Policía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un coche da policía australiana

A policía é unha forza de seguridade encargada de velar polo mantemento da orde pública e a seguridade dos cidadáns e sometida ás ordes das autoridades políticas. Chámase tamén policía a cada axente pertencente a dita organización.

A verba "policía" provén da lingua francesa e o seu usu data do século XVIII. Esta palabra provén indirectamente do latín politīa, e esta do grego πολιτεία, de πολις, "cidade", que se refire ao goberno ou á administración do Estado.

En España coexisten como forzas policiais de carácter estatal:

Vehículo do Corpo Nacional de Policía.

Ademais destes dúas forzas estatais, existen policías autonómicas, como

así como policías locais ou municipais. O mapa policial do Estado complétase coas "Unidades Adscritas do Corpo Nacional de Policía" aos gobernos autonómicos de Galiza (Policía Autonómica Galega), Valencia, Andalucía e Asturias, estando prevista a súa implantación noutras comunidades como Aragón e Canarias.