D. H. Lawrence
D. H. Lawrence | |
---|---|
![]() |
|
Nome completo | David Herbert Richards Lawrence |
Alcume | Lawrence H. Davison |
Nacemento | 11 de setembro de 1885 |
Nottingham | |
Falecemento | 2 de marzo de 1930 |
Vence | |
Causa | tuberculose |
Nacionalidade | Reino Unido |
Etnia | Pobo inglés |
Alma máter | Universidade de Nottingham e Nottingham High School |
Ocupación | dramaturgo, tradutor, escritor, poeta, novelista, pintor, guionista e crítico literario |
Cónxuxe | Frieda von Richthofen |
Coñecido/a por | Filhos e Amantes (livro), The Rainbow, Women in Love e Lady Chatterley's Lover |
Premios | James Tait Black Memorial Prize |
[ editar datos en Wikidata ] | |
David Herbert Lawrence , nado en Eastwood (Nottinghamshire) o 11 de setembro de 1885 e finado en Vence (Provenza) o 2 de marzo de 1930, foi un novelista e poeta inglés, unha das figuras literarias máis influentes e polémicas do século XX.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo dun mineiro de carbón e unha mestra de escola, a disparidade no rango social dos seus pais foi un motivo recorrente nas súas obras. Graduouse na Universidade de Nottingham en 1908 e publicou os seus primeiros poemas na revista English Review en 1909. A súa primeira novela, The white peacock (O pavo real branco) publicouse en 1911 grazas á axuda do seu amigo Ford Madox Ford. Sons and lovers (1913), en gran parte autobiográfica, é a máis significativa das súas primeiras novelas e aborda a vida nun pobo mineiro. En 1912 liscou a Europa con Frieda Weekley, unha aristócrata alemá (irmá do aviador alemán Freiherr Manfred von Richthofen) que estaba casada co seu profesor e coa que casou dous anos despois, cando ela conseguiu o divorcio. A súa intensa, tormentosa e nómade vida en común proporcionoulle material para moitas das súas novelas. The rainbow (O arco da vella, 1915) e Women in love (Mulleres namoradas, 1921) -dúas das súas obras máis polémicas- exploran con franqueza as relacións sexuais e psicolóxicas entre homes e mulleres. The rainbow foi prohibida oficialmente por obscenidade. Neste período tamén escribiu dous libros de poesía, Love Poems and Others (Poemas de amor e outros poemas, 1913) e Look! We have come through! (1917). Durante a I Guerra Mundial Lawrence viviu angustiado en Inglaterra a causa da orixe alemá da súa muller e a súa propia oposición á guerra.
Viaxes e doenzas[editar | editar a fonte]
A tuberculose engadiuse aos seus problemas, e en 1919 empezou unha vida vagabunda sen descanso na busca dun clima máis benigno. As súas viaxes proporcionáronlle os ambientes de varios libros: a rexión italiana de Abruzzi na obra The Lost Girl (A rapaza perdida, 1920), Sea and Sardinia (Sardeña no mar e Sardeña, 1921) e Kangaroo (1923).
Durante as súas estancias en México e Taos, Novo México (1923-1925), The Plumed serpent, (A serpe emplumada 1926), novela que reflicte a súa fascinación pola civilización azteca. A súa poesía máis orixinal, publicada en Birds, Beasts and Flowers (Paxaros, bestas e flores, 1923), emana das súas experiencias coa natureza no suroeste dos Estados Unidos e a rexión mediterránea. A partir de 1926 viviu principalmente en Italia, onde escribiu e reescribiu a súa novela máis famosa, Lady Chatterley's lover (O amante de lady Chatterley, 1928), que trata das relacións sexuais entre unha muller e o criado de seu home, membro da nobreza. En 1932 publicouse unha versión expurgada.
Nos seus máis de corenta libros enxalzou a súa visión dun ser humano completo e natural, oposto á artificialidade da moderna sociedade industrial pola súa deshumanización da vida e do amor. Así a todo, as súas novelas foron malentendidas, atacadas e ata censuradas polo seu aberto tratamento dos temas sexuais.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
|