Consello Lexislativo Palestino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palestinian National Authority COA.svg

O Consello Lexislativo Palestino (ás veces referido ao Parlamento Palestino), o poder lexislativo da Autoridade Nacional Palestina, é unha unicamera con 132 membros, elixidos nos 16 distritos electorais en Cisxordania e Gaza. A sede do Consello Lexislativo Palestino está Rimal, Gaza.[1]

As primeiras eleccións ao Consello tiveron lugar en 1996 e Fatah ocupou 49 dos 88 asentos. O Consello Lexislativo Palestino aprobou unha nova lei en xuño de 2005, incrementando o número de membros de 88 a 132, dos cales a metade son elixidos mediante un sistema de Representación proporcional e a outra metade por escrutinio maioritario plurinomial. Tiveron lugar unhas novas eleccións o 25 de xaneiro de 2006.

O Consello Lexislativo Palestino non puido gobernar debido a que algúns dos seus membros están presos por Israel, o Conflito entre Hamás e Fatah e o aplazamento indefinido das eleccións por parte dos dirixentes de Fatah.[2][3]

O emblema utilizado polo Consello Lexislativo Palestino coñécese como "Aguia de Saladino."

A sede do Consello bombardeouna o exercito israelí o 20 de novembro de 2012.

Composición[editar | editar a fonte]

O Consello Lexislativo Palestino está formado principalmente por membros de Hamás (74) e de Fatah (45), aínda que tamén doutros partidos máis pequenos, FPLP (3), Partido do Pobo Palestino (1), FDLP (2), Iniciativa Nacional Palestina (2), Terceira Vía e 4 membros independentes.

Composición do Consello palestino:

     Hamás      Fatah      FPLP

Notas[editar | editar a fonte]

  1. DFLP
  2. The American Chronicle, The largest and most influential Palestinian political party, Fatah, electing new leadership http://www.carnegieendowment.org/publications/index.cfm?fa=view&id=41111
  3. http://archive.is/20120718124004/www.americanchronicle.com/articles/view/113703

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]