Poliomielite

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Poliomielite
Clasificación e recursos externos
Persoa cunha perna lisiada pola polio.
ICD-10 A80, B91
ICD-9 045 138
DiseasesDB 10209
MedlinePlus 001402
MeSH C02.182.600.700
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Nena recibindo a vacina da polio.

A poliomielite tamén chamada enfermidade de Heine-Medin, paralise infantil e máis comunmente pola súa forma abreviada polio, é unha doenza infecciosa cusada polo virus poliovirus e transmitida de persoa a persoa, sobre todo pola vía fecal-oral.[1] O termo deriva do grego polióis (πολιός), que significa "gris", myelós (μυελός "medula"), referíndose á substancia gris da medula espiñal, eo sufixo' '-ite' ', que denota inflamación,[2] é dicir, inflamación da substancia gris da medula espiñal. Con todo, algunhas infeccións máis graves poden estenderse ata o tronco encefálico e/ou estruturas superiores, dando paso a unha polioencefalite, que provoca apnea, a cal require de ventilación mecánica co uso dun respirador artificial.

Aínda que aproximadamente o 90% das infeccións por polio non causan síntomas (son asintomáticas), os individuos afectados poden amosar unha variedade de síntomas se o virus acada a corrente sanguínea.[3] En preto do 1% dos casos, o virus alcanza o sistema nervioso central, preferentemente infectando e destruíndo os nervios motores, producindo debilidade muscular e parálise flácida aguda. Distintos tipos de parálise poden ocorrer en función dos nervios implicados. A polio espiñal é a forma máis común, caracterizada por parálise asimétrica que, con frecuencia, afecta as pernas. A polio bulboespiñal é unha combinación das parálise bulbar e espiñal.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Unha estela exipcia da 18ª dinastía (1403-1365 aC) representando unha vítima da polio.

Os efectos da polio son coñecidos desde a prehistoria; pinturas e esculturas do Antigo Exipto representan persoas sas con membros atrofiados e nenos camiñando con bastóns.[5] A primeira descrición clínica da enfermidade foi proporcionada polo médico inglés Michael Underwood (1736–1820) en 1789, na que se refería á polio como "unha debilidade das extremidades inferiores".[6] O traballo dos médicos Jakob Heine en 1840 e Karl Oskar Medin en 1890 levárona a ser coñecida como enfermidade de Heine-Medin .[7] A enfermidade máis tarde foi chamada parálise infantil, baseado na súa propensión a afectar aos nenos.[7]

Antes do século XX, as infeccións da polio raramente eran vistas en nenos menores de seis meses de idade. A maioría dos casos ocorría en nenos entre os seis meses e os catro anos de idade.[8] As malas condicións sanitarias derón como resultado unha constante exposición ao virus, o que acentuou a inmunidade natural dentro da poboación. En países desenvolvidos durante o fin do século XIX eo comezo do século XX, foron realizadas melloras no saneamento básico, incluíndo a eliminación máis adecuada dos sumidoiros e a subministración de auga potable. Isto cambiou dramaticamente a proporción de adultos e nenos en risco de contraer a infección, pola redución da exposición na infancia e pola inmunidade á enfermidade.[8]

Pequenas epidemias localizadas de polio comezaron a xurdir en Europa e nos Estados Unidos na década de 1900.[9] Os brotes evolucionaron a proporcións de pandemia en Europa, América, Australia e Nova Zelandia durante a primeira metade do século XX. Ao redor de 1950, á idade de maior incidencia da poliomielite paralítica cambiou nos Estados Unidos dos bebes os nenos entre cinco e os nove anos, durante os cales o risco de parálise é maior; cerca dun terzo dos casos forón rexistrados en persoas por riba de 15 anos de idade.[10] Polo tanto, os tipos de parálise e morte no transcurso da pandemia tamén creceron durante ese período.[9] Nos Estados Unidos, a epidemia de polio de 1952 transformouse no peor brote da historia do país. Dos aproximadamente 58 000 casos reportados aquel ano, 3 145 morrerón e 21 269 quedarón con leve ou incapacitante parálise.[11] A medicina intensiva tivo a súa orixe na loita contra a polio.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cohen JI (2004). "Chapter 175: Enteroviruses and Reoviruses". En Kasper DL, Braunwald E, Fauci AS, et al. (eds.). Harrison's Principles of Internal Medicine (16 ed.). McGraw-Hill Professional. p. 1144. ISBN 0-07-140235-7. 
  2. Chamberlin SL, Narins B (eds.) (2005). Thomson Gale, ed. The Gale Encyclopedia of Neurological Disorders. Detroit. pp. 1859–70. ISBN 0-7876-9150-X. 
  3. Ryan KJ, Ray CG (eds.) (2004). "Enteroviruses". En McGraw Hill. Sherris Medical Microbiology (4 ed.). pp. 535–7. ISBN 0-8385-8529-9. 
  4. Atkinson W, Hamborsky J, McIntyre L, Wolfe S (eds.) (2009). "Poliomyelitis". En Public Health Foundation. Epidemiology and Prevention of Vaccine-Preventable Diseases (The Pink Book) (PDF) (11 ed.). Washington DC. pp. 231–44. 
  5. Paul JR (1971). Yale University Press, ed. A History of Poliomyelitis. Yale studies in the history of science and medicine. New Haven, Conn. pp. 16–18. ISBN 0-300-01324-8. 
  6. Underwood, Michael (1793). Philadelphia: Impresso por T. Dobson, no. 41, South Second-Street, ed. Debility of the lower extremities. In: A treatise on the diseases of children, with general directions for the management of infants from the birth (1789). Early American Imprints, 1st series, no. 26291 (filmed); Copyright 2002 by the American Antiquarian Society 2. pp. 254–6. 
  7. 7,0 7,1 Pearce J (2005). "Poliomyelitis (Heine-Medin disease)" (PDF). J Neurol Neurosurg Psychiatry (en inglés) 76 (1): 128. doi:10.1136/jnnp.2003.028548. PMC 1739337. PMID 15608013. Consultado o 21 de decembro do 2015. 
  8. 8,0 8,1 Robertson S (1993). World Health Organization, ed. "Module 6: Poliomyelitis" (PDF). The Immunological Basis for Immunization Series (en inglés). Xenebra, Suíza. Consultado o 21 de decembro do 2015. 
  9. 9,0 9,1 Trevelyan B, Smallman-Raynor M, Cliff A (2005). "The Spatial Dynamics of Poliomyelitis in the United States: From Epidemic Emergence to Vaccine-Induced Retreat, 1910–1971". Ann Assoc Am Geogr (en inglés) 95 (2): 269–93. doi:10.1111/j.1467-8306.2005.00460.x. PMC 1473032. PMID 16741562. Consultado o 21 de decembro do 2015. 
  10. Melnick JL (1990). McGraw-Hill, ed. Poliomyelitis. In: Tropical and Geographical Medicine (2nd ed.). pp. 558–76. ISBN 0-07-068328-X. 
  11. Zamula E (1991). "A New Challenge for Former Polio Patients". FDA Consumer (en inglés) 25 (5): 21–5. Consultado o 21 de decembro do 2015. 
  12. "Louise Reisner-Sénélar (2009) The Danish anaesthesiologist Björn Ibsen a pioneer of long-term ventilation on the upper airways". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Poliomielite

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]