Jules Verne

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jules Verne
Félix Nadar 1820-1910 portraits Jules Verne.jpg
Jules Verne fotografado por Félix Nadar
Nome completoJules Gabriel Verne
Nacemento8 de febreiro de 1828
 Nantes
Falecemento24 de marzo de 1905
 Amiens
CausaDiabetes mellitus
SoterradoCimetière de La Madeleine d'Amiens
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Alma máterlycée Georges-Clemenceau
Ocupaciónnovelista, dramaturgo, poeta, libretista, escritor de literatura infantil, xeógrafo, escritor, escritor de ciencia ficción e esperantista
PaiPierre Gabriel Verne
NaiSophie Allotte de La Fuye
CónxuxeHonorine du Fraysne de Viane
FillosMichel Verne
IrmánsPaul Verne
Xénerosnovela de ciencia ficción
Coñecido/a porVinte mil leguas baixo dos mares, Viaxe ao centro da Terra, Da terra á lúa, A Volta ao Mundo em Oitenta Dias, L'Île mystérieuse, Cinq semaines en ballon e Miguel Strogoff
Premiosoficial da Lexión de Honor, Montyon Prizes, Cabaleiro da Lexión de Honra e Science Fiction and Fantasy Hall of Fame
Na rede
IMDB: nm0894523 Allocine: 36921 Rottentomatoes: celebrity/jules_verne Allmovie: p311510 TCM: 349950 Metacritic: person/jules-verne TV.com: people/jules-verne IBDB: 11208
Youtube: UCf-SAMXUtfIQOA3QFpgUrJA Bitraga: 252 Musicbrainz: c547fc86-22c6-4056-ae83-ba976f510ec5 Songkick: 78940 Discogs: 615181 IMSLP: Category:Verne,_Jules WikiTree: Verne-6 Find a Grave: 2165 Editar o valor em Wikidata
Firma de Julio Verne.svg
editar datos en Wikidata ]

Jules Gabriel Verne, tamén coñecido en galego como Xulio Verne,[1] nado en Nantes o 8 de febreiro de 1828 e finado en Amiens o 24 de marzo de 1905, foi un escritor francés, pioneiro da literatura de ciencia ficción.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Verne naceu en Nantes no seo dunha familia burguesa, era o máis vello dos cinco fillos do matrimonio formado por Pierre Verne, avogado, e Sophie. Viviu os seus primeiros anos nunha illa no río Loira. Vivir nun sitio illado axudouno a desenvolver a súa imaxinación e manter unha forte relación co seu irmán máis novo, Paul. Aos nove anos, foi co seu irmán ao liceo de Nantes. Logo de rematar os seus estudos no liceo, Verne marchou a París para estudar dereito. Arredor de 1848 en colaboración con Michel Carre, comeza a escribir libretos para operetas. Durante algúns anos dedicouse a escribir obras para o teatro, sen moito éxito e só consegue estrear sete das vinte e catro que escribiu, e tamén escribiu historias de viaxes para a revista Musée des Familles, nos que narra extravagantes viaxes e aventuras nos que achega detalles científicos e xeográficos para darlle verosimilitude.

Cando o pai de Verne descubriu que o seu fillo dedicábase a escribir e non a estudar, deixou de enviarlle cartos, polo que se viu obrigado a vivir como corretor de bolsa, que odiaba, aínda que tivo un certo éxito na súa actividade. Nestes anos coñeceu a Alexandre Dumas e Victor Hugo, que lle deron algúns consellos de como escribir.

En 1857 casou con Honorine de Viane Morel, unha viúva con dúas fillas, e co seu apoio continuou a escribir, aínda que editores rexeitaron escrito tras escrito. En 1861 naceu o seu fillo Michel Jean Pierre Verne.

En 1863 a súa situación mellorou cando coñeceu a Pierre-Jules Hetzel, un dos máis importantes editores franceses do século XIX, coa axuda de Hetzel, Verne reescribiu a historia sobre unha exploración en globo en África e publicouno como Cinco semanas en globo, modificando o ton pesimista cara outro caracterizado polo optimismo.

Verne converteuse en millonario e famoso. Antes de aparecer como libro as súas novelas aparecían por entregas na revista de Hetzel, Magazine d'Éducation et de Récréation. Entre as súas novelas máis coñecidas están Viaxe ao centro da Terra (Voyage au centre de la Terre) (1864), Da terra á lúa (De la Terre à la Lune) (1865) ou Vinte mil leguas baixo dos mares (Vingt mille lieues sous les mers) (1969).

En 1886 recibe un disparo nunha perna do seu sobriño Gaston, o que o deixa semiinválido. En 1887 tras a morte de Hetzel, Verne comezou a escribir obras máis escuras. En 1888 saíu elixido concelleiro de Amiens por unha lista radical, permanecendo durante 15 anos no posto. Entusiasta do esperanto, en 1903 presidiu o grupo esperantista da súa cidade.

Galiza na obra de Jules Verne / Jules Verne en Galiza[editar | editar a fonte]

Vigo é un dos escenarios de Vinte mil leguas baixo dos mares. O capitán Nemo aprovisiónase co ouro do tesouro dos galeóns afundidos no estreito de Rande, na ría de Vigo. Ernest Bazin, un destacado inventor e aventureiro estivo durante dous anos en Galiza na procura do ouro dos galeóns de Rande, onde desenvolveu a maior operación de rescate de tesouros submarinos até esa data, estreando algúns adiantos a lámpada eléctrica para iluminar baixo o mar ou unha campá somerxible. A combinación de ambos permitiu realizar na Ría de Vigo as primeiras fotografías de arqueoloxía submarina da historia.[2][3] A súa carreira científica provocaba daquela admiración en todo o mundo;[4] na prensa francesa dábase conta dos seus avances, o que inspirou parte da novela de 20.000 leguas... de Verne[5][6].

Anos despois, o 21 de maio de 1884, Jules Verne recalou en Vigo por unha tormenta e quedou na cidade durante un tempo.[7] Ledicia Costas escribiu Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta recreando esta visita.[8]

Unha sala do Aquarium Finisterrae da Coruña está adicada ao Nautilus e á obra de Verne. En 2002 o Aquarium inaugurou unha exposición na que se vinculaba ao capitán Nemo cun coruñés do século XIX.[9]

En Vigo inaugurouse unha estatua na honra de Verne, doada en 2005 pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra e outra en Redondela, na praia de Cesantes.

En 2018 o Museo de Arte Contemporánea de Vigo expón a mostra Xulio Verne. Os límites da imaxinación.[10]

Obras[editar | editar a fonte]

Vinte mil leguas baixo dos mares.
Monumento a Verne de José Molares en Vigo, doado en 2005 pola Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Por exemplo, nos libros publicados por Baía Edicións Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  2. Roll, Eduardo (2022-05-28). "Ernest Bazin, un colosal inventor na ría de Vigo". GCiencia. Consultado o 2022-05-30. 
  3. "Magen y los galeones de Rande: las primeras imágenes submarinas de la historia se hicieron en Vigo". El Independiente (en castelán). 2021-11-09. Consultado o 2022-05-31. 
  4. Michel Vaissier ; (en francés) 2019, p. 8.
  5. "Visita del benefactor". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-06-05. Consultado o 2022-05-31. 
  6. RODRÍGUEZ, Salvador (2018-02-18). "Y en esto llegó el Nautilus". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-05-31. 
  7. Murado, Miguel-Anxo. La Voz de Galicia, ed. "El capitán Nemo visita Vigo" (en Castelán). Consultado o 13 de abril de 2018. 
  8. La casa del libro (ed.). "JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA (". Consultado o 13 de abril de 2018. 
  9. "El Aquarium Finisterrae mostrará la relación entre el Capitán Nemo y Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-06-25. Consultado o 2022-06-06. 
  10. Marco (ed.). "Xulio Verne. Os límites da imaxinación". Consultado o 23 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]