Cabo Cañaveral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 28°28′N 80°32′O / 28.467, -80.533

Cabo Cañaveral dende o espazo en 1991.

O cabo Cañaveral (en inglés: Cape Canaveral ) é un cabo situado na costa leste do estado de Florida ó norte da cidade homónima. É amplamente coñecido por ser, dende 1950, o principal centro das actividades espaciais dos Estados Unidos. Dende o punto de vista xeográfico é un estreito promontorio que se estende sobre o océano Atlántico.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi achado pola expedición liderada polo explorador e conquistador español Juan Ponce de León cando descubriron Florida en 1513.

A súa actividade como base de lanzamento para mísiles comezou o 24 de xullo de 1950 experimentando con foguetes V-2 modificados. O lugar era ideal porque os lanzamentos realizábanse en dirección leste e os mísiles podían así ser seguidos con facilidade no seu ascenso e caer no mar sen causar ningún dano.

No presente, o promontorio areoso está salpicado de ducias de ramplas de lanzamento e conta cunha tupida rede de estradas que o unen cos diversos laboratorios e centros de control. A área está controlada en parte pola NASA, o organismo espacial estadounidense que se ocupa dos programas espaciais civís, e en parte pola USAF, que organiza os militares.

En 1964 toda a zona é rebautizada Cabo Kennedy, en honra do presidente estadounidense John F. Kennedy asasinado o ano anterior. Con todo, dez anos despois, como consecuencia de múltiples protestas, foi novamente denominado Cabo Cañaveral e o nome de Kennedy só quedou para o centro espacial da NASA.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]