Monarquía

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A raíña Isabel II do Reino Unido (1952-2022).

Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

  1. por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)
  2. recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.

A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (rei: Carlos III do Reino Unido e primeiro ministro: Rishi Sunak), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, o rei Carlos III do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros do Canadá, Bahamas ou Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Tipos de monarquías[editar | editar a fonte]

Segundo a teoría política pódense considerar varios tipos de réximes monárquicos:

Monarquía absoluta[editar | editar a fonte]

A monarquía absoluta é unha forma de goberno na que é o monarca quen exerce o poder sen restriccións en termos políticos, e na maior parte dos casos tamén nos aspectos relixiosos, ou polo menos cun gran compoñente espiritual.

Monarquía constitucional e monarquía parlamentaria[editar | editar a fonte]

Historicamente, as limitacións ao poder dos monarcas xurdiron en Europa a partir da crise do Antigo Réxime, que nalgúns casos conduciu á supresión da monarquía e á constitución de repúblicas, como en Francia durante a Revolución francesa entre 1791 e 1804 ou en Inglaterra durante a Revolución Inglesa entre 1649 e 1660, mentres que noutros (como na monarquía polaco-lituana entre 1569 e 1795) o rei aceptou ceder parte do seu poder e compartilo con representantes elixidos.[1][2][3]

Na monarquía parlamentaria, o goberno é responsable ante o Parlamento, que é o depositario da soberanía nacional.

Monarquías híbridas[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia existiron sistemas de goberno a medio camiño entre a monarquía absoluta e a constitucional, onde o monarca se ve obrigado a ceder parte do seu poder a un goberno en ocasións democrático, pero continúa a manter unha importante influencia política. A evolución foi moi diferente segundo os países, e depende do dereito comparado.

Monarquía electiva[editar | editar a fonte]

A monarquía electiva é unha forma de goberno na cal o monarca é elixido por votación a través dalgún mecanismo de natureza variábel. A diferenza da democracia, os electores e os candidatos pertencen a algún corpo restrinxido, polo cargo ocupado, a pertenza a un estamento (nacemento), ou algún tipo de condición persoal ou social. Na actualidade fican moi poucos países con esta forma de goberno; un deles é Malaisia.

Monarquías vixentes[editar | editar a fonte]

País Tipo de monarquía Rei ou raíña Herdeiro o herdeira
Andorra Coprincipado parlamentario electivo Non foron designados
Bélxica Monarquía parlamentaria federal hereditaria Filipe Rei dos Belgas Isabel Princesa herdeira de Bélxica e Duquesa de Brabante
Cidade do Vaticano Papado absoluto electivo Francisco Papa da Igrexa Católica Non foi designado
Dinamarca Monarquía constitucional hereditaria Margarida II Raíña de Dinamarca e Condesa consorte de Monpezat Federico Príncipe herdeiro de Dinamarca e Conde de Monpezat
España Monarquía parlamentaria hereditaria Filipe VI Rei de España Leonor Princesa de Asturias, Xirona e Viana
Liechtenstein Principado constitucional hereditario Hans-Adam II Príncipe soberano de Liechtenstein Luís Príncipe herdeiro de Liechtenstein, Conde de Rietberg e Duque consorte en Baviera
Luxemburgo Gran Ducado Parlamentario hereditario Henrique I Gran Duque de Luxemburgo Guillerme Gran Duque herdeiro de Luxemburgo, Príncipe de Nassau
Orde de Malta Principado electivo Frei Mateo Festing Príncipe e Gran Mestre da Orde de Malta Non foi escollido
Mónaco Principado parlamentario hereditario Alberte II Príncipe soberano de Mónaco Xaime Príncipe herdeiro de Mónaco e Marqués de Baux
Noruega Monarquía constitucional hereditaria Harald V de Noruega Haakon Magno Príncipe herdeiro de Noruega
Países Baixos Monarquía parlamentaria hereditaria Guillerme Alexandre I Rei dos Países Baixos Catalina Amalia Princesa de Orange
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Suecia Monarquía parlamentaria hereditaria Carlos XVI Gustavo Rei de Suecia Vitoria Princesa herdeira de Suecia e Duquesa de Västergötland
Australia Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Illas Salomón Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Papúa Nova Guinea Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Nova Zelandia Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Samoa Monarquía democrática parlamentaria unitaria hereditaria electiva alternada entre Tapua e Malietoa Tuitatua Tapua Rei de Samoa Non foi escollido
Tonga Monarquía parlamentaria hereditaria Tupou VI Rei de Tonga Tupoutoʻa ʻUlukalala Príncipe herdeiro de Tonga
Tuvalu Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Antiga e Barbuda Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Bahamas Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Barbados Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Belize Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Canadá Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Granada Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Xamaica Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Saint Kitts e Nevis Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
San Vicente e as Granadinas Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Santa Lucía Monarquía parlamentaria hereditaria Isabel II Raíña do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e I dos demais reinos da Commonwealth Carlos Príncipe de Gales, Duque de Cornualla e Rothesay
Afrobolivia Monarquía constitucional Julio I Rei afroboliviano Rolando Pinedo Príncipe herdeiro afroboliviano
Lesoto Monarquía parlamentaria hereditaria Letsie III Rei de Lesoto Lerotholi David Príncipe herdeiro de Lesoto
Marrocos Monarquía constitucional hereditaria Mohamed VI Rei de Marrocos Moulay Hassan Príncipe herdeiro de Marrocos
Eswatini Monarquía absoluta Mswati III Rei de Eswatini Non foi escollido
Arabia Saudita Sultanato absolutista Salmán Sultán de Arabia Saudita Mohamed Príncipe herdeiro de Arabia Saudita
Bahrain Monarquía constitucional Hamad II Rei de Bahrain Jeque Salmán Príncipe herdeiro de Bahrain
Brunei Sultanato absolutista Hassanal Bolkiah Sultán de Brunei Al-Muthadee Billah Príncipe herdeiro de Brunei
Bután Monarquía constitucional Jygme Khesar Namgyal V Rei Dragón de Bután Jygme Namgyal Príncipe dragón de Bután

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Markoff describes the advent of modern codified national constitutions as one of the milestones of democracy, and states that "The first European country to follow the U.S. example was Poland in 1791." John Markoff, Waves of Democracy, 1996, ISBN 0-8039-9019-7, p.121.
  2. Madison, James (novembro de 1987). The Federalist Papers. Penguin Classics. 
  3. Blaustein, Albert (xaneiro de 1993). Constitutions of the World. Fred B. Rothman & Company. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]