Sistema Solar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Planetas do sistema solar

O Sistema Solar[1] é o conxunto de corpos celestes na galaxia chamada Vía Láctea, que desenvolven os seus movementos en torno ao Sol. Inclúe os planetas como corpos principais, o Sol e outros corpos celestes como asteroides, cometas e satélites. Outro xeito de consideralo é como a zona na que o Sol é a estrela de influencia predominante, se ben este segundo concepto abrangue unha zona de extensión moito maior, na que se supón que existen moitos corpos descoñecidos ata o momento, incluíndo a Nube de Oort, considerada como o berce dos cometas.

O Sistema Solar formouse hai uns 4 600 millóns de anos[2]. a partir do colapso dunha nube molecular. O material residual orixinou un disco circunestelar protoplanetario no que tiveron lugar os procesos físicos que levaron á formación dos planetas. O Sistema Solar está situado no Brazo de Orión, a uns 28 000 anos luz do centro da galaxia.

Dos moitos obxectos que orbitan o Sol, a meirande parte da masa está contida dentro dos oito planetas. Os catro planetas interiores, Mercurio, Venus, Terra e Marte, están principalmente compostos de rochas e metal. Os catro exteriores son bastante máis grandes que os anteriores. Os maiores, Xúpiter e Saturno, están compostos principalmente de hidróxeno e helio; os dous restantes Urano e Neptuno, están formados en gran parte por xeo de auga, amoniaco e metano, e adoitan a ser chamados "xigantes de xeo".

O Sistema Solar tamén ten outras rexións habitadas por obxectos máis pequenos. O cinto de asteroides, que se atopa entre Marte e Xúpiter, é semellante aos planetas interiores, xa que está composta principalmente por rochas e metal. Máis aló da órbita de Neptuno atópanse o cinto de Kuiper e o disco disperso; onde habitan obxectos transneptunianos compostos principalmente por xeos de auga, metano e amoniaco. Entre eles, cinco obxectos individuais, Ceres, Plutón, Haumea, Makemake e Eris, recoñécese que son os suficientemente grandes como para ter sido redondeados pola súa propia gravidade, e polo tanto son chamados planetas ananos. Ademais dos milleiros de pequenos corpos, nesas dúas zonas existen cometas, centauros e po cósmico, que viaxan libremente entre as rexións.

Descubrimento e exploración[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Historia da astronomía.

Durante milleiros de anos, a humanidade, cunha poucas excepcións notables, non recoñeceu a existencia do Sistema Solar. A xente cría que a Terra estaba inmóbil no centro do universo e era categoricamente diferente aos obxectos divinos ou etéreos que se movían a través do ceo. Aínda que o filósofo grego Aristarco de Samos especulou cunha reordenación heliocéntrica do cosmos, Nicolás Copérnico foi o primeiro en desenvolver un sistema heliocéntrico matematicamente predictivo. Os seus sucesores do século XVII, Galileo Galilei, Johannes Kepler e Isaac Newton, desenvolveron un entendimento da física que levou á aceptación gradual da idea de que a Terra movíase ao redor do Sol e que os planetas estaban gobernados polas mesmas leis físicas que gobernaban a Terra. Ademais, a invención do telescopio levou ao descubrimento de novos planetas e satélites. En tempos recentes, melloras no telescopio e o uso de naves non tripuladas permitiron a investigación de fenómenos xeolóxicos, como montañas e cráteres, e fenómenos meteorolóxicos estacionais, como nubes, tormentas de pó e casquetes de xeo noutros planetas.

Planetas do Sistema Solar[editar | editar a fonte]

Outros corpos[editar | editar a fonte]

Segundo as súas características, podemos observar:

Outras zonas e artigos relacionados[editar | editar a fonte]

Estudos sobre a existencia de vida no Sistema Solar[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A Unión Astronómica Internacional recomenda o uso das maiúsculas para os obxectos astronómicos, pola contra tamén se pode falar de forma xenérica dun sistema solar para denominar calquera sistema plantetario que orbita arredor de unha oo varias estrelas]
  2. "La Luna es 100 millones de años más joven de lo que se estimaba", artigo en BBC Mundo, 1 de agosto de 2014 (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sistema Solar

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]