Apartheid
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Apartheid | |
---|---|
Sinal nunha praia de Durban: "Baño reservado para membros do grupo racial branco" | |
Tipo | Réxime político e xeito de racismo de Estado |
Data de fundación | 1948 |
Data de disolución | 1991 |
Eventos/Actividades | Coloured vote constitutional crisis |
[ editar datos en Wikidata ] |
Apartheid[1] é unha palabra da lingua afrikaans que significa vida separada e que foi adoptada legalmente en 1948 en Suráfrica para designar un réxime segundo o cal os brancos tiñan o poder e os pobos restantes eran obrigados a vivir separadamente, de acordo con regras que lles impedían ser verdadeiros cidadáns. A tradución máis común ao galego sería segregación racial, ou aínda política de segregación racial. A ideoloxía do apartheid tamén se aplicou en África do Suroeste, administrada por Suráfrica como mandato da Liga de Nacións (revogado en 1966 pola Resolución das Nacións Unidas 2145),[2] e que estivo en vigor ata que logrou a súa independencia en 1990.[3] Por extensión, o termo tamén se emprega para a segregación sistemática establecida por unha autoridade estatal contra os dereitos sociais e civís dun determinado grupo de cidadáns, debido a prexuízos étnicos.[4] O primeiro rexistro do uso desta palabra atópase nun discurso de Jan Smuts en 1917, político que en 1919 chegou a primeiro ministro de Suráfrica.
Este réxime foi abolido por Frederik de Klerk en 1990 e, finalmente en 1994 celebráronse eleccións libres.
Consecuencias do apartheid
[editar | editar a fonte]O apartheid foi posto en funcionamento por lei. As restricións non foron só sociais senón que eran obrigatorias pola lei.
Os non-brancos estaban excluídos do goberno nacional e non podían votar excepto en eleccións a institucións segregadas que non tiñan poder.
Aos negros prohibíanselle diversos empregos e tamén empregar a brancos. Non podían manter negocios ou prácticas profesionais en calquera área designada soamente para brancos. Cada metrópole significativa e practicamente todas as áreas comerciais estaban dentro das zonas só para brancos. Os negros (excepto uns poucos que tiñan dereitos da "Sección 10") que constituían o 70% da poboación, foron excluídos de todo menos unha pequena proporción do país, a non ser que eles tivesen un pase que era imposíbel de conseguir para a maioría. A implantación desta política resultou na confiscación da propiedade e movemento forzado de millóns de negros. Un pase só se lle daba a quen tiña traballo aprobado; as esposas e nenos tiñan quedaban fóra. Ese pase emitíao un maxisterio distrital confinando os (negros) que o posuían a aquela área. Non ter un pase válido facía un negro suxeito á prisión inmediata, xuízo sumario e "deportación" da "patria". A policía que tiñan o símbolo sjambok vixiaban a "área branca" para descubrir os negros "ilegais".
A terra conferida aos negros era tipicamente moi pobre, imposibilitada de prover recursos á poboación forzada á ela. As áreas de negros raramente tiñan saneamento ou electricidade.
Os hospitais estaban segregados, os destinados a brancos igualaban a calquera do mundo occidental, mentres que os destinados a negros tiñan comparativamente unha seria falta de persoal e fondos. As ambulancias estaban segregadas, forzando a que a "raza" da persoa fose correctamente identificada cando eran chamadas. Unha ambulancia "branca" non levaría un negro ao hospital. As ambulancias para negros normalmente contiñan pouco ou ningún equipamento médico.
Nos anos 1970 a educación de cada neno negra custaba ao estado só un décimo do que a dun neno branco. A educación superior era practicamente imposíbel para a maioría dos negros: as poucas universidades de alta calidade estaban reservadas aos brancos. Alén diso, a educación provida aos negros deliberadamente non os preparaba para a universidade, e si para os traballos manuais dispoñíbeis para eles.
Os trens e buses estaban segregados. Alén diso, os trens para brancos non tiñan vagóns de terceira clase, mentres que os trens para negros estaban sobreutilizados e presentaban só vagóns de terceira clase. Os ómnibus de negros paraban só en paradas de negros e os de brancos, nas de brancos.
As praias tamén estaban racialmente segregadas, coa maioría (incluíndo todos as mellores) reservadas para brancos.
Piscinas públicas e bibliotecas acontecía o mesmo, aínda que practicamente non habían piscinas ou bibliotecas para negros. Case non había parques, cinemas, campos para deportes ou diversións a non ser postos policiais nas áreas negras. Os bancos dos parques estaban marcados "Só para europeos".
O sexo interracial estaba prohibido. Os policías negros non tiñan permiso para prender aos brancos. Os negros non tiñan autorización para comprar a maioría das bebidas alcohólicas. Un negro podería estar suxeito á pena de morte por violar a unha branca, mais un branco que violase a unha negra recibía só unha multa, e case sempre nin iso.
Os cinemas nas áreas brancas non tiñan permiso para aceptar negros. Os restaurantes e hoteis non tiñan permiso para aceptar negros, a non ser como funcionario.
Non se permitía aos negros organizárense en sindicatos, ata os anos 1980, e calquera sindicato "político" estaba prohibido. As folgas estaban prohibidas e severamente reprimidas. Os negros pagaban impostos sobre unha renda baixa do nivel de R30 ao mes (aprox. 15 libras nos anos 70), o límite de exención dos brancos era moito máis alto.
O apartheid perverteu a cultura africana, así como as leis. Un branco que entrase nun comercio sería atendido primeiro, independente da idade, vestimenta ou calquera outro factor. Ata os anos 1980, dos negros sempre se esperaría que descendesen da calzada para dar pasaxe a calquera peón branco. Un neno branco sería chamado de "klein baas" (pequeno xefe) por un negro; un negro adulto debería ser chamado de "rapaz", na súa cara, por brancos.
Motivacións por tras da implantación do apartheid
[editar | editar a fonte]É interesante examinar o que motivou os criadores das políticas de apartheid e que visión do mundo defendían esas persoas para xustificar tal discriminación.
É común considerar que o apartheid ten como centro das súas crenzas que (I) outras razas son inferiores, (II) o tratamento inferior a razas "inferiores" é apropiado, e (III) tal tratamento debería ser reforzado pola lei. Con todo, teñen existido e continúan a existir apoloxistas académicos para o apartheid que argumentan que a pesar dos fallos do apartheid en Suráfrica, tiña a intención polos seus arquitectos de ser un sistema que separase as razas, previndo os "brancos" (e outras minorías) de seren "engulidos" e perderen a súa identidade, mais trataría, con todo, as razas de forma xusta e igual. Herman Giliomee no seu libro Os Afrikaners describe cantos do liderado intelectual dos africáners tiñan boas intencións xenuínas. El non responde porén, á cuestión de como a elite intelectual foi capaz de xogar o xogo "non vexa o mal, non oia o mal, non fale do mal" tanto durante tanto tempo, a pesar de encararse coas crueldades do apartheid diariamente.
Un caso en discusión é o documento Afrikaner Broederbond referenciado abaixo. Nel afírmase a crenza africáner na democracia e nos principios cristiáns. A súa visión da democracia, con todo, sistematicamente excluíu aos non-brancos, e o seu entendemento dos principios cristiáns non se estendían ao trato igual aos seus veciños negros. Aparentemente eles recoñecían aos negros como inferiores ou "excesivamente diferentes" para seren tratados de igual forma.
O goberno surafricano tentou dividir o Estado de Suráfrica recoñecido internacionalmente nun sen número de republiquetas. Algo como 87% da terra estaba reservada aos brancos, mestizos, e indianos. Cerca de 13% da terra dividíase en dez "patrias fragmentadas para os negros (80% da poboación) aos cales se lle daba a "independencia", a pesar que a autonomía era máis teórica que real: o exército de Suráfrica interviría para eliminar gobernos das "patrias" que implementasen políticas que non fosen do gosto de Suráfrica. O goberno de Suráfrica tentou trazar unha equivalencia entre a súa visión de "cidadáns" negros nas "patrias e a visión da Unión Europea e dos Estados Unidos sobre inmigrantes ilegais vidos da Europa Oriental e América Latina, respectivamente.
Historia do apartheid en Suráfrica
[editar | editar a fonte]Suráfrica foi colonizada polos neerlandeses e o británicos do século XVII en diante. Como acontecía normalmente no caso de colonias na África, os colonizadores Europeos dominaban os nativos a través de control político e militar e do control da terra e da riqueza.
Despois das guerras bóers entre os independentistas africáners e os ingleses, foi criada a Unión Surafricana en 1910, co estatuto de Dominio do Imperio Británico. Aínda que o sistema colonias fose esencialmente un réxime racista, foi nesta fase cando comezaron a forxar as bases legais para o réxime do apartheid. Por exemplo, na propia constitución da Unión, aínda que fose considerada unha república unitaria, cun único goberno, apenas na Provincia do Cabo os non-brancos que fosen propietarios tiñan dereito ao voto, porque as provincias mantiñan algunha autonomía.
Unha das primeiras leis adoptadas foi o "Regulamento do Traballo Indíxena" ("The Native Labour Regulation Act", en inglés) de 1911, segundo a cal era considerado un crime - só para os "africanos", ou sexa, os "non-brancos", a quebra dun contrato de traballo. Aínda no mesmo ano, foi promulgada a "Lei da igrexa reformada neerlandesa" ("The Dutch Reformed Church Act"), que prohibía aos negros de se tornaren membros de pleno dereito daquela igrexa.
Máis importante aínda foi a "Lei da Terra" ("Natives Land Act") de 1913, que dividiu Suráfrica en áreas onde só negros ou brancos podían ter a pose da terra: os negros, que constituían dous terzos da poboación, ficaron con dereito a 7,5 % da terra, mentres os brancos, que eran apenas un quinto da poboación, ficaron con dereito a 92,5 % da terra; os mestizos ("coloured") non tiñan dereito á pose da terra. Esta lei determinaba igualmente que os "africanos" só poderían vivir fóra das súas terras cando fosen empregados dos brancos. Pasou tamén a ser ilegal a práctica usual de ter rendeiros negros nas plantacións.
Nos anos que se seguiron á vitoria do Partido Nacional nas eleccións xerais de 1948, aprobáronse un gran número de leis, instituíndo aínda máis a dominación da poboación branca sobre outras razas.
As principais leis do apartheid foron as seguintes:
- A Lei de Prohibición de Casamentos Mistos (1949)
- Emenda á Lei de Inmoralidade (1950)
- Esa lei tornou acto criminal unha persoa branca ter relacións sexuais cunha persoa de raza diferente.
- A Lei de Rexistro da Poboación (1950)
- Esa lei requiría que todos os cidadáns se rexistrasen como negros, brancos ou mestizos.
- A Lei de Supresión do Comunismo (1950)
- A Lei de Áreas de Agrupamento (Group Areas Act de 27 de abril de 1950)
- Esa lei eliminou persoas dalgunhas razas de varias áreas urbanas
- Lei da Auto-determinación dos Bantú (Bantu Self-Gobernment Act, de 1951) - Esta lei estabelecía as chamadas “Homelands” (coñecidas para o resto do mundo como “Bantustións”) para dez diferentes tribos “africanas” (de negros), onde eles podían residir e ter propiedades.
- A Lei de Reserva de Beneficios Sociais Separados (1953)
- Esa lei prohibiu a persoas de razas diferentes usar as mesmas instalacións públicas.
- A Lei de Educación Bantú (1953)
- Esa lei trouxo varias medidas explicitamente criadas para reducir o nivel de educación recibida pola poboación negra.
- A Lei de Minas e Traballo (1956)
- Esa lei formalizaba a discriminación racial no emprego.
- A Lei de Promoción do Auto-Goberno Negro (1958)
- Esa lei criou "patrias" nominalmente independentes para persoas negras. Na práctica, o goberno surafricano tiña unha influencia forte sobre un bantustán.
- Lei de Cidadanía da Patria Negra (1971)
- Esa lei mudou o status dos nativos das 'patrias' de forma que eles non fosen considerados cidadáns de Suráfrica, non tendo así ningún dereito asociado a esa cidadanía.
En 21 de marzo de 1960, 20.000 persoas negras congregadas en Sharpeville protestaron contra o requirimento aos negros de portaren as identidades (baixo as regras estipuladas na Lei da Licenza). A policía abriu fogo contra eles, matando a 69 e ferindo 180. Todas as vítimas eran negras. A maioría delas disparáronlle polas costas. O Coronel J. Pienaar, o oficial da policía encargado no día, foi visto dicindo que
- "Hordas de nativos cercaron a delegación. O meu coche foi alcanzado por unha pedra. Se fan esas cousas, eles deben aprender a lección de modo difícil."
Ese evento ficou coñecido como o Masacre de Sharpeville. Como consecuencia, o goberno prohibiu o Congreso Nacional Africano (ANC) e o Congreso Panafricanista (PAC).
O evento levou a unha gran mudanza nas tácticas do ANC, mudando de medios pacíficos a medios violentos. A pesar de teren as súas unidades detonado bombas nos edificios do goberno nos anos seguintes, o ANC e o PAC non eran amezas ao Estado, que tiña o monopolio do armamento moderno.
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Resolución 1761 o 6 de novembro de 1962 que condenou as políticas racistas do apartheid sur-africano e pediu que todos os países-membros da ONU cancelases as relacións militares e económicas con Suráfrica.
En 1964, Nelson Mandela, líder do ANC, foi condenado á prisión perpetua.
En 1974 o goberno aprobou o Decreto de Midia Afrikaans que forzaba todas as escolas a usaren a lingua afrikaans cando ensinasen aos negros matemática, ciencias sociais, xeografía e historia na educación secundaria. Punt Janson, o viceministro de educación bantú dixo: "Eu non consultei o pobo africano na cuestión da lingua e non vou consultar. Un africano pode pensar que 'o xefón' só fala afrikaans ou inglés. Sería vantaxoso para el saber as dúas linguas."
Esa política foi profundamente impopular. O 30 de abril de 1976, os nenos Primario Orlando West en Soweto entraron en folga, rexeitando ir a escola. A rebelión espallouse por outras escolas en Soweto. Os estudantes organizaron un protesta en masa o 16 de xuño de 1976, que acabou violenta - a policía respondeu con balas ás pedras tiradas polos nenos. O incidente disparou unha onde de violencia xeneralizada por toda Suráfrica, o que segou centenas de vidas.
Internacionalmente, Suráfrica ficou illada. Innúmeras conferencias aconteceron e aprobáronse as resolucións das Nacións Unidas condenando Suráfrica, incluíndo a Conferencia Mundial Contra o Racismo en 1978 e 1983. Un inmenso movemento de cercenamento de dereitos iniciouse, premendo os investidores a rexeitaren de investir en empresas de Suráfrica ou empresas que fixesen negocios con Suráfrica. Os equipos deportivos de Suráfrica prohibíuselle de participaren de eventos internacionais, e o turismo e a cultura sur-africanos foron boicoteados.
Eses movementos internacionais, combinados con problemas internos, persuadiron o goberno Sur-Africano que a súa política de liña dura era indefendíbel e en 1984 introducíronse algunhas reformas. Moitas das leis do apartheid foron abolidas, e promulgouse unha nova constitución que daba representación limitada a certos non-brancos, a pesar de non estendelas á maioría negra. A violencia continuou ata os anos 1980.
Os anos máis violentos dos anos 80 foron os de 1985 a 1988, cando o goberno P. W. Botha comezou unha campaña para eliminar os opositores. Por tres anos a policía e os soldados patrullaron as cidades sur-africanas en vehículos armados, destruíndo campos pertencentes a negros e detendo, abusando e matando centenas de negros. Ríxidas leis de censura tentaron esconder os sucesos, prohibindo medios de comunicación.
En 1989, F. W. de Klerk sucedeu a Botha como presidente. O 2 de febreiro de 1990, na apertura do parlamento, declarou que o apartheid fracasara e que as prohibicións aos partidos políticos, incluíndo a ANC, serían retiradas. Nelson Mandela foi soltado da prisión. De Klerk seguiu abolindo todas as leis que apoiaban o apartheid.
O 15 de abril de 2003, o presidente Thabo Mbeki anunciou que o goberno de Suráfrica pagaría 660 millóns de Rand (aproximadamente 85 millóns de dólares norte-americanos) para preto de 22 mil persoas que foran torturadas, detidas ou que perderan familiares a consecuencia do apartheid. A Comisión para a Verdade e a Reconciliación, formada para investigar os abusos da era do apartheid, recomendara ao goberno pagar 3000 millóns nos cinco anos seguintes.
O apartheid nas leis internacionais
[editar | editar a fonte]O apartheid surafricano foi condenado internacionalmente como inxusto e racista. En 1973 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou o texto da Convención Internacional da Punición e Supresión ao crime do Apartheid. A intención inmediata da convención era provir a estrutura formal e legal para que os membros puidesen aplicar sancións para empuxar os gobernos sur-africanos a mudar as súas políticas. A convención gañou forza en 1976.
O Artigo II da convención define o apartheid así:
No propósito da presente convención, o termo "crime de apartheid", que debe incluír prácticas de segregación e discriminación racial e políticas similares ás practicadas no sur da África, debe aplicarse aos seguintes actos inhumanos cometidos co propósito de establecer e manter a dominación dun grupo racial de persoas sobre calquera outro grupo racial de persoas e a opresión sistemática destas:
- (a) Negación a un membro ou membros dun grupo ou grupos raciais ao dereito á vida e á liberdade individual
- (i)Por asasinato ou asasinatos de grupo ou grupos raciais;
- (ii) Por uso de agresións mentais ou corporais graves a membros de grupos raciais, polo infrinximento das súas liberdades ou dignidades, ou pola suxeición dos mesmos á tortura ou á punición/tratamento cruel e inhumano;
- (iii) Pola prisión arbitraria ou aprisionamento ilegal de membros de grupos raciais;
- (b) Imposición deliberada a grupos raciais de condicións de vida calculadas para causar a súa destrución física total ou parcial;
- (c) Calquera medida lexislativa e outras medidas calculadas para evitar que un grupo ou grupos raciais participen da vida política, social, económica ou cultural dun país e a creación deliberada de condicións que eviten o desenvolvemento completo dun grupo ou grupos raciais, en particular a través da negación dos dereitos e liberdades humanas, incluíndo o dereito ao traballo, o dereito de formar unións comerciais, o dereito á educación, o dereito de deixar e retornar ao seu país, o dereito á unha nacionalidade, o dereito de ir e vir e da mobilidade da residencia, o dereito á liberdade de opinión e expresión, e o dereito a xuncións e asociacións libres e pacíficas a membros de grupos raciais.
- (d) Calquera medida, incluíndo medidas lexislativas, destinadas a dividir racialmente a poboación pola creación de reservas separadas e guetos para membros dun grupo ou grupos raciais, a prohibición de casamentos que mesturen grupos raciais distintos, a expropiación de propiedades territoriais pertencentes a grupos raciais a membros que non son da comunidade;
- (e) Explotación da forza laboral de membros dun grupo ou grupos raciais, en particular pola submisión a traballos forzados;
- (f) Persecución de organizacións ou persoas, para privalas de dereitos e liberdades fundamentais, polo feitos desas seren opostas ao apartheid.
O crime tamén foi definido na Corte Criminal Internacional:
- "O crime de apartheid" refírese a actos inhumanos de carácter similar aos referidos no parágrafo 1, cometidos no contexto dun réxime institucionalizado para a opresión sistemática e dominación dun grupo racial sobre calquera outro grupo ou grupos, cometidos coa intención de manter o réxime [1][Ligazón morta]
Abolición
[editar | editar a fonte]O 10 de marzo de 1994, Nelson Mandela xurou como presidente de Suráfrica diante dunha eufórica multitude. Entre as súas primeiras accións foi crear a Comisión para a Verdade e a Reconciliación e reescribir unha Constitución. Na elección multirracial seguinte, o ANC de Mandela gañou con larga marxe, terminando efectivamente coa era do apartheid.
A herdanza do apartheid e as desigualdades socio-económicas que promoveu e sustentou poden aínda prexudicar a Suráfrica por moitos anos no futuro.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Algunhas películas que mostran a vida cotiá na Suráfrica do apartheid ou a súa historia son:
- Cry Freedom: baseada no relato do periodista antiapartheid Donald Woods, que conta a historia do activista surafricano Steve Biko.
- Catch a Fire: conta a historia real de Patrick Chamusso, antigo membro do Congreso Nacional Africano.
- The Gods Must Be Crazy e as súas catro secuelas, especialmente a segunda The Gods Must Be Crazy II.
- In my country: ambientada na época posterior á caída do apartheid baixo a mirada dun periodista norteamericano que acode ás vistas orais da "Comisión para a verdade e a reconciliación". Dirixida por John Boorman no ano 1993.
- The Power of One: baseada na novela homónima de Bryce Courtenay.
- Goodbye Bafana: narra as relacións de Nelson Mandela co seu carcereiro branco, que este último reflectiu nas súas memorias.
- The Color of Friendship: relata a amizade que xorde entre dúas adolescentes brancas, unha estadounidense e outra surafricana que está de intercambio escolar na casa da primeira. Ambientada nos anos setenta do século XX.
- Blood Diamond: menciona aos mercenarios do Batallón 32 Africáner e dos Executive Outcomes, que actuaron na Guerra civil de Serra Leoa.
- Sarafina!: céntrase nos estudantes negros que participaron nas revoltas de Soweto.
- The Wilby Conspiracy: baseada nunha novela de Peter Driscoll.
- Invictus: drama deportivo ambientado nos feitos ocorridos antes, durante e despois da vitoria de Suráfrica na Copa Mundial de Rugby de 1995.
- District 9: película de ciencia ficción ambientada nun Johannesburgo invadido por alieníxenas que reclúen os humanos nun gheto.
- Unha árida estación branca: filme de 1989 no que un profesor branco comeza a cuestionar o sistema do apartheid a raíz da detención do fillo do seu xardineiro. Protagonizada por Marlon Brando, Donald Sutherland e Susan Sarandon.
- Arma letal 2 : móstrase unha rede de tráfico de drogas onde participan axentes brancos do goberno de Suráfrica. Filme do ano 1989.
- Red Dust: céntrase nas vistas da "Comisión para a verdade e a reconciliación". Filme do ano 2004.
- The power one: ambientada en Suráfrica durante a segunda guerra mundial.
- The Bang Bang Club: filme canadense dirixido por Steven Silver en 2010. Narra as peripecias do grupo de fotógrafos que cubriron os violentos incidentes en Suráfrica na loita por derrocar o sistema apartheid.
- Kangamba: amosa a guerra de Angola, na que participaron as FAPLA, as SWAPO e as tropas cubanas contra a UNITA e as Forzas Armadas de Suráfrica. Filme cubano dirixido por Rogelio París en 2008.
- The World Unseen: ambientada na década de 1950 na Cidade do Cabo durante os comezos do apartheid. Dirixida en 2007 por Shamim Sarif.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apartheid.
- ↑ "Resolutions Adopted by the General Assembly during its 21st Session" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2013. Consultado o 11 de agosto de 2012.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|urlmorta=
redundantes (Axuda) - ↑ Gallagher, Michael. "The birth and death of apartheid". BBC News. Consultado o 17 de xuño de 2002.
- ↑ Merriam-Webster. Merriam-Webster, n.d. Web. 23 Feb. 2015. <http://www.merriam-webster.com/dictionary/apartheid>
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apartheid |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bearer of an Ideal (Portador dun Ideal) - un documento aberto ao público do Afrikanerbond (antigo Afrikaner Broederbond): conxunto de pensamentos que influenciaron as políticas de desenvolvemento separado en Suráfrica.
- Texto completo da convención da ONU