Torre Eiffel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Torre Eiffel
La Tour Eiffel
Eiffel Tower from northwest, August 2010.jpg

A Torre Eiffel desde o Campo de Marte
Edificio
Nome inicial Torre de 300 metros
Sistema estrutural Ferro
Localización París Flag of France.svg Francia
Propietario Cidade de París
Uso(s) Torre de observación e radiodifusión
Coordenadas 48°51′29.95″N 2°17′40.18″E / 48.8583194°N 2.2944944°E / 48.8583194; 2.2944944Coordenadas: 48°51′29.95″N 2°17′40.18″E / 48.8583194°N 2.2944944°E / 48.8583194; 2.2944944
Construción
Inicio 28 de xaneiro de 1887
Remate marzo de 1889
Dimensións
Altura 324 metros
Número de plantas 3
Equipo
Arquitecto(s) Stephen Sauvestre
Enxeñeiro estrutural Maurice Koechlin
Émile Nouguier
Contratista Compagnie des Etablissements Eiffel
Promotor Gustave Eiffel & Cie
Torre Eiffel desde Trocadero.

A Torre Eiffel (La Tour Eiffel en francés) é un monumento situado en París, a capital de Francia, que mide hoxe 324 metros, incluída a antena de televisión no seu cumio[1]. Foi deseñada por Gustave Eiffel para a Exposición Universal que se celebrou na cidade no ano 1889, celebrando o centenario da Revolución Francesa. A torre foi inaugurada o 31 de marzo de 1889, e foi aberta ao público o 6 de maio. Situada nun extremo do Campo de Marte, é o monumento cuxa entrada é de pago máis visitado do mundo, con 6.893.000 de visitantes no ano 2007[2]. Cunha altura de 300 metros, prolongada máis tarde cunha antena a 325 metros, a Torre Eiffel foi a estrutura máis elevada do mundo durante 41 anos.

Foi construída en dous anos, dous meses e cinco días, e no seu momento xerou certa controversia entre os artistas da época, que a vían como un monstro de ferro.[3] Inicialmente utilizada para probas do exército con antenas de comunicación,[4] hoxe serve, ademais de atractivo turístico como emisora de programas radiofónicos e televisivos.

Descricións xerais[editar | editar a fonte]

Ubicación da torre na beira sur do río Sena, no extremo do Campo de Marte.

Inicialmente tema de controversia dalgúns, a Torre Eiffel serviu como presentación á Exposición Universal de París de 1889, a cal acolleu a máis de 236 millóns de visitantes desde o seu inauguración[5]. O seu tamaño excepcional e a súa silueta inmediatamente recoñecible fixeron da torre un emblema de París.

Concibida na imaxinación de Maurice Koechlin e Émile Nouguier, xefes da oficina de estudos e xefes da oficina de métodos, respectivamente, da compañía Eiffel & Cie, foi pensada para ser o «cravo (centro de atención) da exposición de 1889 que se celebraría en París», que ademais celebraría o bicentenario da Revolución Francesa. O primeiro plano da torre foi realizado en xuño de 1884 e mellorado por Stephen Sauvestre, o arquitecto principal dos proxectos da empresa, quen lle aportou máis estética.

O 1 de maio de 1886, o Ministro de Comercio e Industria, Édouard Lockroy, entusiasta partidario do proxecto, asinou un decreto que declaraba aberto «un concurso para a Exposición Universal de 1889». Gustave Eiffel gañou este concurso económico e un convenio do 8 de xaneiro de 1887 fixou as modalidades de explotación do edificio.

Construída en dous anos, dous meses e cinco días (de 1887 a 1999) por 250 obreiros, inaugúrase oficialmente o 31 de marzo de 1889 durante unha festa organizada para esta ocasión por Gustave Eiffel. Sufrindo unha corrosión moi frecuente, a Torre Eiffel non coñecerá verdaderamente un éxito masivo e constante ata os anos sesenta, co desenvolvemento do turismo internacional. Agora acolle a máis de seis millóns de visitantes cada ano.

Os seus 300 metros de altura permitíronlle levar o título de «a estrutura máis alta do mundo» ata a construción en 1930 do Chrysler Building, de Nova York. Construída sobre o Campo de Marte cerca do río Sena, no 7º distrito de París, actualmente é administrada pola Sociedade para a administración da torre Eiffel (Société d'exploitation de la Tour Eiffel, SETE). O lugar, que emprega a 500 persoas (250 empregados directos do SETE e 250 dos distintos concesionarios instalados sobre o monumento), está aberto todos os días do ano.[5]

A torre Eiffel está catalogada como monumento histórico de Francia desde o 24 xuño 1964,[6] e foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1991, en compañía doutros monumentos parisinos.

Foto panoramica de 360° de Paris vista desde a torre Eiffel.

Datos técnicos[editar | editar a fonte]

Dimensións da Torre Eiffel.

Dimensións principais da Torre Eiffel:

Cimentos
  • Altura da base (sobre o nivel do mar): 33,50 metros
  • Lonxitude da diverxencia interior entre os 2 piares: 74,24 metros
  • Lonxitude da diverxencia exterior entre os 2 piares: 124,9 metros
1.ª planta
  • Altura da primeira planta sobre a base: 57,63 metros
  • Altura da primeira planta sobre o nivel do mar: 91,13 metros
  • Lado exterior (ao nivel da planta): 70,69 metros
  • Superficie (ao nivel da planta): 4.200 m²
2.ª planta
  • Altura da segunda planta sobre a base: 115,73 m
  • Altura da segunda planta sobre o nivel do mar: 149,23 m
  • Lado exterior (ao nivel da planta): 40,96 m
  • Superficie (ao nivel da planta): 1.650 m²
3.ª planta
  • Altura da terceira planta sobre a base: 276,13 m
  • Altura da terceira planta sobre o nivel do mar: 309,63 m
  • Lado exterior (ao nivel da planta): 18,65 m
  • Superficie (ao nivel da planta): 350 m²
Alturas totais
  • Altura total con antena no ano 2000: 324 m
  • Altura total con antena no ano 1994: 318,7 m
  • Altura total con antena no ano 1991: 317,96 m
  • Altura total con antena no ano 1989: 312,27 m
  • Altura total sen bandeira no ano 1889: 300 m

Descrición da torre por niveis[editar | editar a fonte]

A información seguinte describe os principais gatos técnicos de cada piso.

A base[editar | editar a fonte]

Eiffel 00.png
Posición Dimensións Construcción Diseñadores Materiales
Pes da torre Largo: 25 m
Altura: 4 m
1887 Maurice Koechlin
Émile Nouguier
Stephen Sauvestre
Formigón
Grava
Aceiro

A torre aséntase nun cadrado de 125 metros de lado, segundo os mesmos términos do concurso de 1886. Ten 325 metros de altura coas súas 116 antenas, está situada a 33,5 metros por encima do nivel do mar.

Os cimentos: os dous piares situados ao lado da Escola militar de Francia repousan sobre unha capa de formigón de 2 metros, esta á vez repousa nunha cama de grava, facendo un oco de 7 metros de profundidade. Os dous piares da parte do Sena sitúanse ata por baixo do nivel do río.

Os obreiros traballaron en pozos de cimentación metálicos apertados nos cales inxectábase ar comprimido (mediante o denominado método Triger). 16 bloques de cimentación sosteñen cada un dos bordos dos catro piares e algúns enormes pernos de suxeción de 78 dm de lonxitude fixan o casco en fundición de aceiro no cal repousa cada piar.

Os piares: actualmente, as casetas para a compra de boletos ocupan os piares norte e oeste, os ascensores son accesibles desde os piares leste e oeste. As escaleiras (abertas ao público ata o segundo piso, e que comprenden 1665 chanzos ata o cume) son accesibles desde o piar leste. E finalmente, o piar meridional comprende un ascensor privado, reservado para o persoal e para os clientes do restaurante gastronómico Jules-Verne, situado no segundo piso.

Os arcos: tendidos entre cada un dos catro piares, os arcos elévanse a 39 metros sobre o chan e teñen un diámetro de 74 metros. Aínda que nos bosquexos iniciais de Stephen Sauvestre aparecían moi decorados, o son moito máis hoxe en día, pero teñen sobre todo unha función arquitectónica: endurecer a estrutura da base.

A primeira planta[editar | editar a fonte]

Eiffel 01.png
Posición Dimensións Superficie Construcción Materiales
57,63 m desde o chan Largo:
70,69 m
4.200 m² 1887 ferro pudelado

Situada a 57 metros sobre o chan, cunha superficie de 4.200 metros cadrados, pode soportar a presenza simultánea de aproximadamente 2.500 persoas.

Unha galería circular colocada no primeiro piso permite unha vista de 360° sobre París. Esta galería ten colocados varios mapas de orientación e prismáticos que permiten observar os monumentos parisinos. Apuntando cara ao exterior están inscritos en letras de ouro os nomes de setenta e dúas personalidades do mundo científico dos séculos XVIII e XIX.

Primeiro nivel, vista inferior.

Este primeiro piso alberga o restaurante 58 Tour Eiffel que se estende por máis de dous niveis. Este ofrece dun lado, unha vista panorámica sobre París, e do outro, unha vista cara ao interior da torre.

Tamén pode ver algunhas reliquias relacionadas coa historia da Torre Eiffel, incluíndo unha sección da escaleira de caracol que, a inicios da construción do monumento, subía ata o cume. Esta escaleira foi desmantelada en 1986, durante un importante labor de renovación da torre. Foi entón cortada en 22 seccións das cales 21 foron vendidas en poxa, e adquiridas no seu maior parte por coleccionistas estadounidenses.

Para rematar, un seguimiento dos movementos do cume permite describir as oscilacións da torre baixo o efecto do vento e a dilatación térmica. Gustave Eiffel esixira que puidese soportar un rango de 7 dm de oscilación, que nunca foi o caso, aínda que de feito, durante unha ola de calor en 1976, a amplitude de oscilación foi de 18 cm, ademais de 13 cm durante unha tormenta en decembro de 1999 (cuxos ventos foron de 240 km/h). Pierre Affaticati e Simon Pierrat souberon remediar este problema de amplitude en 1982 incorporando materiais compostos á armazón conexo. Unha das particularidades da torre é que "fuxe do sol". En efecto, a calor (e xa que logo a dilatación do aceiro) ao ser máis importante do lado asollado, o cume tende a moverse lixeiramente na dirección oposta.

Características[editar | editar a fonte]

Etapas construtivas da Torre Eiffel

O material empregado foi ferro forxado erixido con 18.038 pezas entrecruzadas fixadas por 2.500.000 remaches. O peso total no momento da construción rondaba as 7.300 toneladas, pero estímase que tras as reformas posteriores debe de andar próximo ás 10.000 toneladas. Ten unha altura de 324 metros incluidas as antenas, que diferentes canles de televisión francesas instalaron no cumio da torre.

Nela traballaron 50 enxeñeiros e 132 obreiros. Conta con 1.665 escalóns, para os visitantes deportivos, e ascensores transparentes que soben até a segunda planta, onde se atopan gran cantidade de boutiques de lembranzas.

  • 1889: altura coa bandeira, 312,27 m
  • 1991: altura coa antena, 317,96 m
  • 1994: altura coa antena, 318,70 m
  • 2000: altura coa antena, 324 m
Vista dende o primeiro andar da torre.

A torre conta logo con 1665 chanzos até o seu cume (1710 á orixe). A altura da torre dilátase, por tempo quente e retráctase por baixas temperaturas de 6 a 7 cm. A oscilación, no cume, con grandes ventos, non excede nunca os 12 cm. Cando o bo tempo atmosférico o permite, a visibilidade pode alcanzar até os 67 km no cume.

En 1912, o home paxaro coñecido nomado Reichelt, lanzouse desde o terceiro piso equipado de ás artificiais para probar o seu invento voador, un Icaro. O impacto do seu corpo deixaría no chan unha pegada de máis 35 centímetros de profundidade. O monumento conta até hoxe coa o seu pasivo de 370 suicidios.

Vista desde abaixo.

Para manter a estrutura, cada 7 anos é pintada con 50 toneladas de pintura. Ás veces, cámbiase a cor da pintura. Na actualidade ten unha tonalidade bronce. No primeiro piso, hai consolas que permiten votar na elección da futura cor da estrutura.

Dimensións da torre[editar | editar a fonte]

Dimensions-da-torre-Eiffel.JPG

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Torre Eiffel