Uganda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República de Uganda
Republic of Uganda
Jamhuri ya Uganda
Bandeira de Uganda
Escudo de Uganda
Bandeira Escudo
Uganda (orthographic projection).svg
Lema: For God and My Country
Por Deus e o meu País

Capital Kampala
 • Poboación 1 208 544
Cidade máis poboada Kampala
Linguas oficiais Inglés, Swahili
Forma de goberno República democrática
Yoweri Museveni
Independencia do Reino Unido 9 de outubro de 1962
Superficie Posto 81º
 • Total 236 040 km²
 • % auga 15,39
Fronteiras 2 698 km
Poboación Posto 41º
 • Total (2009) 32 709 865 hab.
 • Densidade n/d
PIB (nominal)
 • Total n/d
 • per cápita n/d
PIB (PPA) Posto 76º
 • Total (2005) 48 620 US$
 • per cápita 1 817 US$
Moeda Chelín Ugandés (UGX)
IDH n/d
Xentilicio Ugandés, ugandesa
Fuso horario UTC + 3
 • Horario de verán Non aplica
Dominio de Internet .ug
Prefixo telefónico +256
Prefixo radiofónico 5XA-5XZ
Código ISO 800 / UGA / UG
Membro de: Commonwealth, UA, ONU

Uganda[1] é un país africano, cuxa capital é Kampala. En 2009 tiña 32.709.865 habitantes. Limitado ao norte con Sudán do Sur, ao sur co Lago Vitoria, Ruanda e Tanzania, ao leste con Quenia e ao oeste coa República Democrática do Congo.

Historia[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes coñecidos foron poboacións cazadoras colleitadoras. Hai 1500 ou 2000 anos comezaron a se asentar no territorio da actual Uganda poboacións de lingua bantú que viñan probablemente do centro e o oeste do continente e que se asentaron preferentemente no sur. O Imperio de Kitara do século XIV e XV representa a máis antiga forma de organización formal, seguida polo reino de Bunyoro-Kitara, e máis tarde o de Buganda e Ankole.

Poboación nilótica, como os luo e ateker entraron na área desde o norte, probabelmente arredor do 120 d.C. Asentáronse sobre todo no norte e leste. Esta área foi, en 1888, concedida á Compañía Británica da África Oriental e, en 1894, o reino do Buganda tornouse un protectorado do Reino Unido.

Despois de varias manobras por parte dos británicos, realizáronse eleccións a 1 de marzo de 1961 e Benedicto Kiwanuka tornouse “Ministro-Xefe” de Uganda, aínda como un protectorado e tornouse independente o 9 de outubro de 1962. Nos anos seguintes, verificouse unha loita política entre os apoiantes dun estado centralizado, en vez da federación vixente baseada nos reinos. Como resultado, en febreiro de 1966, o entón Primeiro Ministro Milton Obote suspendeu a constitución, asumiu todos os poderes e despois o de Presidente e Vicepresidente. En setembro de 1967, unha nova constitución proclamou Uganda como unha república, deu ao presidente poderes adicionais e aboliu os reinos tradicionais.

En 1971, Idí Amín tomou o poder nun golpe de estado e dirixiu o país como un ditador durante case unha década, expulsou os residentes de orixe indio e promoveu o asasinato dun número estimado en cerca de 300.000 cidadáns. O seu réxime terminou coa invasión dun exército de rebeldes, apoiados pola Tanzania no 1979.

Despois deste contra-golpe, a Fronte Nacional de Liberación de Uganda formou un goberno interino, con Yusuf Lule como presidente, que adoptou un sistema ministerial de administración e creou un órgano cuasi-parlamentario, a Comisión Consultiva Nacional (NCC), mais este órgano e o gabinete de Lule tiñan visións políticas diferentes e, en xuño de 1979, o NCC substituíu a Lule por Godfrey Binaisa. A disputa continuou sobre os poderes do presidente interino, Binaisa foi afastado en maio de 1980 e o Uganda pasou a ser gobernado por unha comisión militar dirixida por Paulo Muwanga. En decembro de 1980, foron realizadas eleccións, que levaron de novo á presidencia a Obote que, era vicepresidente de Muwanga. No período que se seguiu, as forzas de seguridade estableceron un dos peores récords de dereitos humanos do mundo. Nos seus esforzos para terminar cunha rebelión liderada por Yoweri Museveni e o seu Exército de Resistencia Nacional (“National Resistance Army” ou NRA), eles practicamente destruíron unha parte substancial do país, especialmente na área de Luwero, a norte de Kampala.

O 27 de xullo de 1985, unha brigada do exército, composta por “Acholi” (unha das etnias do Uganda) e comandada polo Tenente-Xeneral Basilio Olara Okello, tomou Kampala e proclamou novamente un goberno militar. Obote exiliouse na Zambia e o novo réxime, dirixido polo anterior comandante das forzas de defensa, o Xeneral Tito Okello (que non era parente de Olara-Okello), iniciou negociacións con Museveni, prometendo mellorar o respecto dos dereitos humanos, acabar cos conflitos entre tribos e organizar eleccións libres e xustas. Mentres tanto, as masacres continuaron unha vez que Okello tentaba destruír o NRA e seus apoiantes.

A pesar de negociacións en Nairobi, baixo a mediación do Presidente queniata Daniel Arap Moi, e de teren chegado a un acordo de cesar-fogo, o NRA continuou a loitar e, en xaneiro do 1986, capturou Kampala, forzando ás forzas de Okello a fuxiren para o Sudán e colocando a Museveni como presidente. Este acabou cos abusos aos dereitos humanos, iniciou unha política de liberalización e de liberdade de prensa e estableceu acordos co Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e con varios países.

Museveni foi democraticamente electo en 1996, cando concorreu contra Paul Ssemoxere, líder do Partido Democrático, tendo gaño o 75% dos votos.

Política[editar | editar a fonte]

Organización Administrativa[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións de Uganda.
Flag of Uganda.svg Distritos de Uganda
Uganda districts 2010.png

Uganda divídese en 111 distritos, en catro rexións administrativas. A maioría dos distritos teñen o nome das súas principais cidades comerciais e administrativas.

Cada distrito se subdivide en sub-distritos, condados, sub-condados, parroquias e vilas.

A continuación preséntanse cifras de poboación no censo de 2002. Nótese que daquelas só había 56 distritos, e os datos da poboación fixéronse mirando os condados e subcondados.

Demografía[editar | editar a fonte]

Uganda ten preto de 24 millóns de habitantes, vivindo principalmente á beira dos Grandes Lagos Africanos que este país partilla. Ten listadas 39 linguas africanas, dos grupos bantu e nilóticas, entre as cales, a máis falada (por cerca de 16 % da poboación[2] é a lingua “ganda” ou luGanda, relativa ao principal grupo étnico deste país, os buGanda. Outras linguas faladas polos residentes no Uganda són o inglés (lingua oficial), o kiSwahili e linguas indias.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Uganda.

Notas[editar | editar a fonte]