz de Galicia (PDF) (1ª ed.). p. 178. ISBN 84-9757-065-0. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de novembro de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2019. 
  15. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.  A forma "Moldova" non aparece en ningún artigo; a forma "Moldavia" aparece nos artigos: "COSERIU, Eugenio", "FRAGA, Conchita" e "VÁZQUEZ ARIAS, Fernando".
  16. "El Parlamento moldavo aprueba el nuevo Gobierno, liderado por el exministro Ion Chicu" (en castelán). Europa Press. 14/11/2019. Consultado o 15/11/2019. 
  17. Territorio de status político non definido.
  18. CIA (2014). "Moldova". The World Factbook (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  1. A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e apoiar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic].

Outros artigos

[editar | editar a fonte]