Saltar ao contido

Xubileu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O xubileu[1] ou ano santo é na Igrexa católica unha celebración ordinaria que se celebra cada 25 anos e que ten por obxecto obter a indulxencia plenaria. O xubileu católico ten a súa orixe no xubileu hebreo o cal atopa as súas raíces no Antigo Testamento, especialmente no Levítico (25:10):

"Declararedes santo o ano cincuenta, e proclamaredes na terra liberación para todos os seus habitantes. Será para vós un xubileu; cada un recobrará a súa propiedade regresará á súa familia".

O xubileu católico pode ser ordinario ou extraordinario. O ano santo ordinario, ou ano xubilar, é o celebrado nos intervalos preestabelecidos mentres que o extraordinario, ou xubileu, é o proclamado como celebración dun feito destacado.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xubileu.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]