Ángela Ruiz Robles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ángela Ruiz Robles
Ángela Ruiz Robles (MUNCYT, Eulogia Merle).jpg
Nacemento 28 de marzo de 1895
Lugar Villamanín, (León) Castela e León Castela e León
Falecemento 27 de outubro de 1975
Lugar Ferrol, (A Coruña) Galicia Galicia
Nacionalidade España

Ángela Ruiz Robles, nacida en Villamanín, León o 28 de marzo de 1895 e finada en Ferrol o 27 de outubro de 1975, foi unha mestra e inventora, precursora do libro electrónico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola de Maxisterio de León (1915-1916). Foi docente e directora na Escola de Gordón (León) en 1917. Levou a xerencia [1] da Escola Nacional de nenas do Hospicio de Ferrol. Foi profesora tamén na Escola Obreira gratuíta do Instituto Ibáñez Martín (hoxe CEIP Recimil) de Ferrol. Neste último edificio figura actualmente unha placa que lle rende homenaxe, xa que traballou nel ata a súa xubilación. Á marxe da educación formal creou a súa propia academia de pasantías e preparación de oposicións: ELMACA.

Foi nomeada xestora da Agrupación sindical de Inventores Españois (ASIE) en Galicia no ano 1959. Tamén foi xefa provincial da Federación Politécnica Científica da Inventiva Internacional en 1973[2].

A Enciclopledia Mecánica[editar | editar a fonte]

Dirixiu a fabricación da Enciclopedia Mecánica no Parque de Artillería de Ferrol, (Patente ES0190698 A[3], solicitada o 7 de decembro de 1949).

A aparencia externa deste precursor do libro electrónico era a dun estoxo. As novidades tecnolóxicas máis salientables eran o sistema de bobinas automáticas polas que ían pasando os textos e imaxes dos recursos educativos e o sistema de botóns a presión. Previsiblemente nunha versión futura tería tamén luz e son. Unha parte estaba destinada as tarefas de cálculo e escritura. A través dun botón a presión conectado a unha serie de abecedarios podían construírse frases, leccións ou temas. O seu carácter enciclopédico viña da área asignada ás materias, impresas nunha serie de láminas transparentes que permitían a ampliación ou redución de tamaño.[4]

O peso total do aparello era de 50 gramos, cumprindo cun dos obxectivos da inventora, que era a redución do volume nas carteiras dos escolares[5]. Así mesmo Ángela consideraba que a súa era a enciclopedia máis económica das coñecidas daquela.

Foi esta convicción nas posibilidades de revolucionar os procesos educativos o que a levou ata o final dos seus días a loitar pola produción no seu invento en España, chegando a descartar ofertas estranxeiras[6]. Porén nunca chegou a atopar investidores para o seu invento.

Desde 2006, a Enciclopedia forma parte da Exposición do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela.

No ano 2012 formou parte dos fondos da exposición inaugural do Museo Nacional de Ciencias y Tecnologías (Muncyt) na Coruña[7]

A Enciclopedia aparece no Catálogo “200 años de la promulgación de la Ley de patentes en España” editado polo Ministerio de Industria en 2011, e na “Cronología de la edición digital: 100 años de evolución tecnológica” (2012).

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Como inventora recibiu numerosos premios e mencións en certamens de inventiva, feiras e exposicións realizadas en Zaragoza, Xixón, Sevilla, Barcelona, Madrid, Xenebra e Bruxelas.

Conta coa cruz da Orde de Alfonso X en recoñecemento á súa traxectoria profesional[8].

Nos meses de outubro a novembro de 2011 a Biblioteca de la ETSIIT da Universidad de Granada adicoulle unha exposición titulada :Ángela Ruiz Robles; la precursora del e-book.[9]

Dende o ano 2013 un dos premios nacionais de informática concedidos pola Sociedad Científica Informática Española (SCIE) leva o seu nome. Está adicado ás actividades que promoven o emprendemento na área das tecnoloxías da información e comunicación.[10]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Moret, ed. (1941). Breve mecanografía al tacto. A Coruña. 
  • Compendio de Ortografía Castellana. A Coruña. 1938. 
  • Moret, ed. (1940). Compendio de Ortografía Castellana. A Coruña. 
  • Moret, ed. (1941). Extracto Taquigráfico Rápido. A Coruña. 
  • Moret, ed. (1941). Gramática y Narraciones Históricas. A Coruña. 
  • Burotel, ed. (1970). Libros Mecánicos. Madrid. 
  • Castro, ed. (1946). El Mejor Regalo (2ª. ed.). Madrid. 
  • Ortografía. 2ª ed. Madrid: Castro, 1946
  • Ortografía Amena e Instructiva. 2ª ed. Madrid: Castro, 1946
  • Ortografía Castellana. A Coruña: [s.n]., 1938
  • Ortografía Castellana Rápida. 2ª ed. A Coruña: [s.n.], 1940
  • El Primer Atlas Gramatical Del Idioma Español. A Coruña; Ferrol: Elmaca; Covadonga, 1958
  • El Primer Mapa y Atlas Lingüístico Gramatical. Madrid: Burotel,1970
  • Taquigrafia Martiniana Abreviada Moderna. A Coruña: Moret, 1938
  • Taquigrafía Martiniana Abreviada Moderna. 2ª ed. A Coruña: [s.n.], 1941
  • Taquigrafía Aplicada a La Máquina-Máquina Taquimecanográfica. Madrid: Burotel, 1970[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PÉREZ GONZÁLEZ, Carmen (2009). Ferrol: Concellería daMuller, ed. Ferrol en feminino : mulleres na historia da cidade : rutas turísticas. ISBN 978-84-9812-099-8. 
  2. PÉREZ GONZÁLEZ, Carmen (2009). Ferrol: Concellería da Muller, ed. Ferrol en feminino : mulleres na historia da cidade : rutas turísticas. ISBN 978-84-9812-099-8. 
  3. Procedimiento Mecánico Eléctrico y a Presión de aire para la Lectura de Libros. Madrid: Oficina Española de Patentesy Marcas, ES0190698 A1, 16 de xaneiro de 1950. [consultado o 5 de novembro de 2014]
  4. PÉREZ DE LA FUENTE, María Teresa.Inventiva Española:Tecnología Aplicada a La Enseñanza.Ya : diario gráfico de la noche. 7 de outubro de 1970 [consultado o 5 de novembro de 2014]
  5. GONZÁLEZ, Paula. Cando a didáctica se fixo mecánica.Culturagalega.org, 26 de setembro de 2013 [consultado o 8 de novembro de 2014]
  6. RODRÍGUEZ FÓRTIZ, María Jesús e RAYA PRIDA, Rocío.Madri+d: Patrimonio - Personajes: Ángela Ruiz Robles (León, 1895- El Ferrol, 1975).Portal Madrid+d.org. Madrid: Fundación para el Conocimiento Madri+d.
  7. MILLÁN GARCÍA, Rosa. "La “Enciclopedia Mecánica, el libro digital o e-book del 1.949” de Ángela Ruiz Robles (1895-1975), está en el Museo Nacional de Ciencia y Tecnología de Coruña". Consultado o 8 de novembro 2014. 
  8. España. Ministerio de Educación Nacional. Orden de 22 de Septiembre de 1947 por la que se concede el ingreso en la Orden Civil De Alfonso X El Sabio a Doña Angela Ruiz Robles, Boletín Oficial del Estado. 13 de agosto de 1948, p. 3911 [consultado o 5 de novembro de 2014]
  9. Ángela Ruiz Robles:La Precursora del e-Book: Catálogo de la Exposición Celebrada en la Biblioteca de La ETSIIT, Universidad de Granada, Octubre-Noviembre, 2011.Granada:Universidade de Granada
  10. Sociedad Científica Informática de España. "Premios Nacionales de Informática". Consultado o 8 de novembro de 2014. 
  11. Biblioteca Nacional (España). Catálogo Automatizado da Biblioteca Nacional [en liña]. Madrid: BNE. [Consultado o 4 de novembro de 2014]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]